Gaélico escocés
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O gaélico escocés (Gàidhlig) é unha lingua céltica falada hoxe en día nalgunhas illas de Escocia e tamén no norte do país; é falada só por 70.000 persoas ainda que en tempos foi a lingua maioritaria do país. Recentemente fixeronse intentos por recuperar esta lingua fortemente reprimida durante séculos e mesmo se declarou a súa cooficialidade co inglés.
O gaélico escocés é membro da rama goidélica das linguas celtas, que inclúe tamén as variantes de Irlanda e de Manx. Provén do irlandés antigo, xa que chegou desde Irlanda a Escocia a partir do século IV. Denomínase sempre gaélico escocés e non gaélico (para diferencialo destoutras dúas variantes) ou escocés (para non confundilo co scots ou co dialecto escocés do inglés).
Índice |
[editar] Historia
O gaélico escocés é a lingua tradicional dos escoceses ou gaélicos e a lingua histórica da maior parte de Escocia. Non está claro desde cando se fala gaélico en Escocia. Ainda que hai quen afirma que se falaba en Argyll antes da chegada dos romanos, parece que a data máis segura é o século IV, co reino de Dál Riata, que uniu a antiga provincia do Ulster, no norte de Irlanda, co oeste de Escocia, acelerando así a expansión do gaélico, ao que tamén contribuíu o establecemento da igrexa gaélico-falante. A toponimia parece indicar que o gaélico xa se falaba no século V.
Esta lingua acabou por desprazar a dos pictos ao norte do río Forth e, até finais do século XV, coñecíase en inglés como Scottis. O seu declinio comezou no continente a comezos do século XIII; dous séculos máis tarde existía xa a divisoria Terras Altas/Terras Baixas.
A comezos do século XVI, os falantes de Inglis chamábanlle ao gaélico Erse, isto é, irlandés, pasando a ser Scottis a colección de dialectos de inglés medio falados no reino da Escocia, e daí o moderno Scots. No entando, o gaélico ocupa ainda un lugar especial na cultura escocesa e non foi nunca deslocado totalmente da súa consideración como lingua nacional. Moitos escoceses, fálenno ou non, consideran que fai parte fundamental da súa cultura nacional, se ben tamén hai quen o considera unha mera lingua rexional das Terras Altas e das illas.
O gaélico conta cunha tradición oral (beul aithris) e escrita moi ricas, tendo sido a lingua da cultura bárdica dos clans das Highlands durante varios séculos. A lingua preservou o acervo e adhesión a leis e costumes pre-feudais (como se ve, por exemplo, no uso das expresións tuatha e dùthchas). Sofriu escpecialmente coas perseguicións padecidas polos habitantes das terras altas a seguir a Batalla de Culloden en 1746 e durante os Desaloxos das Highlands. Certas actitudes pre-feudais ainda se ven nas queixas e reclamacións da Liga Agraria das Highlands de finais do século XIX.
É posíbel distinguir entre gaélico das Highlands, que correspondería co que se coñece como gaélico escocés e gaélico das Terras Baixas, agora extinto. Este último falábase no sul de Escocia antes da instrodución do scots das Terras Baixas. Porén, non hai probas da existencia dunha fronteira lingüística entre o norte e o sul, como tampouco entre Argyll e Galloway. Os dialectos nas dúas marxes do Estreito de Moyle, que ligaban o gaélico escocés co irlandés, tamén están exitintos hoxe en día.
[editar] Distribución actual en Escocia
Segundo o Censo do Reino Unido de 2001, hai perto de 60.000 falantes de gaélico en Escocia (1,2% da poboación de máis de tres anos). Comparado co de 1991, diminuiron en máis de 7.3000 (11% do total), o que mostra que o declinio do gaélico en Escocia continúa.
Xa non hai parroquia en Irlanda cunha proporción de gaélico-falantes superior ao 75%; as que máis se aproximan son Barvas e Lewis e Harris. Nengunha parroquia do continente conta cunha proporción superior ao 25%; os valores máis altos atópanse en Lochalsh, nas Terras Altas, co 20,8%.
