Gianni Rivera
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gianni Rivera | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Giovanni Rivera | ||
Alcume: | il golden boy, Abatino | ||
Data de nacemento: | 18 de agosto de 1943 | ||
Lugar de nacemento: | Alessandria, Italia | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | |||
Clube actual: | retirado | ||
Posición: | Mediocampista | ||
Altura: | 1,90 metros | ||
Partidos internacionais: | 60 | ||
Goles: | 14 (selección) | ||
Ano do debut: | 1959 | ||
Clube do debut: | Alessandria | ||
Ano do retiro: | 1979 | ||
Clube do retiro: | AC Milan |
Giovanni (Gianni) Rivera (nado o 18 de Agosto de 1943 en Alessandria) é un ex-futbolista italiano, gañador do Balón de Ouro en 1969. O seu alcume era il golden boy (o rapaz de ouro) do fútbol italiano.
Debutou na Serie A co Alessandria nun encontro contra o [Internazionale Milano F.C.|Inter de Milán]], o 2 de xuño de 1959, á idade de 15 anos. Ficaría pouco tempo neste clube, xa que axiña o AC Milan se interesou polos seus servizos e fichouno cando tan só contaba con 16 anos, 26 encontros na Serie A e 6 goles anotados.
En 1962 gaña o seu primeiro scudetto con Ac Milan e o 13 de maio de 1962 xoga o seu primeiro encontro coa selección italiana contra a Alemaña no mundial de Chile en 1962.
A vitoria na liga fai que o AC Milan xogue a Copa de Europa de 1963, na que rematarían como campións, tras vencer ao Benfica por 3-1. Rivera é galardoado co segundo posto no Balón de Ouro (Balón de Prata) só por detras do gardamallas soviético Lev Yashin.
En 1968, Rivera gaña co AC Milan o título de liga e a Recopa. Coa selección italiana vence na Eurocopa de Fútbol 1968. Ao ano seguinte faríase coa Copa de Europa e por fin lle é concedido o Balón de Ouro.
Tamén participou coa selección italiana nos mundiais de 1970 e 1974 ficando subcampión no primeiro deles.
Gaña o seu derradeiro scudetto en 1979, ano no que se retira do fútbol. En total. xogou 501 encontros co AC Milan, anotando 160 goles.
Tra-lo seu retiro, Rivera entrou na vida política italiana, convertíndose nun dos membros do Parlamento Italiano.
Foi nomeado por Pelé coma un dos 125 mellores futbolistas vivos
[editar] Títulos gañados
- 4 Copa Italianas (1967, 1972, 1973, 1977)
- 3 Ligas italianas (1962, 1968, 1979)
- 2 Recopa de Europa (1968, 1973)
- 2 Copas de Europa (1963, 1969)
- 1 Balón de Ouro (1969)
- 1 Balón de Prata (1963)
- 1 Subcampeonato do mundo de seleccións (1970)
- 1 Máximo anotador da liga italiana (1973)
- 1 Copa Intercontinental (1969)
- 1 Eurocopa de seleccións (1968)