Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions 1806 - Wikipedia

1806

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

1805 < 1806 < 1807

Índice

[editar] Acontecementos

[editar] Reino Unido

  • O almirante e meteorólogo irlandés Francis Beaufort (nado no ano 1774 e finado 1857) crea e pon a punto unha escala graduada para medila velocidade do vento. A escala proposta por Beaufort esta divida por 12 graos (aunque algún autor propón 13 - sé se conta co grao "0"-) que abarcán a velocidade do vento dende "0 Km/h para a calma" ata "118 Km/h para o furacán". A escala proto comenzouse a utlizar universalmente.
  • O 23 de xaneiro o político británico William Pitt (o Xoven), primeiro ministro dende 1783 ata 1801 e dende 1804 ata a súa morte, falece en Londres con 46 anos de idade. Metido nas labores parlamentarias desde 1781 como "whig" independente, Pitt é nomeado primeiro ministro con 24 anos de idade, o feito veulle tras contribuir a caída da coalición ministerial Fox-North e polos seus argumentos enérxicos xunto, o habituais razonamentos como home de estado. Pitt toma o mando da política de Gran Bretaña durante as guerras da revolución francesa. Pola confianza que lle da o rei acompañado dunha sólida maioría no Parlamento, dan lugar a que o poder político decisorio pase baixo el as mans do primeiro ministro. Prontamente toma o mando dun grupo de políticos reformistas, e ocúpase de restablece-lo equilibrio nas finanzas conseguindo mellora-la situación económica do seu país trala perda na guerra de Independencia norteamericana.
  • O 16 de maio o consello de ministros británico, dirixido polo Lord William Wyndham Grenville (antigo ministro de Asuntos Exteriores de Pitt), decreta o bloqueo dos portos europeos, dende Brest ata Hamburgo. O chamado "ministerio de todolos talentos", formado a morte de William Pitt (o Xoven); e que agruparía os partidarios de Pitt, de Addington e de Fox (tan so se mantenría no poder un ano, pero lograría suprimi-la trata de escravos no 1807), non atopa outra forma para aseguro-lo comercio e preveni-lo contra un posible ataque francés que impoñerse por medio da súa poderosa mariña.

[editar] Venezuela

  • No primeiro semestre deste ano, o xeneral Francisco de Miranda (que intentará en dúas ocasións sen éxito, organiza-lo alzamento nas colonias venezonalas contra a dominación española); sen posibilidade de facer fronte o exército que avanza dende Caracas na súa procura. Miranda volve a embarcar cara a Trinidade con voluntarios que viñeran dende Estados Unidos; onde preparara a expedición libertadora coa axuda do presidente Jefferson (quen buscou coma aliado polo consello o primeiro ministro británico Pitt). Pitt estaba interesado en forzar a Estados Unidos, xa comprometidos con tema de Miranda, en entrar na guerra contra Francia e España; sen embargo, Pitt desbotaba o proxecto de crear unha América baixo o auspicio da coroa británica coma unha monarquía parlamentaria. Pero a entrada en escea dun universitario e militar, nado en Caracas no 1750, de nome, Miranda; e que viaxara por España no 1771 servindo o exército peninsular ata 1780 no que foi enviado a loitar contra Gran Bretaña na guerra de independencia estadounidense, mudou todo o respecto. Pola súa contra, Miranda, que grazas o seus contactos con Jefferson e Hamilton, dos que surxiu o proxecto da independencia venezolana, volta a Europa; onde participa na revolución francesa obtendo o grao de mariscal. Encarcelado polos xacobinos, onde puido librarse da guillotina. Creou en Londres (onde coñeceu a Bolívar) a Gran Reunión Americana (unha loxia masónica que propugnaba, unha vez obtida a independencia, a unión de toda América hispana).
  • Francisco de Miranda intenta apoderarse de Venezuela, contaba para elo coa apoio económico do Reino Unido e o visto bo de Estados Unidos. Logo de sair en febreiro de Nova York con 200 unidades, tenta desembarcar en Ocumare (no abril, feito que resulta un fracaso). Pero vese na obriga de refuxiarse na Illa de Granada e, posteriormente (na Illa de Barbados) recibe a axuda do almirante Cochrane. Despois do intento de conquista de Coro, na que consegue ocupa-la dez días (en agosto), Miranda volta o Reino Unido; onde se xuntará con Simón Bolívar nos preparativos independistas.