O bastión da lingua continúan a ser as Illas Occidentais (Na h-Eileanan Siar), nas que a proporción supera o 60% e todas as parroquias o 50%. Hai máis do 20% en todas as illas de Skye, Raasay, Tiree, Islay e Colonsay.
No entando, a importancia do gaélico en Escocia vese moi reducida. Dun dotal de 900 parroquias:
- Só 9 superan o 50% de gaélico-falantes.
- Só 20 superan o 25%.
- Só 39 superan o 10%.
[editar] Ortografía
O alfabeto moderno do gaélico escocés ten dezoito letras:
- A, B, C, D, E, F, G, H, I, L, M, N, O, P, R, S, T, U
O letra h, utilizada agora sobretodo para indicar a lenición dunha consoante, non se empregaba na ortografía antiga, xa que a lenición se indicaba cun punto sobre a consoante. As letras do alfabeto recibían nomes tradicionais segundo árbores: ailm (olmo), beith (bidueira), coll (avelaira), dair (carballo), etc., ainda que xa non se fai así.
A calidade das consoantes indícase en parte coas vogais que as arrodean. As vogais clasifícanse como caol ("delgadas", ou sexa, e e i) ou leathann ("anchas", ou sexa, a, o e u). A regra ortográfica é caol ri caol is leathann ri leathann ("delgada a delgada e ancha a ancha"). As consoantes delgadas palatalízanse, encanto que as anchas velarízanse.
Debido a esta regra ortográfica, un grupo consonántico interior débese rodear de vogais da mesma calidade para indicar a súa pronunciación sen ambigüidade, dado que algunhas consoantes mudan a súa pronunciación dependendo de se rodean con vogais anchas ou delgadas. Por exemplo, o t de slàinte ([slaːntʃə]) co t de bàta ([paːtə]).
Esta regra non afecta a pronunciación das vogais. Por exemplo, os plurais en gaélico fórmanse habitualmente co sufixo an: bròg, [proːk] ("zapato")/brògan, [proːkən] (zapatos). Mais, debido á regra ortográfico, o sufixo escríbese -ean (ainda que pronunciado igual) após unha consoante delgada, como en taigh, [tʰɤj] ("casa")/taighean, [tʰɤjən] ("casas").
A partir de 1976, a Comisión de Exames de Escocia introduciu determinadas modificacións a esta regra. Por exemplo, o sufixo do participio de pasado sempre se escribe -te, mesmo após unha consoante ancha, como en togte ("elevado"), e non o tradicional togta.
Cando coinciden pares de vogais, non sempre está claro que vogal se debe pronunciar e cal se introduciu para satisfacer esta regra ortográfica.
As vogais acentuadas omitidas na fala tamén se poden omitir na escrita informal. Por exemplo:
- Tha mi an dòchas ("Espero") > Tha mi 'n dòchas
Unha vez aprendidas as regras ortográficas, a pronuncia dos textos escritos resulta bastante predicíbel.
[editar] Pronunciación
A maioría das letras pronúnciase de maneira semellante a outras linguas europeas. As consoantes anchas t e d e, con frecuencia, n teñen unha articulación dental (como en irlandés e as linguas románicas e eslavas, en contraste coa articulación alveolar típica do inglés e outras linguas xermánicas. O r non palatal é unha vibración alveolar, como o rr do galego.
As consoantes oclusivas "sonoras" b, d, g non o son nen gaélico, senón máis ben non aspiradas xordas. As oclusivas "xordas" p, t, c son xordas e pronúncianse cunha aspiración forte (postaspiradas en posición inicial, preaspiradas en posición medial ou final). O gaélico comparte esta propiedade co islandés. Nalgúns dialectos gaélicos, as oclusivas ao comezo dunha sílaba acentudada sonorizan se as sigue unha consoante nasal. Por exemplo, taigh ("unha casa") é [tʰɤi], mais an taaigh, ("a casa") é [ən dʰɤi]. Tamén tombaca ("tabaco"), [tʰomˈbaxkə].
As consoantes con lenición teñen pronuncias especiais: bh e mh son [v]; ch é [x] ou [ç]; dh, gh é [ʝ] ou [ɣ]; th é [h], [ʔ] ou mudo. A lenición de l, n e r non se mostra na escrita.
fh é case sempre mudo, con só tres excepcións: fhèin, fhathast e fhuair, en que se pronuncia [h].
