Adelán, Alfoz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santiago de Adelán. As parroquias de Castro de Ouro, Carballido, Mor e Oiras, xunto cos concellos de Foz e Mondoñedo encárganse de arroupar esta parroquia. Pertencente ao arciprestado de O Valadouro. Ten 333 habitantes repartidos en 27 entidades de poboación, cunha densidade media de 20'7 hab/Km2 (2004).
- As entidades de poboacion son as seguintes: Abeledo (2), Cadeirido (28), As Cales (13), A Camariña (12), A Cancela (5), Os Casás (15), Clavos (8), Corbite (15), O Coto (5), O Cristo (18), O Enxameado (8), Fachelas (18), A Fonte da Bestra (25), A Igrexa (11), A Lama (4), A Martilla (2), Os Novás (6), A Orden (20), Pías (13), O Pouso (11), Presa Boa (34), A Rebolada (13), A Rexedoira (23), Suasbarras (8), Torrillón (9), O Vilar (3) e Vixín (4).
Situacion xeografica da capital parroquial:
Latitude: 43º 31'
Lonxitude: 7º 23'
Superficie: 16,08 Km²
- Monumentos:
Nesta parroquia existen varios monumentos que se poden visitar (aínda que algúns é necesario concerta-la visita antes de efectuala). O primeiro está situado na aldea do Coto. É a Capela dos Remedios e de San Rosendo. Esta capela ten unha soa nave, coa sancristía na parte posterior e con cuberta a dúas augas; arco adintelado na entrada e culminando a fachada, unha pequena espadana dun vano. No interior hai retablo con esculturas.
Os seguintes tres monumentos atópanse na aldea da Igrexa. O primeiro deles é a Igrexa parroquial de Santiago de Adelán. A igrexa actual é o fruto dunha serie de intervencións ao longo dos seculos. Do seculo XII consérvanse algúns elementos, aínda que a parroquia xa existía no seculo VII (outras testemuñas din que hai documentos que tamén se refiren á parroquia de San Vicente de Lagoa do mesmo século) e hai autores que datan a portada no seculo X, pero o resto da construción é do seculo XVII. Ten tres naves separadas por arcos de medio punto e a sacristía situada detrás da cabeceira. A fachada principal conserva a portada románica, con arco de medio punto con duas arquivoltas e columnas con capiteis figurativos; son curiosas as basas, que son en realidade capiteis invertidos, o que fai cavilar na reutilización de elementos arquitectónicos anteriores. Ten espadaña de dous vanos e conservanse retablos no interior.
O segundo dos monumentos é a Torre de Adelán a cuio acceso tense dende Burela dirixindonos a Ferreira e dende aquí cara Mondoñedo. A 6.5 qms está Adelán. Aquí debemos acercarnos pola estrada de Mondoñedo ate o ramal que vai en direccion Carballido e San Acisclo, e a 50 metros está o Pazo. O estar en propiedade privada non é visitable. Axardinado e cercado, cun muro de pedra a entrada cunha enmarcadura na porta dun arco. Encontrese nas proximidades da Igrexa Parroquial. Posee dous corpos, a saber; un cadrangular con cuberta a catro auguas e con solana de pedra e o outro constituido por diversas pezas almenadas que representan a Torre. Empregouse cantería na torre e nunha fachada principal. A construción é sólida, perfectamente coidada cun Escudo da familia.
Tamen nesta localidade encontramos a Casa do Pazo de Adelán que é propiedad privada non visitable. Encontrase nunha finca situada nunha zona chan e rodeada de suaves outeiros boscosos. Antes estaba amurallada e agora está dividida polas pistas rurais que a atravesan. Pranta en forma de L, formada por unha torre no ángulo e dous corpos añadidos. Fábricada de mampostería de granito, ten un patín de pedra orientado o poniente. Torre de tres prantas.
Casa Grande de Cadeirido construída nunha zona da aldea do mesmo nome é unha propiedade privada non visitable. Ten frondosos bosques próximos e fermosas vistas sobre o val do Río de Ouro. Non está amurallado. Do antigo conxunto só queda a torre, case cadrada e de tres altitudes, cos edificios añadidos máis baixos. Cuberta de lousa negra. Na súa construción empregouse mampostería de granito e cantería nos esquinais, vanos, cornixas, etc. da Torre. O corpo engadido na zona Norleste presenta unha porta co arco cego de medio punto apoiado sobre zapatas e dúas grandes pedras cunha aguia e un año talados.
Seguindo as tradicións deste lugares, en canto a pazos nos que non se permite visita, temos o Pazo da Escoura, de planta en escuadra con torre no ángulo, muros de mamposteria e cuberta de laxas. Está formado por tres volumes, a saber; as duas ás de dúas prantas e a torre de tres prantas. Os novos volumes añadidos distorsionaron a imaxe do edificio orixinal. Na fachada posterior existe unha escaleiriña que daba acceso a unha galería.
E como non, tamen podemos falar do Pazo de Basanta, contruido no seculo XIV pola linaxe dos Basanta. De pranta cadrangular con dous edificios arrimados formando un conxunto entre o Pazo e a Torre. Fabricado en cadeiria de granito e cuberto con lousa a catro augas. A torre, de tres prantas e base cadrada, esta rematada, coam o resto do pazo, cunha cornisa moldeada e saintes almerados. Conservase en bo estado, e mesmo hai quen testemuña que este Pazo é coñecido como o Pazo de Adelán.
[editar] Lugares da parroquia de Adelán
Lugares da parroquia de Adelán no concello de Alfoz (Lugo) | |
---|---|
Adelán (Santiago) | Bacoi (Santa María) | Carballido (San Sebastián) | O Castro de Ouro (San Salvador) | Lagoa (San Vicente) | As Oiras (San Mamede) | O Pereiro (Santa María) | O Reirado (Santa María) | San Pedro de Mor (San Pedro) |
[editar] Parroquias de Alfoz
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Alfoz | |
---|---|
Adelán (Santiago) | Bacoi (Santa María) | Carballido (San Sebastián) | O Castro de Ouro (San Salvador) | Lagoa (San Vicente) | Mor (San Pedro) | As Oiras (San Mamede) | O Pereiro (Santa María) | O Reirado (Santa María) |