[editar] Europa

  • O 15 de febreiro firmase o tratado de París, entre Francia e Prusia, polo que esta derradeira nación vese a obriga de acepta-lo cerre do seus portos o comercio británico. A resposta británica non se fai esperar, coa declaración de guerra a Prusia, unha resposta na que se inclue tamén a entrega de Hannover a Francia. En Marzo, Nápoles terá como novo rei a José Bonaparte, con 38 anos, que no ano 1808 abdicará sobre Joaquín Murat para que lle suceda cando se traslade a reinar en España.
  • O 16 de maio Inglaterra decreta o estado de bloqueo en todolos portos dende Brest a Hamburgo. Napoleón, mediante o decreto de Berlín, prohíbe toda relación coas illas Británicas o 21 novembro. O bloqueo continental que non rematará ata 1811 trae consigo o endurecemento recíproco das medidas no 1807. As novas conquistas de Napoleón como resposta: Holanda, cidades hanseáticas (entre os anos 1810/11), Portugal, España e os Estados Pontificios. A situación británica é crítica, pero non chega a ser desesperada por que compensa polas relacions con América do Sur. A hostilidade xeral dos países europeos suplese con materias nos cultivos que sustituen os produtos coloniais: remolacha de zucre, lin, algodón.
  • O 24 de xullo Prusia e Rusia firma un convenio antifrancés. A creación da Confederación do Rhin, na que Prusia non forma parte, pero na que sí se integraban territorios que se atopaban baixo a súa soberanía, constitue motivo de carraxe para os prusianos. O mesmo tempo, Rusia firma con Francia a concesión do porto de Cattaro e Iliria.
  • No outubro formase a cuarta coalición contra Francia. Integrada por Rusia, Prusia (a que se unirán os territorios de: Saxonia, Brunswick e Saxonia-Weimar), Inglaterra e Suecia. Napoleón derrotará a os prusianos en Jena 14 de outubro quedándose para sí Prusia oriental (tomada o 8 de febreiro de 1807, ata alcanza-la paz de Tilsit (firmada o 7 de xullo de 1807).
  • O 27 de decembro Rusia recibe a declaración do imperio otomano de guerra, polo que dende Turquía comenzarán a sair novas tropas o 30 de decembro. A guerra turco-rusa non rematará ata o ano 1812. A pesar das victorias rusas en Silistria (no 1809) e en Rustchuk (no 1811), o Tratado de Bucarest (firmado entre as dúas potencias o 28 de maio de 1812) deixará en favor de Rusia a cesión de Besarabia.