Radical | Lención | ||||
---|---|---|---|---|---|
Ortografía | Ancha | Delgada | Ortografía | Ancha | Delgada |
b | [p] | [p] | bh | [v] | [v] |
c | [kʰ, xk] | [kʰʲ, çkʲ] | ch | [x] | [ç] |
d | [t] | [tʃ] | dh | [ɣ] | [j] |
f | [f] | [f] | fh | silent | silent |
g | [k] | [kʲ] | gh | [ɣ] | [j] |
l | [ɫ] | [ʎ] | l | [ɫ] | [l] |
m | [m] | [m] | mh | [v] | [v] |
n | [nɰ] | [ɲ] | n | [n] | [n] |
p | [pʰ, hp] | [pʰ, hp] | ph | [f] | [f] |
r | [r] | [r] | r | [r] | [ɾʲ] |
s | [s] | [ʃ] | sh | [h] | [h] |
t | [tʰ, ht] | [tʃʰ, htʃ] | th | [h] | [h] |
Hai determinados rasgos que convén facer notar:
- O acento recae habitualmente na primeira sílaba: por exemplo drochaid ("unha ponte"), [ˈtroxatʃ].
- Insírense vogais epentéticas entre determinadas consoantes adxacentes, en concreto as vibrantes (l ou r) e certas consoantes das seguintes:
- tarbh ("touro") — [tʰarav]
- Alba ("Escocia") — [alapa].
- O schwa ([ə]) ao final dunha palabra pérdese se vai seguido dunha palabra que comeza por voga. Por exemplo:
- duine ("un home") — [ˈtɯnʲə]
- an duine agad ("o teu home") — [ən ˈdɯnʲ akət]
[editar] Gramática
O gaélico escocés é unha lingua flexiva. Os substantivos indican a súas relacións por medio de casos gramaticais (nominativo, vocativo, xenitivo e dativo, segundo a terminoloxía utilizada nas gramáticas tradicionais). Os verbos conxúganse para indicar tempo gramatical (os tempos simples son o pasado e o futuro; os tempos compostos son continuos (presente, pasado e futuro). Hai tamén modo gramatical (indicativo, imperativo, subxuntivo) e voz gramatical (activa e pasiva).
O gaélico comparte con outras linguas celtas determinado número de rasgos gramaticais interesantes:
- Orde sintáctica Verbo+Suxeito+Obxecto, unha tipoloxía relativamente infrecuente nas linguas do mundo.
- pronomes prepositivos: os pronomes e a maioría das preposicións fusiónanse en formas compostas, tales como agam ("en min"), agad ("en ti"), ris ("para el").
- Inexistencia do verbo haber. No seu lugar, a posesión exprésase preposicionalmente, com aig (isto é, dicindo que algo está en unha persoa:
- tha taigh agam — Teño unha casa (lit. unha casa está en min)
- an cat aig Iain — O gato de Xoán (lit. o gato en Xoán)
- Pronomes enfáticos: distínguese entre pronomes ordinarios, como mi e thu e os seus equivalentes enfáticos mise, thusa, etc., que expresan contraste con outras persoas. Por exemplo:
- tha i bòidheach — ela é linda
- tha ise bòidheach — ela é linda (en contraste con outra persoa)
O énfase gramatical transfírese a outras situacións:
- an taigh aicese — a casa dela
- chuirinn-sa — eu poría
- na mo bheachd-sa — na miña opinión
- Cópula: o gaélico conta con dous verbos tipo ser/estar: tha adscribe unha propiedade a un nome ou pronome; is utilízase para identificar un nome ou pronome como complemento (Is pódese usar para adscribir unha descrición a un nome ou pronome, mais habitualmente este uso redúcese a expresións fixas como, por exemplo, 'Is beag an t-iongnadh' (lit. "É pequena a sorpresa") ou 'Is e Gàidheal a th'annam' (lit. "Hai un Gaélico en min"):
- tha mise sgìth — Estou canso.
- is mise Eòghann — Son Ewan.
Porén, é posíbel utilizar tha para decir que unha cousa é outra converténdoa nunha propiedade:
- tha mi nam Albannach — Son escocés. (lit. Estou no meu escocés.)
