Lagoa, Alfoz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Vicente de Lagoa, limita cas parroquias do Valadouro, San Xulián de Recaré (no Valadouro) e Mor polo Norte, polo Sur Oirás e Pereiro; Adelán e Oirás polo Leste, e polo Oeste, Frexulfe, San Xulián de Recaré (estas duas do concello de O Valadouro) e Pereiro; ten 387 habitantes distribuidos en 34 entidades de poboación e 4 lugares, cunha densidade media de 34'2 hab/Km2 (2004).
- As entidades de poboacion son as seguintes: As Abelairas (12), As Acernadas (27), Agrela (26), Auga Quente (6), A Azoreira (9), Beloi (27), As Campelas (2), O Campo Verde (16), O Carballo Mariño (6), Carrocide (7), As Casas Vellas (6), O Castiñeiro (2), A Cruz (26), Os Currás (8), O Escairo (4), O Espadanal (5), Galán (11), Gavián (12), A Granda (25), A Igrexa (2), Lavanco (9), A Lomba (15), O Machuco (6), A Maciñeira (4), A Pinguela (14), A Ponte do Teixo (8), Ponte do Vao (2), Porto Dereito (11), A Ribeira (14), O Rizal (27), O Señorío (3), Sisto (24), O Souto (6) e Vao (5).
- Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: A Chafarica, Martille, O Plantío e A Viñavella.
Situacion xeográfica da capital parroquial:
Latitude: 43º 31'
Lonxitude: 7º 26'
Superficie: 11,3 Km²
O documento máis antigo que fai referencia a parroquia data de 1498, no que afora 10 ceramins de trigo a Don Xoán Pérez Mosquera un lugar nesta parroquia pertencente o Convento de Viveiro. Segundo a testemuña dun párroco da igrexa de Bacoi (a principios do seculo XX) a parroquia de San Vicente de Lagoa debía de existir o redor do ano 747, pois constaba en documentos do ano 897 coma testamento do Bispo Odoario, xunto con outras freigresias.
- Monumentos:
Tres son os monumentos mais rechamantes desta parroquia. Iniciamos o percorrido na aldea da Igrexa, nela encontramos a Igrexa parroquial de San Vicente de Lagoa O templo esta construido no seculo XVIII, que ten unha sóa nave e duas sacristías situadas a ambos lados da capela maior. A fachada principal ten porta co arco adintelado, unha xanela e unha imaxe do patrón, San Vicente. Arrimado ó muro dereito da nave sitúase un portico sostido por pilastras. Tamén ten unha torre de dous corpos, arrimada a fachada, con elementos arquitectónicos característicos do estilo barroco. No seu interior consérvanse retablos con esculturas.
Pazo de Carrocide é o seguinte monumento do percorrido, situado na aldea do mesmo nome é unha propiedade privada non visitable. Situado o longo da estrada ten dous portalons de entrada o recinto similares, un arco de pedra de cantería con tres remates na parte superior. Pranta moi alongada formada por gran cantidade de corpos adosados. Nun dos extremos duas torres, é noutro a capela. Cuberta de laxas de lousa. Cornisa de cantería con gárgolas nas torres. Construida de mampostería combinada con sillería. Patín de entrada a pranta alta.
Pazo de Rizal, está na aldea do mesmo nome. E seguindo a tradición dos pazos da comarca, tampouco se pode visitar. Situado nun pequeno núcleo, a carón da estrada. A finca ocupa unha gran chaira que chegaba até o río. O edificio está á beira dun recinto amurallado e cerrado por un dos lados. O redor do recinto exténdense as terras de traballo. O edificio ten unha planta irregular e muros de mampostería enfoscados e enlucidos, cuberta de laxas. Ten dúas ás de igual altura que o corpo principal de dúas plantas, a unha delas está arrimado o corpo que alberga a capela.
Lugares da parroquia de Lagoa no concello de Alfoz (Lugo) | |
---|---|
As Abelairas | As Acernadas | Agrela | Auga Quente | A Azoreira | Beloi | As Campelas | O Campo Verde | O Carballo Mariño | Carrocide | As Casas Vellas | O Castiñeiro | A Cruz | Os Currás | O Escairo | O Espadanal | Galán | Gavián | A Granda | A Igrexa | Lavanco | A Lomba | O Machuco | A Maciñeira | A Pinguela | A Ponte do Teixo | Ponte do Vao | Porto Dereito | A Ribeira | O Rizal | O Señorío | Sisto | O Souto | Vao |
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Alfoz | |
---|---|
Adelán (Santiago) | Bacoi (Santa María) | Carballido (San Sebastián) | O Castro de Ouro (San Salvador) | Lagoa (San Vicente) | Mor (San Pedro) | As Oiras (San Mamede) | O Pereiro (Santa María) | O Reirado (Santa María) |