[editar] Francia

  • En Francia o físico, Charles de Coulomb (nado en Angouleme un 14 de xuño de 1736 e finado en París o 23 de agosto de 1806), enxeñeiro militar que contruiu o forte Bourbon na Matinica. Pero que deixou o exército e de adicou as investigacións científicas, ocupándose do magnetismo, o roce e da electroestática. Nos seus estudios e experiencias descubriu a lei que lle fixo famoso (a lei de Coulomb); que indica as atraccións mutuas, de atracción ou repulsión, de dous corpúsculos eléctricos, cuios valores son inversamente proporcionais os cadrados das distancias que os separan. Tamén desenrolou a teoría da electrificación superficial dos conductores. No 1789, tras facer estudios sobre a acción do campo magnético terrestre na que emprega unha agulla imantada, introduxo a noción do momento magnético. Tamén creou a teoría da polarización e foi nombrado membro do Instituto.
  • Desde que Napoleón I Bonaparte fora coroado como emperador dos franceses (o 2 de decembro de 1804), eleva a toda súa falimia a dignidade real poñendo sobre as súas cabezas as coroas dos estados dependentes de Francia; pouco importaba que esos estados tivesen outro idioma, outra tradición política e outras costumes diferentes a Francia, e por elo rechazaban con todas a súas forzas a idea dun rei, un goberno e unha administración extranxeira. Sen embargo, estas consideracións non son válidas para Napoleón, quen tan so desexa poñer a Europa baixo o seu dominio. Para elo necesita persoas que sexan leales a súa persoa, que cumplan a súas ordes e, que estéan capacitadas para impoñe-lo dominio francés sobre as demáis nacións. Desconfiado por natureza, non cree na lealdade a súa persoa da maioría dos xenerais que o auxilian, nin tampouco confía na súa capacidade política; ademáis de ver neles unhas persoas de ambicións escrupulosas, polo que non desexa entregarlle un excesivo poder. Tal situación, vese na obriga de acudir os seus irmáns que, con escasa experiencia política, polo menos lle son fieis e prestalle bos servizos. Seu irmán maior, José, negociou no seu nome tratados con Austria e Gran Bretaña obtendo bos resultados. Seu irmán Luciano ocupaba a presidencia do Consello do Cincocentos o 18 de brumario (9 de novembro 1799 no calendario revolicionarios francés), data en que Napoleón fixo un golpe de estado, e dende o seu posto de presidente Luciano impediu que se celebrara unha votación con fin de condena-la toma de poder. Luis, adicado tamén a carreira militar, e que xa o habia acompañado na súa campaña a Exipto como axudante, e máis tarde (no 1805), estivo como gobernador xeral de Piamonte (cargo que desenrolou con acerto). Para elo, tras realizar unha calculada expansión nos territorios circundantes a Francia, instala como soberanos dos mesmos os seus irmáns. O 30 de marzo de 1806, José obtén a coroa de Nápoles que abandoa no 1808 pola de España. En Nápoles, Napoleón coloca entonces a Joaquín Murat, home da súa irmá Carolina. Nin que decir ten para as demáis irmás (Paulina e Elisa). No 1806 a República Bátava, estado dependente de Francia convertese no reino de Holanda, de cuia coroa faise cargo Luis. En Alemaña, Jerónimo é proclamado rei de Westfalia (feito que ocorriría o 18 de agosto 1807), estado formado recentemente con parte dos territorios de Prusia, Hannover e Hesse-Kassel. Deste modo, Napoleón colocou nos estados "tapón" entre Francia e Prusia, e demáis territorios veciños, as persoas que máis confianza lle ofrecían. Sen embargo, a súas esperanzas vironse defraudadas, xa que seus irmáns non se contentan con ser simples peóns da súa política, senón que intentan gobernar con estilo propio, e levar adiante as ideas que posuen, antagónicas as veces as do emperador.
  • O 13 de febreiro Napoleón Bonaparte enfrontase o papa Pío VII coma consecuencia das súas reservas ante o anuncio da aparición do "Catecismo Imperial", que será proclamado o 4 de abril, e no que aparece Napoleón definido como ministro de Deus na Terra.
  • O 22 de agosto morre na cidade de París o pintor francés, Jean-Honoré Fragonard (que nacera un 5 de abril de 1732 en Grasse). Durante a súa aprendizaxe recibiu influencias dalgunhos pintores famosos da súa época (Chardin, Boucher e Natoire). Neste periodo de apredizaxe adicouse sobre todo a copia-las obras dos grandes pintores barrocos italiano e flamencos. Entre 1765 e 1772 centrou o seus cadros en temas de paisaxes e nús, nos que revela unha moderna sensualidade mediante a utilización de tonos tenues, alternando entre os rosáceos e os perláceos ("La cómica estirada", no museo de Louvre, París). Foi máximo expoñente do decadentismo rococó, conseguindo algunhos do cadros máis famosos do estilo, que resaltan polo seu cromatismo chispeante, especialmente poético ("Alegorías", no museo Louvre, París; "La muchacha que lee", no museo National Gallery, Washington).

[editar] Paises Baixos

  • O 5 de xuño O emperador Napoleón I transforma a República Bátava no reino de Holanda e nombra rei da mesma a seu irmán Luis Bonaparte (nado no ano 1778 e morto no 1846) que, dende 1805 vive como gobernador xeral no Piamonte. Luis, que é o terceiro irmán de Napoleón I sufrirá o bloqueo continental nese mesmo ano, polo que irremisiblemente entrará nunha oposición crecente cara seu irmán Napoleón. Trata de defende-los intereses do país polo que gaña o aprecio do seus subditos; sen embargo, tras varios intentos de convencer a seu irmán (máis preocupado pola estratexia militar e o seus intereses) de que está a perde-lo tempo contra Gran Bretaña. Luis ve invadir o seu país polas tropas imperiais que o fan renunciar o trono o 30 de xuño 1810 no favor de seu fillo Luis Bonaparte (futuro Napoleón III); polo que fuxirá abandoando as resposabilidades do reino.

[editar] Africa do Sur

  • Gran Bretaña ocupa definitivamente a colonia do Cabo, que no 1803 devolvera temporalmente a República Bátava. Os colonizadores británicos aséntanse, poñendo na súa preferencia, a fronteira que delimita o imperio xhosa.

