Baviera
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bandeira Civil | |
---|---|
Bandeira Estatal | |
Brasón | |
Datos | |
Capital: | Munich |
Área: | 70 553 km² |
Poboación: | 11 600 000 (2000) |
Densidade: | 164 hab./km² |
Sitio oficial: | www.bayern.de |
ISO 3166-2: | DE-BY |
Datos políticos | |
Ministro-Presidente: | Edmund Stoiber (CSU) |
Partido no poder: | CSU |
Localización da Baviera | |
A Baviera (en alemán Bayern) ou, na súa designación oficial, Estado Libre da Baviera (Freistaat Bayern), é un dos 16 estados federais (Länder) da Alemaña. Localizado no extremo sueste do país, ten unha área de 70.553 km² e 11,6 millóns de habitantes; a súa capital é Múnic
Índice |
[editar] Xeografía
A Baviera partilla da fronteira alemá coa Austria (Estados da Alta Austria, Salzburgo, Tirol e Vorarlberg) a sueste, coa Chequia a oeste e o Lago de Constanza a sudoeste. No cuadro da Alemaña, rodéanna os estados de Baden-Württemberg (a oeste), Hessen (a noroeste), Turinxia (a norte), e Saxonia (a nordés).
Atravésaa o Danubio (Donau en alemán) e mailo Main.
As maiores cidades bávaras son, alén da capital, Múnic, as de Nuremberg (Nürnberg), Augsburgo (Augsburg), Würzburgo (Würzburg), Ingolstadt, Regensburg, Fürth, Erlangen ou Bayreuth.
[editar] Administración política
A Baviera dispón actualmente dun parlamento unicameral (der Landtag), elixido por sufraxio universal. Ata decembro de 1999, existía tamén un Senado (der Senat), formado por membros escollidos polos grupos socio-económicos da Baviera; non obstante esta institución foi abolida logo dun referendo que se realizou en 1998.
O goberno bávaro, como os dos demais länder da Alemaña, é liderado por un Ministro-Presidente (Ministerpräsident). Actualmente o Ministro-Presidente da Baviera é Edmund Stoiber (elixido polos socialcristiáns da CSU), o cal foi candidato ao cargo de chanceler nas últimas eleicións lexislativas. Desde 1962 que a CSU (o partido-irmán da CDU na Baviera) goberna o estado con sucesivas maiorías absolutas.
[editar] División administrativa
A Baviera está dividida en 71 distritos (Kreis no singular, Kreise no plural) e 25 cidades independentes.
Distritos da Baviera:
|
|
|
Cidades independentes (Stadkreise), que non pertencen a ningún distrito:
|
|
|
Os distritos mencionados arriba agrúpanse en sete gobernos de distrito (Regierungsbecirke):
- Alta Franconia (Oberfranken), capital en Bayreuth;
- Baixa Franconia (Unterfranken), capital en Würzburgo;
- Franconia Central (Mittelfranken), capital en Ansbach;
- Suabia (Schwaben), capital en Augsburgo;
- Alto Palatinado (Oberpfalz), capital en Regensburg;
- Alta Baviera (Oberbayern), capital en Munich;
- Baixa Baviera (Niederbayern), capital en Landshut.
[editar] Historia
Artigo principal: Historia da Baviera
A familia Wittelsbach gobernou a Baviera ininterruptamente, desde 1180 ata 1918. En 1806, o duque da Baviera foi feito rei, e en 1815, despois da desagregación do Imperio Napoleónico, o Palatinado do Rhin tornouse parte do Reino da Baviera. Luís II da Baviera (1845 - 1886), que reinou de 1864 ata ao seu suicidio en 1886, é probabelmente o máis coñecido monarca bávaro, responsable da construción de verdadeiros castelos de contos de fadas, o mais célebre Neuschwanstein.
Na cidade bávara de Nüremberg celebráronse os xuízos posteriores á II Guerra Mundial.
[editar] Curiosidades
Bávaros famosos:
- Pintores como Hans Holbein, o Vello, Albrecht Dürer, Lucas Cranach ou Franz Marc
- Músicos clásicos como Richard Wagner e Richard Strauß
- Dramaturgos como Bertolt Brecht
- Científicos como o Premio Nobel Wilhelm Conrad Röntgen
- Inventores como Levi Straus, que inventou os jeans e fundou a Levis.
- Neuroloxistas como Alois Alzheimer, o cal descrebeu pola primeira vez a doenza que ten o seu nome.
A BMW (Bayerische Motoren-Werke, ou "Fábrica Bávara de Motores") e a Audi son empresas fundadas na Baviera e que a partir de ahí controlan dous grandes emporios do mundo automobilístico.
Todos os anos ten lugar o festival Oktoberfest, a maior festa da cervexa no mundo, celebrada desde 1811 que dura 16 días e comeza máis ou menos na metade de setembro e termina sempre no primeiro domingo de outubro.