Vesta (deusa)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre a deusa romana. Para outros usos vexa Vesta
Deusa do panteón romano, era a protectora do fogar, a familia, e as colonias e cidades. É a versión latina da deusa grega Hestia.
Índice |
[editar] Historia.
Vesta era a filla primoxénita de Saturno e Cibeles. Cóntase que foi pedida en matrimonio por Apolo e por Neptuno, pero rechazounos a ambos, preferindo manterse virxe para sempre. Esta foi tamén a condición que lle impuxo ás sacerdotisas do seu templo, as Vestales.
[editar] Símbolos.
O símbolo asociado a Vesta é o asno.
[editar] Xenealoxía.
Filla maior de Cibeles e Saturno, é irmá de Ceres, Xuno, Neptuno, Plutón e Xúpiter.
[editar] Culto.
O culto a Vesta foi probablemente introducido en Roma polo rei Numa Pompilio. Esta deusa foi unha das primeiras en contar cun sacerdocio de carácter fixo, as Vestais, encargadas de manter sempre vivo no templo o lume sagrado que simbolizaba a virxinidade da deusa. Dito lume non podía apagarse baixo ningún concepto. As Vestales facían ademáis, en honor á súa deusa, voto de castidade e gardaban a súa virxinidade durante 30 anos. Se algunha das sacerdotisas rompía os seus votos, era condenada a ser enterrada viva no Campus Sceleris, ou campo dos condenados.
En honor a Vesta celebrábanse en Roma as Vestalias, festas que tiñan lugar entre cada 7 e 15 de xuño e nas que no primeiro día se abrían as portas do templo ás mulleres que quixeran facer sacrificios á deusa.
[editar] Curiosidades.
O nacemento da cidade de Roma está directamente ligado a Vesta e ó seu culto, xa que Rea Silvia, unha Vestal do seu templo, rompendo o seu voto de castidade co deus Marte, concebiu a Rómulo e Remo, os irmáns xemelos fundadores da cidade.