[editar] Serbia

  • Durante o levantamento dos serbios iniciado no 1804 baixo o mando de Karagjogje (máis coñecido coma Xurxo o Negro) contra o dominio extranxeiro dos otomanos, os insurxentes ocupan Belgrado. Este levantamento popular remata no 1813 e Karagjogje emigra a Austria pero será asasinano no 1817 cando volta secretamente a Serbia para organizar unha insurrección xeral nos Balcáns.

[editar] Prusia

  • O 26 de setembro o rei Federico Guillerme III de Prusia esixe a Francia que desaloxe os territorios alemáns da beira dereita do Rhin. O 9 de outubro o non atender Francia a esixencias do rei prusiano, Federico Guillerme III publica un manifiesto de guerra contra Francia, polo que se inicia a cuarta guerra de coalición.
  • O 21 de novembro o emperador de Francia, Napoleón I, promulga un decreto que declara o bloqueo continental contra Inglaterra. A partir de agora, queda prohibido o intercambio comercial con Gran Bretaña e a estrada de mercadorías británicas en tódolos portos do continente. A estratexia napoleónica consiste en privar a Londres da súa principal arma, a súa potencia comercial, colléndolle os mercados europeos. O decreto do emperador divide a Europa en dous bloques rivais: Inglaterra, que manten o dominio oceánico contando, ademáis, con relacións privilexiadas con Portugal (que é outra das grandes potencias marítimas), Sicilia e Sardeña, asegura a súa presencia no Mediterráneo. Pola súa contra, o bloque rival, estruturado en torno a Francia, controla na práctica todo o continente: Dinamarca, Austria e Rusia manifestaron a súa intención de respeta-las disposicións do decreto de Berlín. Mentres tanto, a política imperial francesa non se limita a espera-los resultados do bloqueo. Para Napoleón, esa medida tiña que ser completada coa formación de novos estados vasaios. No 1807 decretase a anexión de Etruria, ocupada polos Estados Pontificios, conquista Portugal e disponse a conquistar España. No verán de 1807, o volume de exportacións británicas diminuira un 20 %. Pouco despois, comenzaría a quedar claro que o bloqueo tiña efectos paradóxicos para Gran Bretaña e para o continente. O comercio inglés, limitado fortemente en Europa, obten o monopolio da grande parte dos produtos das colonias polo que encontra novos mercados laterais, grazas o predominio que sobre os mares exerce a mariña real. Por outra parte, o quedar eliminada a competencia británica, o comercio e a industria do continente coñecen unha etapa de pleno desenrolo; Francia, Alemaña e Suiza comenzan a dispoñer dunha industria textil que multiplica por catro o volume de produción nos primeiros anos do bloqueo. Para o pobo das chairas do continente, as consecuencias do decreto napoleónico midense por outro lado; a faia do algodón e da cana de zucre (mercadorías coloniales monopolizadas polos ingleses), repercute de forma nada favorable nas capas de poboación, polo que o bloqueo tamén ten un efecto distorsionador sobre o conxunto da economía, e favorece a aparición do mercado negro xunto coas máis diversas corrupcións. En Alemaña, a política do bloqueo permite o florecemento de grandes centros de comercio clandestino (Bremen, Hamburgo e Frankfurt). De feito, Napoleón veríase na obriga de instalar máis de 200.000 postos aduaneiros, con miles e miles de axentes e soldados, para asegura-lo cumplimento do decreto promulgado en Berlín. Dende o punto de vista estratéxico, a sorte do bloqueo contra Inglaterra íase a xogar en España: a mariña británica controlaba o Estreito de Xibraltar, lexos do alcance dos exércitos napoleónicos. A conquista de España viría así nunha necesidade perentoria para Napoleón, despois de obligar a abdicar a Carlos IV e Fernando VII, impuxo no trono español a José Bonaparte. Pero a sublevación do pobo español (na noite do 2 ó 3 de maio de 1808), foi toda unha opotunidade o exército británico para intervenir, o que impuxo un novo xiro ao conxunto da situación europea. A ambiciosa táctica do bloqueo continental contra Gran Bretaña mostraba a súas primeiras debilidades e, o prestixio de Napoleón escomenzaba a entrar nunha zona de sombras.

