Radar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O radar, do inglés Radio Detection And Ranging (Detección e Telemetría polo Radio), é un dispositivo que permite detectar obxectos a longas distancias.
O radar emite ondas electromagnéticas que son refletidas por obxectos distantes. A detección das ondas refletidas, permite determinar a localización do obxecto.
Índice |
[editar] Historia do Radar
O primeiro Radar foi construído en 1904, por C. Hülsmeyer na Alemaña, naquela época non houbo utilidade práctica para o dispositivo, de baixa precisión, construción difícil, e sistema de detección de eco ineficiente.
En 1934, Pierre David, revisando teoría electromagnética, atopou o estudo realizado polo alemán, iniciou entón, experiencias para o desenvolvemento dun sistema de detección por ondas de radio en alta frecuencia, eficiente para a localización de avións. Simultaneamente, Henri Gutton e Maurice Ponte, conseguiron criar un dispositivo de detección que funcionou con gran precisión.
En 1935, instalouse o primeiro sistema de Radiotelemetría no navío Normandíe co obxectivo de localizar e prevenir a aproximación de obstáculos.
No inicio da Segunda Guerra Mundial, Watson Watt, mellorou e desenvolveu novas tecnoloxías, utilizando o sistema de telemetría fixa e rotatoria.
En función da melloría e da exactitude do procesamento de sinal e eco por radiofrecuencia, aprobouse un proxecto de instalación piloto para detección de aeronaves inimigas, na costa da Inglaterra. En función do éxito alcanzado desta estación, instalaronse moitas outras en todo o País.
Os radares foron moito importantes na previsión de ataques inimigos, pois os ingleses sabían con precisión a distancia, velocidade e dirección do ataque, tendo tempo de dar o alarme para a poboación se protexer, diminuíndo inmensamente as baixas civis, a pesar do bombardeo constante efectuado polos alemáns.
As Potencias do Eixo, tamén estaban a desenvolver sistema similar, porén o seu uso era diferente, os radares alemáns, eran para aumentar a precisión de tiro, facilitando o direcionamento dos proxéteis ao branco.
[editar] Funcionamento do Radar
O radar é composto por unha antena transmisora receptora de sinais para Super Alta Frecuencia (SHF), a transmisión é un pulso electromagnético de alta potencia, curto período e feixe moito estreito. Durante a propagación polo espazo, o feixe se alarga en forma de cone, ata atinxir ao branco que está sendo monitorado, sendo entón refletido, e, retornando para a antena, que neste momento é receptora de sinais.
Como se sabe a velocidade de propagación do pulso, e polo tempo de chegada do eco, pódese facilmente calcular a distancia do obxecto. É posíbel tamén, saber se o branco está se afastando, ou se aproximando da estación, isto se debe ao Efeito Doppler, isto é, pola defasaxe de frecuencia entre o sinal emitido e recebido.
[editar] Construción física do Radar
O Equipamento de radar é composto dunha antena tranceptora, da liña de transmisión, dun transmisor de alta potencia e alta frecuencia, do sistema de recepción, decodificación, procesamento e visualización das informacións coletadas, alén da mesa de interface entre equipamento e operador.
[editar] Emprego dos Radares
[editar] Mariña
Na mariña, os radares utilizanse para a navegación, detectando e monitorando obstáculos que poden oferecer riscos ata a distancia de ducentos quilómetros aproximadamente.
No caso de belonaves de guerra, existen radares para a detección de alvos e direcionamento de tiro pasivo para facilitar o acerto de mira de proxéteis disparados por cañións, metralladoras, e para direcionamento de tiro activo foguetes, míseis e torpedos.
Existen os radares de defensa antiaérea con alcance de ata ducentos quilómetros para captar aeronaves inimigas orientando as defesas na súa dirección.
Nos Pórtaavións, existen radares semellantes aos de aeroportos para orientar o tráfego aéreo, desembarque e embarque de aeronaves con seguranza e en movemento.
[editar] Aeronáutica
O uso de radares na aeronáutica se dá en aeroportos, bases aéreas, aeronaves civis e militares, para monitoramento e orientación de tráfego aéreo.
Os aeroportos máis modernos posúen radares para "voo cego", isto é, para condicións de visibilidade moito baixa, servindo á aterrisaxe e decolaxe con pouco teito baixo neblina leve e baixo horizonte.
A defensa aérea e vixilancia utiliza radares máis específicos con detección de alvos ata trecentos quilómetros para avións en grande altitude, e alcance de ata trinta quilómetros para aeronaves voando en baixa altitude.
Os radares de direcionamento bélico utilizanse para orientar os míseis balísticos no momento inicial de arremeso, para despois da decolaxe, internamente estes artefatos posúen equipamentos de orientación autonomos para dirixilos ata o seu branco.
Existen tamén radares de control de tráfego e vixilancia aérea de maior alcance, o sistema non se dá por unha única estación de vixilancia e rastreamento, e si por moitas interligadas e cos sinais procesados de forma redundante pola somatoria e procesamento de todos os dados nunha central, no Brasil, o SICEAB (Sistema de Control do Espazo Aéreo Brasileiro) posúe un sistema que funciona desta forma, onde existen radares con alcance de ata 4.000 Quilómetros, que interligados cubren os 8,5 millóns de km² do territorio nacional.
As aeronaves de combate posúen radares de interceptación, radares de ataque con pulsos electromagnéticos de alta definición que permiten o voo en baixa altitude sen visión directa do solo, alén de radares nos míseis ar-ar e ar-terra, para busca de alvos por sistemas de detección electromagnética, pois os sensores de calor son obsoletos e fáceis de despistarse.
[editar] Exército
Na forza terrestre, o exército, temos os radares de patrulla aérea, con alcance de ata trecentos quilómetros, radares de adquisición de alcance ata cen quilómetros, de tiro e persegución de míseis terra-ar, antiartillaría, para reconstitución das traxectorias dos proxéteis, para localización das pezas de artillaría con alcance de ata dez quilómetros, e, radares de vixilancia terrestre para detectar alvos móbeis e regulaxe de tiro de alta precisión.
Os radares de pequeno alcance están sendo desenvolvidos para a guerra moderna, entre eles se destacan os Rasura con alcance de 5 quilómetros usados pola infantaría, o Rapace utilizado nos carros de combate blindados con alcance de ata cinco quilómetros, alén do Ratac utilizado polas pezas de artillaría para detectar alvos á trinta quilómetros.
[editar] Meteoroloxía
Os radares meteorolóxicos hoxe son de suma importancia para o monitoramento da atmosfera, facilitando así actividades como a agricultura, aeronáutica, entre outras actividades, pois detecta con precisión os movementos das masas de ar, dando subsidios aos meteoroloxistas para prevenir, desde xeadas, vendavais e choivas de granizo, entre outros fenómenos que poden rastrearse.
[editar] Ver tamén
- Ecolocalización