Gian Lorenzo Bernini
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gian Lorenzo Bernini (7 de decembro, 1598, Nápoles – 28 de novembro, 1680, Roma) foi un prominente escultor e arquitecto na Roma do século XVIII.
Foi un dos máis fieis intérpretes da arte contrarreformista e da renovación católica romana, a súa visión artística é escenográfica e teatral. Son fundamentais as súas achegas ó nacemento da arte barroca. Tras as súas primeiras esculturas para o cardeal Borghese, con múltiples puntos de vista e dinamismo pleno de realidade, comezou en 1624 o seu labor en San Pedro: o baldaquino, a cátedra, as tumbas de Urbano VIII e Alexandre VII caracterizadas por invencións variadas e sorprendentes, movemento e espectacularidade, integración de artes, tipos e materiais e alegorías cristiáns. A columnata exterior, tamén obra súa, relaciona a igrexa co espazo exterior como sucede coas fachadas do palacio Barberini e das súas igrexas, na cal os valores plásticos superan ós espaciais.