Martín Codax
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Martín Códax foi un xograr galego medieval (do século XIII - ao XIV).
Índice |
[editar] Vida
A sua orixe non está clara, o xograr procede probabelmente de Vigo, xa que hai numerosas referencias a esta cidade. Viveu entre a segunda metade do século XIII e comezos do século XIV. Non hai moitos datos sobre a identidade deste xograr.
[editar] Obra
O corpus literario atribuido limitase a 7 cantigas de amigo que figuran nos cancioneiros da lírica galego-portuguesa e no pergamiño Vindel, en que figura o seu nome como autor das composicións. A descoberta deste pergamiño debeuse ao azar: ocorreu cando Pedro Vindel a principios do século XX o encontrou na sua biblioteca, servindo de forro a un exemplar do De officiis de Cicerón.
Os poemas de Martín Codax que figuran no pergamiño son os seguintes (sen título, citanse polo seu primeiro verso):
- Ondas do mar de Vigo
- Mandad'ey comigo
- Mha irmana fremosa treydes comygo
- Ay Deus se sab'ora meu amado
- Quantas sabedes amar amigo
- En o sagrad' en Vigo
- Ay ondas que eu vin veer
No pergamiño Vindel conservansese tamén a notación musical destas cantigas.
Dedicouselle o Día das Letras Galegas do ano 1998 (xunto con Xohán de Cangas e Meendinho).
Existe un grupo de música antiga chamado Martín Códax que interpreta música medieval e do Renacemento e que teñen na súa discografía cantigas medievais de escarnio, cantigas de Santa María e, por suposto, cantigas de Martín Códax.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Portal de Martín Codax na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, coa audición das cantigas incluido.
- Facsímile dunha cantiga de M. Codax
- Grupo de música antiga Martín Códax