Antropónimo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nome propio de persoa. A ciencia que estuda os nomes propios de persoa é a antroponimia, unha das ramas da onomástica, que estuda os nomes propios de toda índole.
A conversión de antropónimos en nomes comúns constitúe un procedemento de acrecentamento lexical:
-
- Paio e Xoán funcionan como adxectivos ou substantivos pexorativos, se ben normalmente en diminutivo: paiolas, paifoco, pailán (paiolas en Wikidicionario); xanciño, Xan debaixo da cama (xan en Wikidicionario).
- fauna < FAUNA, deusa da fecundidade
- pantalón < fr. Pantalone < it pantalone, personaxe da comedia
- galeno < GALENUS, médico de Pérgamo no séc II
- mecenas < MAECENAS -ATIS, cabaleiro romano (68 a.C.) que protexía a artistas
- quinqué < nome do inventor (XVIII)
- guillotina < nome do inventor (XVIII)
- bechamel < fr. Béchamel, nome do inventor (XVII)
- formica < marca comercial
- uralita < marca comercial
- mistos < marca comercial