UNICEF
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Fondo das Nacións Unidas para a Infancia, máis coñecido como UNICEF foi creado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 11 de decembro de 1946 co nome de Fondo Internacional de Emerxencia das Nacións Unidas para a Infancia, tiña como misión atender as ncensidades dos nenos en China e Europa tras a Segunda Guerra Mundial e cando a ONU decidiu en 1953 que tivera tempo indefinido mudou o seu nome para o actual. A súa sede central está en Nova York e colabora cos países en desenvolvemento para procurar o benestar infantil. En 1965 foille concedido o Premio Nobel da Paz