- Is e Albannach a th' annam — Son escocés. (lit. é un escocés que está en min).
[editar] Artigos
O gaélico conta con artigo definido, mais non con artigo indefinido:
- an taigh — "a casa"
- taigh — "(unha) casa)
A forma do artigo (definido) depende do número gramatical, do xénero gramatical, do caso gramatical e do son inicial do substantivo.
(i). an, am, e an t- utilízanse con substantivos en nominativo masculino singular:
- an cat — "o gato" (tamén para substantivos que non poden levar lenición)
- am balach — "o rapaz" (substantivos que comezan con consoantes labiais)
- an t-òran — "a cantiga" (substantivos que comezan por vogal)
(ii). a' utilízase antes dunha consoante con lenición; hai dous casos:
- a' chaileag — "a rapaza" (nominativo e dativo femininos)
- leis a' bhalach — "co rapaz" (dativo e xenitivo masculinos)
(iii). na e na h- (antes de vogal) utilízanse no xenitivo feminino singular:
- na mara — "do mar"
- na h-Alba — 'de [a] Escocia'
(iv). na e na h- (antes de vogal) utilízanse no nominativo e dativo plurais de ambos os dous xéneros:
- na cait — "os gatos"
- na h-àireamhan — "os números"
(v). nan ou nam (antes dunha labial) utilízanse no xenitivo plural:
- nan cat — "dos gatos"
- nam balach — "dos rapaces"
[editar] Recoñecemento oficial
Após séculos de perseguición, prexuízo e abandono, o gaélico adquiriu recentemente recoñecemento oficial coa aprobación da Lei Escocesa da Lingua Gaélica (21 de abril de 2005).
Ademáis de ensinarse nas escolas, nalgunhas mesmo como medio de instrución, tamén se usa nos concellos das Illas Occidentais, Comhairle nan Eilean. A BBC ten unha emisora de radio en gaélico (Radio nan Gaidheal), que con frecuencia retransmite en conxunto coa Raidió na Gaeltachta da República de Irlanda, e hai tameń programas de televisión na BBC e na ITV, normalmente subtitulados en inglés.
A rotulación das estradas é bilíngüe na actualidade, especialmente nas Highlands. Os mapas oficiais están a adoptar a toponimia gaélica.
Historicamente, o gaélico escocés non ten recibido o mesmo nivel de recoñecemento oficial por parte do goberno británico que o galés, e só recibiu maior atención a raiz da Devolución.
En 2005 creouse o primeiro instituto de educación secundaria no que a instrución é en gaélico. Existen varias escolas de primaria que xa o fan.
En Nova Escocia viven entre 500 e 1.000 falantes nativos, a maioría anciáns.
[editar] Toponimia
Os seguintes son nomes, ben de orixe gaélica, ben doutra orixe coa súa tradución gaélica: The following are names of either Gaelic origin or of other origin with their Gaelic translation:
- Aberdeen — Obar Dheathain
- Aberfoyle - Obar Phuill
- Aviemore - an Aghaidh Mòr
- Dingwall - Inbhir Pheofharan
- Dumfries — Dùn Phris
- Dundee — Dùn Dèagh
- Dumbarton - Dùn Breatann
- Edimburgo — Dùn Èideann
- Fort William — An Gearasdan
- Glasgow — Glaschu
- Gleneagles - Gleann na h-Eaglais
- Inchinnan - Innis Fhionghain
- Inverness — Inbhir Nis
- Kilmarnock - Cill Mhearnaig
- Paisley — Pàislig
- Perth — Peairt
- St Andrews - Cill Rimhinn
- Stirling — Sruighlea
- Stornoway — Steòrnabhagh
[editar] Antropónimos
Para algúns antropónimos gaélicos, tales como Aonghas, Dòmhnall, Donnchadh, Coinneach e Murchadh, existen formas tradicionais en inglés (Angus, Donald, Duncan, Kenneth, Murdo). Outros nomes de persoa son comúns a outras linguas europeas, como Iain (Xoaán), Alasdair (Alexandre), Uilleam (Guillerme), Caitrìona (Catarina), Cairistìona (Cristina), Anna (Ana), Màiri (María). Algúns proveñen do noruegués antigo, como Somhairle ( < Somarliðr), Tormod (< Þórmóðr), Torcuil (< Þórkell, Þórketill), Ìomhair (Ívarr). Outros non teñen eqivalente, como Oighrig, Diorbhal, Gormul ou Beathag.
