Mundial de Fútbol México 1970
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mundial de Fútbol México 1970 | |
---|---|
Equipos participantes | 70 (Na fase final: 16) |
País | México |
Campións | Brasil (3º título) |
Encontros xogados | 32 |
Goles anotados | 95 (2.97 por encontro) |
Espectadores | 1,673,975 (52,312 por encontro) |
Máximo anotador | Gerd Müller (FRG) 10 goles |
O campionato de 1970 foi desputado en México. O Brasil resultou vencedor unha vez máis derrotando á Italia na final por 4 a 1. Este foi o terceiro mundial que gañou Pelé e tamén o derradeiro que xogou.
O formato da competición seguía a se-lo mesmo que catro anos atrás: 16 equipos clasificados para a fase final, que se dividen en catro grupos de catro. Os dos primeiros de cada un clasifícase para os cuartos de final. A partires de eiquí son eliminatorias a un só partido.
Sendo a terceira victoria do combinado brasileiro, ficaron coa Copa Jules Rimet en propiedade, tal como se estableceu na fundación do torneo. Os outros campionatos foron en 1958 e 1962. O adestrador brasileiro Mario Zagallo foi o primeiro en ser campión do mundo de xogador, nos dous títulos anteriores, e de adestrador.
Os propios brasileiros maravillaron ó mundo cun equipo que segue e ser considerado como o mellor que endexamáis pisou un terreo de xogo. O ataque estaba formado por Jairzinho, Gerson, Tostao, Pelé e Rivelino. O propio Jairzinho ten o record de marcar en tódolos encontros ó menos un gol, marca non repetida nin superada. O xermano Gerd Muller rematou como máximo artilleiro do torneo, con 10 goles en 6 encontros.
Un encontro memorable, á marxe dos desputados por Brasil foi a semifinal que enfrontou a Italia e a Alemaña Federal. Preto do remate do encontro gañaba o equipo italiano por 1 a 0, cando no último minuto o defensa xermano Karl-Heinz Schnellinger anotou o tanto do empate. Con este resultado, foise á prórroga. Aquí Franz Beckenbauer, mancouse o ombreiro e como o seu equipo estaba xa sen a posibilidade de facer trocos tivo que seguir a xogar con brazo en cabestrillo. Estes trinta minutos diron para cinco goles, xa que tras varias alternativas no marcador o resultado final foi de 4-3 para Italia.
Índice |
[editar] Primeira Rolda
[editar] Grupo A
Team | Pts | Pld | W | D | L | GF | GA | GD |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
URSS | 5 | 3 | 2 | 1 | 0 | 6 | 1 | 5 |
México | 5 | 3 | 2 | 1 | 0 | 5 | 0 | 5 |
Bélxica | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 5 | -1 |
O Salvador | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0 | 9 | -9 |
31 de maio, Estadio Azteca, Mexico City - México 0 - 0 URSS
3 de xuño, Estadio Azteca, Mexico City - Bélxica 3 - 0 O Salvador
6 de xuño, Estadio Azteca, Mexico City - URSS 4 - 1 Bélxica
7 de xuño, Estadio Azteca, Mexico City - México 4 - 0 O Salvador
10 de xuño, Estadio Azteca, Mexico City - URSS 2 - 0 O Salvador
11 de xuño, Estadio Azteca, Mexico City - México 1 - 0 Bélxica
[editar] Grupo B
Team | Pts | Pld | W | D | L | GF | GA | GD |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Italia | 4 | 3 | 1 | 2 | 0 | 1 | 0 | 1 |
Uruguai | 3 | 3 | 1 | 1 | 1 | 2 | 1 | 1 |
Suecia | 3 | 3 | 1 | 1 | 1 | 2 | 2 | 0 |
Israel | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 1 | 3 | -2 |
2 de xuño, Estadio Cuauhtémoc, Puebla - Uruguai 2 - 0 Israel
3 de xuño, Estadio Luis Dosal, Toluca - Italia 1 - 0 Suecia
6 de xuño, Estadio Cuauhtémoc, Puebla - Uruguai 0 - 0 Italia
7 de xuño, Estadio Luis Dosal, Toluca - Israel 1 - 1 Suecia
10 de xuño, Estadio Cuauhtémoc, Puebla - Suecia 1 - 0 Uruguai
11 de xuño, Estadio Luis Dosal, Toluca - Italia 0 - 0 Israel
[editar] Grupo C
Team | Pts | Pld | W | D | L | GF | GA | GD |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Brasil | 6 | 3 | 3 | 0 | 0 | 8 | 3 | 5 |
Inglaterra | 4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 2 | 1 | 1 |
Selección nacional de fútbol de Romanía | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 5 | -1 |
República Checa | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 7 | -5 |
2 de xuño, Estadio Jalisco, Guadalajara - Inglaterra 1 - 0 Selección nacional de fútbol de Romanía
3 de xuño, Estadio Jalisco, Guadalajara - Brasil 4 - 1 República Checa
6 de xuño, Estadio Jalisco, Guadalajara - Selección nacional de fútbol de Romanía 2 - 1 República Checa
7 de xuño, Estadio Jalisco, Guadalajara - Brasil 1 - 0 Inglaterra
10 de xuño, Estadio Jalisco, Guadalajara - Brasil 3 - 2 Selección nacional de fútbol de Romanía
14 de xuño, Estadio Jalisco, Guadalajara - Inglaterra 1 - 0 República Checa
[editar] Grupo D
Team | Pts | Pld | W | D | L | GF | GA | GD |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alemaña Occidental | 6 | 3 | 3 | 0 | 0 | 10 | 4 | 6 |
Perú | 4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 7 | 5 | 2 |
Bulgaria | 1 | 3 | 1 | 0 | 2 | 5 | 9 | -4 |
Marrocos | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 2 | 6 | -4 |
2 de xuño, Estadio Guanajuato, León - Perú 3 - 2 Bulgaria
3 de xuño, Estadio Guanajuato, León - Alemaña Occidental 2 - 1 Marrocos
6 de xuño, Estadio Guanajuato, León - Perú 3 - 0 Marrocos
7 de xuño, Estadio Guanajuato, León - Alemaña Occidental 5 - 2 Bulgaria
10 de xuño, Estadio Guanajuato, León - Alemaña Occidental 3 - 1 Perú
11 de xuño, Estadio Guanajuato, León - Marrocos 1 - 1 Bulgaria
[editar] Cuartos de final
14 de xuño, Estadio Guanajuato, León - Alemaña Occidental 3 - 2 (AET) Inglaterra
14 de xuño, Estadio Jalisco, Guadalajara - Brasil 4 - 2 Perú
14 de xuño, Estadio Luis Dosal, Toluca - Italia 4 - 1 México
14 de xuño, Estadio Azteca, Mexico City - Uruguai 1 - 0 (AET) URSS
[editar] Semifinais
17 de xuño, Estadio Jalisco, Guadalajara - Brasil 3 - 1 Uruguai
17 de xuño, Estadio Azteca, Mexico D.F. - Italia 4 - 3 (AET) Alemaña Occidental
[editar] 3º e 4º posto
20 de xuño, Estadio Azteca, Mexico D.F. - Alemaña Occidental 1 - 0 Uruguai
[editar] Final
21 de xuño, Estadio Azteca, México D.F. - Brasil 4 - 1 Italia
Espectadores: 107,412
Arbitro: Rudolf Glöckner (R.D.A.)
Goles: Pelé (BRA) 18', Boninsegna (ITA) 37', Gérson (BRA) 66', Jairzinho (BRA) 71', Carlos Alberto (BRA) 86'.