[editar] América

  • Nos Estados Unidos ocorre que un 23 de setembro chegan os exploradores norteamericanos Meriwether Lewis e William Clark a cidade Saint Louis tras unha viaxe de exploración, no curso da cal lograr chegar ata a costa do Pacífico. A viaxe abarcou 12.372 km e escomenzara o 14 de maio de 1804. A iniciativa de explora-la rexión do Missouri (ata entón descoñecida), saiu de Thomas Jefferson, e tiña como primeiro obxectivo opoñerse a derradeira expansión británica dende o Canadá cara o curso superior do río Missouri. No 1802, Jefferson conseguiu a colaboración de Lewis (amigo del da nenez), e a finais do 1803 a empresa foi aprobada polo Congreso. Lewis e Clark remontaron o Missouri nunha lancha de 18 m. de lonxitude, acompañados por 28 persoas máis (17 militares, e o resto, voluntarios entre os que había: gardas fronteirizos, carpinteiros, ferreiros e cazadores): os que lle habería que sumar un intérprete e o servente negro de Lewis. O longo da viaxe os exploradores realizaron medicións astronómicas, xeolóxicas e xeográficas; tendo a meirande sorte de que unha india shoshone lles fixera de guía polos ríos Snake e Columbia ata o Pacífico.
  • O 12 de agosto en Arxentina, as tropas británicas son expulsadas de Bos Aires (no Río da Plata) da que se apoderaran o 27 de xuño cunha pequena expedición. O triunfo bonaerense, que tivo influencia decisiva no apoio a Montevideo, terá importantes consecuencias (estimula o orgullo local, provoca a militarización da cidade coa creacion de milicias), que influirán no movemento independentista.
  • Na illa de Haití ocorre o 17 de outubro, o emperador Jean Jacques Dessalines (que reinaba baixo o nome de Xacobo I) morre asasinado por inducción dos seus rivais (henri Christophe e Anne Alexandre Pétion). Trala caida do emperador, Haití descomponse nunha república mulata o sur (gobernada polo presidente Pétion) e un reino baixo Henri Christophe no norte.

[editar] Sacro Imperio

  • O 6 de agosto, tras recibir un ultimátum do emperador francés, Napoleón I, o emperador Francisco II renuncia a coroa do Sacro Imperio Romano Xermánico e declara solemnemente a súa extinción; polo que todolos estados membros quedan liberados das súas obligacións coa autoridade imperial. O precedentes da disolución veñen da decisión principal da diputación do Reich (tomada o 23 de febreiro do 1803), na que se conformaba a reordenación do imperio. A secularización dos príncipes eclesiásticos supon a anulación da soberanía directa do imperio sobre os estados membros; o emperador perdera todo o seu poder e xa era unha figura simbólica. O 12 de xullo de 1806, dezaséis estados alemáns fundan a Confederación do Rhin, baixo o protectorado de Napoleón I polo que o 1 de agosto faise a declaracion perante a Dieta imperial de Ratisbona a súa segregación; a disolución do Sacro Imperio Romano Xermánico é inevitable. A maioría as prerrogativas imperiais pasa a mans da Confederación do Rhin e, coas mesmas, as mans de Napoleón. Os estados de Baviera, Baden e Württemberg, que logaron aumenta-las súas extensións, intentan alcanza-la plena soberanía, e creen que a única forma de logralo obxectivo é aliarse con emperador francés. O estado prusiano, que tamén conseguiu ampliar territorio, está ligado a Francia cun tratado de neutralidade. Tan so unho poucos partidarios do imperio non estan conformes coa progresiva desintegración deste e o paso derradeiro dado polo ata de agora, emperador Francisco II. A extinción do Sacro Imperio Romanico Xermánico supón unha importante victoria de Napoleón e, polo tanto, un afianzamento da autoridade francesa na Europa.

[editar] Arabia

  • Os wahhables, seguidores do islam na Arabia central, conquistan as cidades otomanas da Meca e Medina, amenazando o predominio dos otomanos na Arabia. Algunhas secciones da flota británica derrotan a flota wahhabí no Golfo Pérsico e impiden a anexión do sultanato de Mascate co de Omán.

