Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Alimento - Wikipedia

Alimento

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O pan, considerado como alimento por excelencia
Agrandado
O pan, considerado como alimento por excelencia

O alimento é a substancia normalmente comida ou bebida por seres vivos. O termo alimento inclúe tamén bebidas líquidas. A comida é a principal fonte de enerxía e nutrición dos animais, e é xeralmente de orixe animal ou vexetal.

O estudo dos alimentos é coñecido como ciencia dos alimentos.

Índice

[editar] Tipos e compoñentes dos alimentos

Roda dos alimentos.
Agrandado
Roda dos alimentos.

Un compoñente fundamental dos alimentos é a auga, que o corpo humano require para soste-los procesos que nos manteñen vivos.

É necesario inxerir auga para repoñe-la que perdemos basicamente por catro vías: por transpiración, polo aire que expulsamos na respiración, por excreción, e pola que eliminamos directamente nos ouriños.

Os compoñentes dos alimentos pódense clasificar de moitas maneiras. Unha delas é nos seguintes cinco grandes grupos:

As proteínas: Están formadas por cadeas de moléculas moi especiais, chamadas aminoácidos, que son os compoñentes que require o corpo humano para construír tecidos, como os músculos, os osos, a pel, os tecido nerviosos, etc. As proteínas están en alta proporción nos alimentos de orixe animal, como as carnes (de mamíferos, aves e peixes), nos ovos, nos lácteos, e en menor proporción nalgúns vexetais, como a soia.

Os hidratos de Carbono: quimicamente son cadeas de moléculas fomadas basicamente por carbono, hidróxeno e osíxeno. Estas cadeas de hidratos de carbono ou carbohidratos proveñen maioritariamente dos vexetais, que conteñen compostos como o amidón e o azucre.

O amidón encóntrase principalmente nos alimentos como o millo, o trigo, a cebada, o arroz, nos tubérculos (como a pataca) e nas leguminosas (como as ervellacas, fabas, etc.).

Os azucres se atopan na natureza nalgúns vexetais como a cana de azucre, a remolacha e nas froitas. Así a todo o seu consumo actualmente provén do uso directo de azucre refinado como edulcorante (adozante) en prostres, tortas, froitas en conserva, e especialmente nas bebidas gasosas.

Os hidratos de Carbono son basicamente unha fonte de enerxía para o corpo, de uso inmediato.

Os lípidos ou graxas: quimicamente son produtos que conteñen ácidos graxos, que poden ser saturados ou insaturados, o que ten importante efecto na saúde. Poden ser sólidos (como a manteiga, o queixo, etc.) ou líquidos como o aceite. Son a fonte de enerxía de longo prazo para o corpo, e para os vexetais. Por iso, a maioría das sementes, para sobrevivir, posúen abundantes lípidos, como as améndoas, as pebidas de marabilla e de uva.

As fibras: quimicamente posúen un alto contido de celulosa, un produto que o corpo non pode aproveitar (dixerir) pero teñen efectos positivos na parte mecánica da dixestión dos alimentos.

As vitaminas: son compostos químicos en xeral moi complexos, de distinta natureza, pero que teñen en común que cantidades asombrosamente pequenas son imprescindibles para o funcionamento do organismo. A ausencia dalgunhas vitaminas causa enfermidades que poden ser graves, e a inxesta de pequenísimas cantidades (miligramos) pode subsanar este problema. As cascas das froitas son unha fonte importante dalgunhas vitaminas.

[editar] Hábitos alimenticios humanos

[editar] Desenvolvemento histórico

Carne á wikt:grella.
Agrandado
Carne á wikt:grella.

Os seres humanos son animais omnívoros capaces de consumir tanto produtos vexetais como animais. Evolucionaron de recolectoré a cazadores recolectores. Logo da experiencia da Idade de Hielo é posible que os humanos quixesen crear unha sensación de seguridade administrando o crecimiento de plantas e a reprodución de animais. Isto conllevó á agricultura, e alterou a forma en que os alimentos son obtidos.

[editar] Comidas

Unha selección de diferentes alimentos complementarios inxeridos en conxunto compoñen unha comida. A xente a miúdo elixe comer en compañía de membros da súa familia ou amigos e isto é xeralmente comprendido como un encontro social importante.

[editar] Produción e adquisición dos alimentos

A comida obtívose tradicionalmente polo cultivo, a pesca, a caza e outros métodos de subsistencia localmente importantes para algunhas poboacións aínda que desprezables para outras.

Actualmente, nas nacións desenvolvidas, a subministración de alimentos cada vez depende máis da agricultura intensiva, do cultivo industrial, da piscicultura ou doutras técnicas que aumentan as cantidades de alimentos producidos á vez que diminúen o seu custo. Estas técnicas á súa vez dependen do desenvolvemento de ferramentas mecanizadas, dende a máquina de mallar e a sementadora ata o tractor e a segadora malladora, etc. Estas ferramentas foron combinadas con pesticidas que aseguran o elevado rendemento de colleitas e combaten insectos ou mamíferos que prexudican a produción.

Tamén á modificación xenética das plantas comestibles (OGM), para facelas máis resistentes ás enfermidades e ós parasitos, á vez que máis produtivas. Estas técnicas son moi contestadas, pois deixan en mans das multinacionais a produción de sementes, á vez que se supón que a polinización cruzada de plantas naturais por plantas modificadas, pode altera-la calidade daquelas.

Actualmente percíbese unha tendencia crecente cara a prácticas agrícolas máis sostibles, que recorren a sistemas naturais de produción. Estes métodos, que se están estendendo grazas á demanda do consumo, estimulan a biodiversidade, a auto-seguridade local e o cultivo orgánico.


[editar] Véxase tamén

  • Adulteración de alimentos

[editar] Ligazóns externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com