Emigración
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Acción e efecto de emigrar: deixar o propio país para ir vivir a outro. Tamén por extensión se denomina emigración ós movementos de poboación que se producen dentro do propio país. O termo emigración refírese ademáis ó conxunto de habitantes que trasladan o seu domicilio; xa sexa por un tempo ilimitado ou temporalmente, dun país, rexión ou pobo a outro distinto.
Aínda que se trata do mesmo fenómeno, denomínase inmigración cando o punto de observación é o da recepción de masas migratorias e emigración cando o fenómeno é observado dende o lugar emisor.
As razóns que empuxan a emigrar ó ser humano polo miúdo responden a unha necesidade de carácter vital que pode ser suscitada por cuestións de restricción económica, política e/ou medioambiental.
Na actualidade os países cun índice meirande de emigración son os de África, Sudamérica, e Asia, ós que o ser humano civilizado deu en chamar países do Terceiro Mundo ou países en vías de desenvolvemento.