[editar] Xapón

  • O 31 de outubro morre o mestre xilógrafo xaponés Kitagawa Utamaro (que nacera no 1753, o parecer, en Kawagoe). O comenzo da súa carreira, Utamaro dedicouse sobretodo as ilustracións para novelas populares e obras eróticas, nas que tivo un gran recoñecemento pola súa maestría das descripcións rigurosas de elementos e paisaxes naturais. Nas súas obras da época 1785/90, destacan "El libro de los insectos" e as "Ofrendas de la marea baja"; que demostran a súa capacidade de observación e están na orixe da escola tridicionalista de pintura xaponesa coñecida co nome deste grabador: Kitagawa. É asimesmo destacable na súa obra as faces femininas que exercen notable influencia; neste sentido son de especial valor os "bijinis" (retratos de mulleres xovenes, con faces finas e graciosas) que materializan o ideal da beleza da época.

[editar] Alemaña

  • O 12 de xullo celebrase na cidade francesa de París, a Confederación do Rhin. Constituida por 16 príncipes alemans (o de Baviera e o de Wüttemberg, entre outros), coma consecuencia das victorias de Napoleón I. Con elo consagrase o fin do Sacro Imperio, comprometéndose a proveer a Napoleón dun exército de 63.000 homes. Estará composta por 36 Estados despois da caída de Prusia no ano 1811. E será disolta no 1813, polo que o feito marcará unha etapa no proceso da unidade alemana. Polo momento tan so sae favorecida Baviera, xa que o duque Maximiliano I Xosé. Aliado de Francia durante as guerras da Revolución e do Imperio, ve como o seu ducado se amplia, ata converterse no Estado máis importante da Alemaña meridional polo que é erixido en calidade de rei. O seu cambio de alianza no 1813 proporcionarálle a confirmación e, incluso o aumento das suas adquisicions territoriais no tratado de Viena do 1815. Sucederalle o seu fillo Luis I nos albores do 1825.
  • O 14 de outubro o exército prusioano deixa de existir, como resultado da batalla de Auerstedt na que a maior parte do seus efectivos foron feitos prisioneiros. As tropas francesas o mando do emperador Napoleón I, que pouco antes vencera os prusianos na batalla de Jena, ten agora aberto o camiño que vai cara Berlín. Un ano antes, Napoleón reorganizara Alemaña neutralizando a preponderancia prusiana: a Confederación do Rhin, formada por dezaseis estados alemanes e aliada a Francia. O feito constitue para Berlín unha realidade insultante, polo que xunto a Gran Bretaña e Rusia, os prusianos formaron a cuarta coalición antinapoleónica, cuio fracaso quedou neste día en evidencia. A pesardes da complexa victoria que obtiveron as tropas francesas, estas deberán enfrontarse a unha posible ofensiva rusa, feito que lles obrigará a manterse na Prusia oriental. dende os círculos diplomáticos afirmase que Napoleón so ten coma único enemigo de Francia a Gran Bretaña, pero que estaría disposto a establecer un pacto estratéxico co zar Alexandre I; sen contar coas diferencias que agora lles separan. O obxectivo do emperador consiste en botar a perder o poderío económico británico.

[editar] Nacementos

[editar] Mortes

  • 5 de xaneiro - Wapasha, xefe indio americano; xefe, o parecer, da tribo dos pés negros.
  • 3 de febreiro - Nicolas Edme Restif, escritor francés; moi máis coñecido polo alcume de Restif de la Bretonne.
  • 22 de febreiro - James Barry, pintor irlandés.
  • 23 de febreiro - John Alcock, compositor inglés.
  • 23 de marzo - George Frederick Pinto, músico e compositor británico.
  • 22 de abril - Pierre Charles Jean-Baptiste Silvestre de Villeneuve, almirante de mariña francés.
  • 30 de maio - Charles Dickinson, político americano; segundo outros historiadores esta morte ocorre nun duelo o 12 de xullo de 1804.
  • 10 de xullo - George Stubbs, pintor ingles.
  • 6 de setembro - Louis-Pierre Anquetil, investigador e historiador francés.
  • 12 de setembro - Christian Gotfried Thomas, compositor alemán.
  • 9 de outubro - Benjamin Banneker, mestre e matemático americano.
  • 13 de outubro - Louis Ferdinand, aristócrata prusiano; principe de Prusia.
  • 23 de outubro - Franz Seydelmann, compositor alemán.
  • 25 de outubro - Henry Knox, militar americano; morre a causa das feridas nunha explosión de guerra.
  • 25 de outubro - Benjamin Banneker, astrónomo e matemático estadounidense.
  • 19 de novembro - Claude Nicolas Ledoux, arquitecto e deseñador francés.

[editar] Outros

[editar] Breves

Historia ano a ano

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu