Harold Lloyd
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Harold Clayton Lloyd (20 de abril de 1893 - 8 de marzo de 1971). Actor estadounidense nado en Burchard, Nebraska. Estrela do cine mudo, entre os seus filmes máis coñecidos está Safety last de 1923 (non hai estreo galego, na súa versión en castelán titulada El hombre mosca). Home intrépido, perdeu varios dedos durante unha rodaxe dun anuncio publicitario de tabaco cunha bomba real. Contemporáneo de Charles Chaplin e Buster Keaton, foi un dos membros fundadores da Academy of Motion Picture Arts and Sciences organización profesional coñecida no mundo por organizar anualmente os premios Oscar.