Xaime Quesada Blanco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xaime Quesada Blanco, (Ourense 1975 - Ourense 2006), fillo do tamén pintor Xaime Quessada Porto e da arquitecta María Xesús Blanco, foi un dos grandes representantes da plástica galega de principios do século XXI, malia a súa corta vida.
De formación en Belas Artes pola escola madrileña de San Fernando, expuxo en Santiago, A Coruña, Ourense (tanto no Museo Municipal coma no Centro Cultural da Deputación), Vigo e tamén noutros países europeos coma Suecia, Alemaña ou Noruega. Sempre respaldado pola familia, e coa experiencia que lle transmitiu o pai, Xaime Quessada, o mozo pintor galego deixou un legado de interese para a pintura do país.
Autor de numerosas obras pictóricas, aínda que tamén escultóricas e muralistas, probou a revitalizar técnicas coma o construtivismo e o expresionismo abstracto sen deixar de empregar xeitos novos de traballo coma os dixitais. Díxose amante da arte e amosouse como un gran ilustrador de cores, máis ca de ideas ou grandes temas. Apostou tamén pola seriación nos seus cadros, e sinalou en diversas ocasións como mestres os rusos Kandinski e a Vassareli.
Faleceu dun derrame cerebral o 21 de xuño de 2006 na súa casa familiar de Vilar de Astrés e foi soterrado no camposanto de Señorín, no Carballiño.