O Castro de Ouro, Alfoz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Salvador de Castro de Ouro. Adelán, Oirás, Lagoa e o concello de O Valadouro xunto coa parroquia de Bacoi fan que esta freigresía estea anexa da parroquia de Mor e correspondente o arciprestazgo de O Valadouro. Os seus 81 habitantes distribuense nas 6 entidades de poboación, facendo unha densidade media de 31'2 hab/Km2 (2004).
- As entidades de poboacion son as seguintes: Anxeriz (18), O Castro de Ouro (28), Costoira (9), A Fonte (11), A Granda (8) e O Pumariño (7).
Situacion xeografica da capital parroquial:
Latitude: 43º 31'
Lonxitude: 7º 24'
Superficie: 2,6 Km²
- Monumentos:
Tres atractivos localizamos nesta parroquia; dous monumetos e unha finca de paso turistico. Na aldea de Castro de Ouro encontrase a Igrexa parroquial San Salvador do Castro de Ouro é un templo orixinal datado do seculo XV, foi a capela do desaparecido castelo de O Castro de Ouro (que nun principio ocupou a Casa Consistorial e que actualmente ocupa unha arquiveria, museo e segue facendo as veces de Casa Consistorial, xa que esta foi traspasada a vila de A Seara na cal funciona dende o ano 1990). Reedificada con posteridade, ten unha sóa nave con arco triunfal de medio punto, capela maior cunha xanela de finais do seculo XV, a sacristía adosada nun lateral e un sinxelo pórtico. Nun muro lateral encontrase unha lápida gótica con inscripción e as figuras de Cristo, a Virxe, San Xoán e dous ánxos. Ten a existencia unha pintura mural da Piedade de finais do século XIV, e un caliz de prata do ano 1573. A fachada principal ten porta con arco adintelado e unha espadaña de dous corpos. No interior conservanse retablos con esculturas.
Partindo de Burela, tomamos a estrada que leva a Villaestrofe, Ferreira e A Rúa. Dende Ferreira diriximonos en dirección a Mondoñedo. A 4 Kms está Castro de Ouro. Unha vez nesta localidade, antes de entrar de novo na estrada de Mondoñedo, a esquerda temos o indicador da aldea de A Fortaleza. Tomamos este ramal seguindo pola pista que encontremos a dereita, continuando por ela ate o cumio. Eiqui nos encotramos coa Fortaleza Pardo de Cela, tamén coñecida pola Torre de Pardo de Cela (Castrodouro). Levantada sobre un antigo castro celta, domina o val que rega o río Ouro. Hai quen di que neste simbólico monumento foi preso o Mariscal despois de tres anos de loita contra os enviados dos Reis Catolicos. Se é certo e que antiguamente foi propiedade de obispado de Mondoñedo, que a perdeu por causa do mariscal e posteriormente a volveu recuperar. Foi restaurada a mediados do século XVI para converti-la en Cámara do Bispo e abandoada anos máis tarde. O concello restaurouna a principios do século XX para facer dela a Casa Consistorial, o xulgado e unha escola para nenos. Con tempo foi quedando para a casa do Concello e no 1990, co traslado del a vila da Seara quedou convertida no Museo do Mariscal. Da antiga fortaleza de estilo gótico consérvanse hoxe a Torre da Homenaxe, a capela e restos das murallas, con partes visibles de fosos e contrafosos.
A Torre e de construcción cúbica de tres prantas construida en sillería de granito e coroada por almenas. A pranta baixa ten coma acceso unha porta arqueada flanqueada por 2 xanelas xeminadas. Nos pisos superiores hai unha fila de tres xanelas xeminadas en cada un. Nos laterais repitese el modelo de ventá tanto na pranta baixa coma no primeiro piso. No segundo piso a xanela é adintelada. Esta baixo a protección da Declaración xenérica do Dereito do 22 de abril do 1949, e a Lei 16/1985 sobre o Patrimonio Histórico Español.
Volvendo a aldea de Castro de Ouro e cercana a Torre que acabamos de lembrar encontramonos coa Finca Galea, tamen coñecida como o Museo da Auga. Citado museo encontrase situado nun pazo do seculo XVIII e reconvertido nunha fermosa casa de turismo rural. Toda a finca foi pensada e deseñada coma lugar de repouso de disfrute. Con xardins que rodean o pazo e un muiño reconstruido; o batán e unha sinxela capela a caron do pazo. O pazo esta acondicionado con todas a comodidades para a hospedaxe. Dispon dunha lareira tradicional cos utensilios. Un pontigo de madeira cruzas as augas do rio Ouro e da acceso o vello muiño e o batán coque, nun tempo atrás, utilizabase para clarexar e suaviza-las pezas de liño. O río cruza este fermoso paisaxe de abundante vexetación con prantas es frores de orixe exótica. Podese percorre o Paseo dos Caladiños, o Camiño Feiticeiro e chegar ate o merendeiro de Filipe II.
Lugares da parroquia de O Castro de Ouro no concello de Alfoz (Lugo) | |
---|---|
Anxeriz | O Castro de Ouro | Costoira | A Fonte | A Granda | O Pumariño |
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Alfoz | |
---|---|
Adelán (Santiago) | Bacoi (Santa María) | Carballido (San Sebastián) | O Castro de Ouro (San Salvador) | Lagoa (San Vicente) | Mor (San Pedro) | As Oiras (San Mamede) | O Pereiro (Santa María) | O Reirado (Santa María) |