Moitos destes considéranse anticuados e xa non se usan. Dado que son moi poucos os nomes tradicionais gaélicos a escoller, algunhas familias están a empregar nomes ingleses.
A clase máis frecuente de apelidos gaélicos e, por suposto, os que comezan con mac ("fillo" en gaélico), como MacGillEathain (MacLean). A forma feminina é "nic": Catherine MacPhee é Caitrìona Nic a' Phì.
Varios apelidos frecuentes proveñen dos nomes das cores: bàn (Bain - branco), ruadh (Roy - vermello), dubh (Dow - negro), donn (Dunn - marrón), buidhe (Bowie - amarelo).
[editar] Empréstimos
A maior parte do vocabulario do gaélico escocés é celta. Existen numerosos empréstimos tomados do latín (muinntir, Didòmhnaich), o grego antigo, especialmente de tipo relixioso (eaglais, Bìoball de Ekklesia e Biblia), o noruegués antigo (eilean, sgeir), o hebreu (Sàbaid, Aba) e o Scots (briogais, aidh).
En común con outras linguas indo-europeas, os neoloxismos para conceptos modernos baséanse frecuentemente no grego e no latín: televisión é telebhisean (cian-dhealbh tamén se podería usar), and computador resulta en coimpiùtar (aireamhadair, bocsa-fiosa ou bocsa-sgrìobhaidh tamén se poderían usar). Ainda que os falantes nativos utilizan con frecuencia palabras inglesas para as que existe un equivalente en gaélico, fanno sen pensalo e adaptando as regras da gramática gaélica. Cos verbos, por exemplo, simplemente engaden o sufixo verbal (-eadh, ou, en Lewis, -igeadh, como por exemplo en, Tha mi a' watcheadh (Lewis, watchigeadh) an telly'' (Estou vendo [watch] a "tele").
O gaélico escocés ten influenciado o scots e o inglés. Entre os empréstimos resaltan whisky, slogan, brogue, jilt, clan, strontium, trousers, ben, glen e loch.
[editar] Palabras e frases frecuentes en gaélico escocés
- Fàilte [ˈfaːlʧə] "Benvido!
- Halò [ˈhaloː] "Olá!"
- Ciamar a tha thu? [ˈkʰjɛməɾə ˈhau] "Que tal estás?" (singular, informal)
- Ciamar a tha sibh? [ˈkʰjɛməɾə ˈhaʃu] "Como están/Como está vostede?" (plural, singular, formal)
- Tha mi gu math [ˈhami kəˈmã] "Estou ben"
- Ciamar a tha thu fhèin? [ˈkʰjɛməɾə ˈhau ˈheːn] "E ti, como estás?" (singular, informal)
- Ciamar a tha sibh fhèin? [ˈkʰjɛməɾə ˈha ʃɪˈpʰeːn] "E vós/E vostede?" (plural; singular, formal)
- Tapadh leat [ˈt̪ʰaʰpə lɛʰt̪] "Grazas" (singular, informal)
- Tapadh leibh [ˈt̪ʰaʰpə ləv] "Grazas" (plural; singular, formal)
- Dè an t-ainm a tha ort? [ʧeːn ˈt̪ʰɛnəmə hɔɹʃt̪] "Como te chamas?" (singular informal)
- Dè an t-ainm a tha oirbh [ʧeːn ˈt̪ʰɛnəmə hɔɾəv] "Como vos chamades/Como se chama vostede?" (plural; singular, formal)
- Is mise ... [ˈsmiʃə] "Eu son ... " (ou sexa "o meu nome é...")
- Mar sin leat [ˈmaɹʃin lɛʰt̪] "Adeus!" (singular, informal)
- Mar sin leibh [ˈmaɹʃin lev] "Adeus" (plural, singular, formal)
- Slàinte [ˈsl̴aːɲʧə] Literalmente "saúde", usado para brindar ao beber