Mitoloxía grega
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A mitoloxía grega comprende a colección de lendas sobre deuses gregos e heroes antigos, orixinariamente creada e difundida dentro da tradición oral e poética desta antiga civilización do Mediterráneo oriental. As fontes supervivintes da mitoloxía grega son transcricións destas narracións faladas, ou ben revisións literarias posteriores. Aínda que os gregos non practicaban a relixión, coñecían estas historias que formaban parte do seu acervo cultural.
Nas súas diversas lendas, historias e himnos, os deuses da Grecia Antiga son case todos descritos como humanos en apariencia, aínda que non envellecen, son case inmunes a todas as feridas e enfermidades e capaces de tornarse invisibles, viaxar grandes distancias case instantaneamente e falar a través dos seres humanos con ou sen o seu coñecemento. Cada deidade tiña a súa apariencia específica, xenealoxía, intereses, personalidade e área de especialidade. Porén, estas descricións sufrían variacións locais que non sempre concordaban coas empregadas noutras partes do mundo helénico da época. Cando se aludía a eles na poesía ou na oración, facíase mediante unha combinación do seu nome e epítetos, servindo estes para identificalos polas devanditas distincións do resto dos deuses.
Nas lendas, estes seres son descritos coma unha longa familia multixeracional. Os seus membros máis vellos crearon o mundo tal e como o coñecemos. Os deuses da xeración máis recente (e relevante) para a antiga relixión grega aparecéranse en persoa aos gregos, segundo se describe nos poemas épicos durante a "idade dos heroes", o que se entende como unha referencia á arcaica idade oscura (sobre 1200 a 800 a.C.) que precedeu á civilización clásica grega. Proporcionaron aos belicosos antepasados un número limitado de milagres, ensinándolles unha selección de habilidades útiles ademais dos métodos de adoración aos deuses, premiaron a virtude e castigaron o vicio, e enxendraron fillos con humanos. Estes nenos metade humanos metade deuses son coñecidos como "os heroes", e ata o establecemento da democracia os seus descendentes reclamaban o dereito a gobernar sobre a base da súa divina ascendencia e presunta habilidade divinamente herdada de gobernar ben.
Os deuses do panteón grego adoptaban figuras humanas e personificaban as forzas do Universo. Igual que os homes, os deuses helenos eran impredecibles e por iso unhas veces tiñan un sentido estrito da xustiza e outras eran crueis e vingativos. O seu favor alcanzábase por medio dos sacrificios e da piedade, pero estes procedementos non eran sempre efectivos posto que os deuses eran moi volubles.
A mitoloxía grega comparte unha estreita similitude coa romana, canto ao nome de varios deuses e personaxes de importancia. Tamén se relacionan no aspecto mitolóxico da relixión: crenzas, tradicións e todo o ligado ou referente a mitoloxía.
Índice |
[editar] A natureza da mitoloxía grega
Aínda que todas as culturas teñen as súas propias mitoloxías, o devandito termo é de cuñación grega e tiña un significado especializado dentro da súa cultura.
O termo grego mythologia compúñase de dúas palabras mythos, un discurso ritualizado e logos, un argumento ou historia convincente e ordenada.
Orixinalmente, entón, a mitoloxía é unha tentativa de traer sentido ás narrativas estilizadas que os gregos recitaban en festivais, susurraban en locais sagrados e espallaban en banquetes de aristócratas.
[editar] Visión xeral
O espectro da mitoloxia grega é enorme. Abranxe desde os crimes mais crueis dos primeiros deuses e as sanguentas guerras de Troia e Tebas, á infancia de Hermes e o sofrimento de Demetrio por Perséfone.
Do mesmo xeito que os seus viciños, os gregos acreditaban un panteón de deuses e deusas que se asociaban a aspectos específicos da vida. Afrodita, por exemplo, era a deusa do amor, mentras que Ares era o deus da guerra e Hades o dos mortos.
Algunhas deidades como Apolo e Dionisio revelaban personalidades complexas e unha variedade de funcións, en canto outros como Hestia (literalmente "lar") e Helios ("sol") eran pouco mais que personificacións. Existían tamén deidades de lugares específicos, como deuses de ríos e ninfas de nacentes e cavernas. Tumbas de herois e heroínas locais eran igualmente veneradas.
A pesar de que centenas de seres puideran ser considerados deuses ou herois, algúns non representaban mais que folclore ou eran honrados soamente en lugares (Trophonius) e/ou festivais específicos (Adonís).
Rituais de maior abranxencia e os grandes templos eran dedicados, na sua maioria, a un selecto círculo de deuses, notadamente os doce do Olimpo, Heracles e Asclepio. Estas deidades eran o foco central dos cultos pan-Helenicos.
Moitas rexións e vilas tiñan os seus propios cultos ás ninfas, deuses menores ou aínda a herois e heroínas descoñecidos noutros lugares. A maioria das cidades adoraban os deuses maiores con rituais peculiares e tiñan para estes lendas igualmente propias.
[editar] A mitoloxía na literatura clásica grega
A mitoloxía foi unha fonte básica de inspiración para os autores gregos, desde Homero na épica coa Odisea e a Ilíada ata as grandes Traxedias gregas, con Sófocles e Eurípides. Dentro desta influencia da mitoloxía na literatura destacan a saga troiana (Aquiles, Ulises, Héitor, Paris, Helena, Agamenón, Menelao, Ifixenia...) e a saga tebana (Edipo, Iocasta, Antígona...)
[editar] Ver tamén
[editar] Ligazóns externas
- Greek Mythology Link de Carlos Parada (inglés)
- Theoi Project, unha guía do antigo panteón grego (inglés)
- Encyclopedia Mythica (inglés)
- Rea - Mitoloxía grega
- Perseus Digital Library, colección de textos completos de fontes clásicas e comentarios sobre literatura, filosofía e historia gregas, romanas e modernas (inglés)
Mitoloxía grega |
---|
Afrodita | Anfitrita | Apolo | Ares | Artemis | Asclepio | Atena | Circe | Cronos | Deméter | Dionisio | Eros | Gaia |