Bacoi, Alfoz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santa María de Bacoi, esta abrigada polas parroquias de Carballido, O Castro de Ouro e Mor, ademais dos concello de Foz e O Valadouro. Pertencente o arciprestado do Valadouro. Ten 253 habitantes distribuídos en 14 entidades de poboación, cunha densidade media de 73'5 hab/Km2 (2004).
- As entidades de poboacion son as seguintes: Canaledo (21), O Castrillón (4), Cima de Vila (20), A Costiña (5), Esmoriz (6), A Faia (6), O Gorvidal (45), A Igrexa (9), As Leas (3), A Milicroca (32), O Piñeiro (24), Rolle (46), Santo Antonio (15) e O Vilar (17).
Situacion xeográfica da capital parroquial:
Latitude: 43º 22'
Lonxitude: 7º 23'
Superficie: 3,44 Km²
- Monumentos:
Da aldea da Igrexa é o monumento máis rechamante desta parroquia; a Igrexa parroquial de Santa María de Bacoi. O templo construiuse na primeira metade do século XVIII, ten unha planta de cruz latina, cruceiro con cúpula exagonal sobre pechinas e sancristía detrás da cabeceira. Nas pechinas hai pinturas cos catro evanxelistas e na cúpula represéntase a Asunción da Virxe, todo do século XIX. A fachada é de cadeiría granítica, cun arco adintelado sobre a porta e espadana de dous corpos. No interior consérvanse retablos con esculturas.
[editar] Lugares da parroquia de Bacoi
Lugares da parroquia de Bacoi no concello de Alfoz (Lugo) | |
---|---|
Canaledo | O Castrillón | Cima de Vila | A Costiña | Esmoriz | A Faia | O Gorvidal | A Igrexa | As Leas | A Milicroca | O Piñeiro | Rolle | Santo Antonio | O Vilar |
[editar] Parroquias de Alfoz
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Alfoz | |
---|---|
Adelán (Santiago) | Bacoi (Santa María) | Carballido (San Sebastián) | O Castro de Ouro (San Salvador) | Lagoa (San Vicente) | Mor (San Pedro) | As Oiras (San Mamede) | O Pereiro (Santa María) | O Reirado (Santa María) |