Cantigas de Santa María
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As Cantigas de Santa María son un conxunto de catrocentas vinte e sete composicións en galego-portugués, que no século XIII era a lingua fundamental da lírica culta en Castela. Atópanse repartidas en catro manuscritos, un deles na Biblioteca Nacional en Madrid (Codex To, por Toledo), dous en San Lorenzo do Escorial (Codex E e T) e o cuarto en Florencia (Codex F).
Índice |
[editar] Autoría
Existen dúbidas sobre a autoría directa do Rei Afonso X o Sabio, pero ninguén dubida da súa participación directa como compositor en bastantes delas. W. Mettmann, autor dunha edición crítica dos textos das Cantigas, cre que ao poeta e trovador galego Airas Nunes se poden atribuír moitas delas. A cuestión da autoría non está resolta aínda pero co tempo e as investigacións vai crecendo a idea dunha participación directa do rei.
[editar] Clasificación
As Cantigas de Santa María pódense dividir en dous grupos:
- O primeiro fórmano as cantigas da nosa Señora, son cantigas narrativas con louvanzas á Virxe Santa María e que é un verdadeiro compendio de historias, milagres, xogos, etc relacionados coa Virxe, ben sexa pola súa intervención directa ou polos amores místicos que a súa figura xera nas almas piadosas.
- O segundo son as cantigas de loor, máis reducido (posto que son as cantigas cuxo número de orde é múltiplo de dez); trátase de poemas máis serios, profundos, case místicos, nos cales en lugar de cantar os milagres da Virxe reflectese sobre ela, como nunha oración.
[editar] Orixe e lingua
A devoción mariana estaba en auxe nese século e frades, clérigos e cabaleiros en xeral participaban dela. O rei alentaba nas súas cantigas poetas e xograres para que dedicasen os seus esforzos e inspiracións á Santa Dama.
A lingua das cantigas marianas abandona os esquemas da lírica profana, con paralelismos e dobres, e oferece unha lingua máis coloquial, con frases e refráns que aínda sobreviven na lingua galega actual, e con menos provenzalismos presentes nas cantigas amorosas.
Frente ao resto das cantigas, a medida dos versos é moi variada e oscila entre as catro e as dezaseis sílabas. Aparecen irregularidades rítmicas que se axustan, contodo, ás estruturas musicais. Nelas áchase maior variedade de rexistros e riqueza léxica. Aparecen estranxeirismos occitanos, franceses e casteláns.
As Cantigas de Santa María é unha das coleccións de miniaturas máis ricas de todo o Medievo, e un documento moi útil para coñecermos a vida cotiá da época, desde o vestiario até os instrumentos.
Como manuscrito iluminado, quíxose ver nas Cantigas de Santa María a primeira historieta da península Ibérica e un dos primeiros exemplos da banda deseñada no Occidente, anticipando recursos de sintaxe da imaxe como raccords de espazo e tempo que tardarían sete séculos a volver a desenvolverse.
[editar] Cantiga
A continuación imos ver un extracto dunha cantiga en galego-portugués medieval, e despois veremos a súa trascrición ao portugués actual:
- Galego-Portugués medieval:
De quanto ali trouxera, / pois viu que assi estavan catando-sse uu con outro / e que non se falavan, fillou todoo seu logo / e foi-ss'; e eles ficavan con mui gran pavor de morte. Feito tan maravilloso Como o nome da Virgen / é aos bõos fremoso…
Qual é a santivigada ant' e depois que foi nada? Madre de Deus, nostro Sennor/ de Deus, nostro Sennor, Madre de nosso Salvador. A qual diss' «Ave Maria» Gabriel e que seria/ Madre de Deus, nostro Sennor.../ Qual é a que sen mazela/pariu e ficou donzela? Madre de Deus, nostro Sennor... En qual per sa omildade s' ensserrou a Trĩidade? Madre de Deus, nostro Sennor... Qual é a que sempre bõa foi e dos santos corõa? Madre de Deus, nostro Sennor... Qual é a que per seu siso nos fez aver paraiso? Madre de Deus, nostro Sennor...
Rosa das rosas e Fror das frores,/Dona das donas, Sennor das sennores./Rosa de beldad' e de parecer/e Fror d'alegria e de prazer,Dona en mui piadosa ser/Sennor en toller coitas e doores. / Rosa das rosas e Fror das frores,/Dona das donas, Sennor das sennores. Atal Sennor dev' ome muit' amar, que de todo mal o pode guardar; e pode-ll' os peccados perdõar, que faz no mundo per maos sabores. Rosa das rosas e Fror das frores,Dona das donas, Sennor das sennores. Devemo-la muit' amar e servir,ca punna de nos guardar de falir; des i dos erros nos faz repentir,que nos fazemos come pecadores. Rosa das rosas e Fror das frores, Dona das donas, Sennor das sennores. Esta dona que tenno por Sennore/ de que quero seer trobador,se eu per ren poss' aver seu amor,dou ao demo os outros amores. Rosa das rosas e Fror das frores, Dona das donas, Sennor das sennores.
- Portugués moderno:
De quanto ali trouxera/ pois viu que assim estavam catando-se um com outro/ e que não se falavam, filhou todo seu logo/ e foi-se; e eles ficavam com muito grande pavor de morte. Feito tão maravilhoso Como o nome da Virgem / é aos bons formoso.
Qual é a santificada/ antes e depois que foi nada? Mãe de Deus, nosso Senhor/ de Deus, nosso Senhor, Mãe de nosso Salvador. A qual disse «Ave Maria» Gabriel e que seria/ Mãe de Deus, nosso Senhor.../ Qual é a que sem mazela/pariu e ficou donzela? Mãe de Deus, nosso Senhor... Em qual por sua humildade se encerrou a Trindade? Mãe de Deus, nosso Senhor... Qual é a que sempre boa foi e dos santos coroa? Mãe de Deus, nosso Senhor... Qual é a que por seu siso nos fez ter (haver) paraíso? Mãe de Deus, nosso Senhor...
Rosa das rosas e Flor das flores,/ Dona das donas, Senhora das senhoras./ Rosa de beldad' e de parecer/e Flor d'alegria e de prazer, Dona em muito piedosa ser/ Senhora em tolher coitas e dores. / Rosa das rosas e Flor das flores,/Dona das donas, Senhora das senhoras. A tal Senhora dev' homem muito amar, que de todo mal o pode guardar; e pode-lhe os pecados perdoar, que faz no mundo por maus sabores. Rosa das rosas e Flor das flores,Dona das donas, Senhora das senhoras. Devemo-la muito amar e servir, assim punha de nos guardar de falhar; daí dos erros nos faz arrepender, que nós fazemos como pecadores. Rosa das rosas e Flor das flores, Dona das donas, Senhora das senhoras. Esta dona que tenho por Senhora/ de que quero ser trovador,se eu porém posso ter (haver) seu amor,dou ao demo os outros amores. Rosa das rosas e Flor das flores, Dona das donas, Senhora das senhoras.