Hermes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hermes/Mercurio
É o deus mensaxeiro, o que anuncia as noticias, o protector dos camiños e guía do viaxeiro. Fillo de Zeus e de Maya, sendo aínda moi neno xa deixou sentir o espírito inquedo e aventureiro: co caparazón dunha tartaruga inventou a lira e cambioulla ao seu irmán Apolo (a quen astutamente lle roubara o seu gando) polo caduceo ou bastón da concordia. Protector do comercio e do que pacta en tratos, pasa por ser o inventor das pesas e medidas nas transaccións comerciais.