Construtivismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O construtivismo é un movemento artístico e arquitectónico de orixe rusa que se pode encadrar dentro das vangardas ou "ismos" xurdido en Europa durante as primeiras décadas do século XX.
A súa denominación procede dun crítico que a utilizou en 1913 para se referir a uns relevos de Vladimir Tatlin, pero como movemento non xurdiu até 1920, apoiado polo Manifesto realista dos irmáns Pevsner e Gabo.
Fai fincapé no abstracto, relacionado coa industria e a técnica, e é xeométrico e funcional.
Ten moitos puntos de contacto co cubismo, o futurismo, o suprematismo e o dadaismo.
Entre outros autores construtivistas destacan Vladimir Tatlin, Pevsner e o seu irmán N. Gabo, Rodchenko a A. Vesnin.