Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Sílaba - Wikipedia

Sílaba

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

[editar] Definición

Conxunto de realizacións que se pronuncian nun mesmo golpe de voz. O galego ten unha ampla maioría de sílabas libres fronte a unha reducida cantidade de sílabas trabadas. O galego ten 23 tipos de combinacións de vogal (V) e consoante (C) para formar sílabas:

  • V: A-no;
  • CV: PA-sa;
  • VV: ma-IO;
  • VC: AN-dei;
  • VV: OU-ro;

  • CCV: PRA-ta;
  • CVV: QUIE-to e BEI-zo;
  • CVC: CAR-tos;
  • VVC: IAN-que e AUS-cul-tar;
  • VCC: EX-pi-rar;

  • CVCC: CONS-ter-nar;
  • CVVC: bru-TAIS;
  • CCVC: CRIS-ta;
  • CCVV: en-TREI;
  • CVVV: a-ve-ri-güei;

  • CCVCC: TRANS-por-te;
  • CVVCC: GUIAR;
  • CVVVC: ca-MIÓNS;
  • CCVVC: i-GUAIS e tri-mes-TRAIS;
  • CCVVVC: mens-TRUAIS;

Como se pode ver, as sílabas galegas teñen entre un e seis fonemas e sempre contan cunha vogal. As vogais da sílaba poden ser núcleo ou marxe nos ditongos e tritongos. Os principais grupos consonánticos que aparecen depende da súa distribución: en posición explosiva (prenuclear) adoitan ser unha oclusiva ou /f/ e mais unha líquida (/l/ ou /r/) mentres que en posición implosiva (posnuclear) adoita ser a segunda consoante un /s/.

[editar] Concepto

Se partimos desde o trazo ideal máis pequeno ata a unidade superior da lingua encontrarémonos cunha serie de graos na análise. O punto de partida son os trazos distintivos, que se integran no fonema. A unidade superior ó fonema, en que se agrupan estes, é a sílaba. Non existe unha definición de sílaba aplicable a tódalas linguas, como tampouco a temos de palabra. A palabra e a sílaba son unidades que o individuo recoñece gracias á súa competencia linguística.

A sílaba é unha agrupación de fonemas que obedece a unha determinada regulamentación. Do mesmo modo que a combinación de trazos distintivos con suxeición a determinadas esixencias xera a totalidade de fonemas e arquifonemas da lingua, así tamén a combinación de fonemas e arquifonemas con suxeición a determinadas leis xera as unidades de orde superior, as sílabas; e da mesma maneira que coñecendo os trazos distintivos e as leis que regulan as súas combinacións podemos saber o número de fonemas, así tamén coñecendo o número de fonemas e as leis que regulan as súas combinacións podemos coñecer o número de sílabas.

Agora ben, mentres o fonema ten como función específica a distintiva, a función da sílaba parece estar constituída exclusivamente polo agrupamento de fonemas e o contraste no seu seo duns segmentos con outros. Podería logo definirse a sílaba como unha unidade de contrastes (Veiga, 1976). Mais non é este o único aspecto que opón fonemas a sílabas, pois mentres que a existencia dos primeiros parece ser unha esixencia da linealidade do texto e da necesidade de poder cun pequeno número de elementos compoñer un número infinito de textos, é dicir, unha esixencia da natureza funcional da linguaxe; as segundas parecen estar determinadas por causas fisiolóxicas, polos movementos dos músculos torácicos, o cal non exclúe a posibilidade do seu emprego con finalidades puramente lingüísticas

[editar] Partes da sílaba

Na sílaba hai que considerar tres fases que interveñen na súa formación:

  • Unha fase inicial que tende desde apechazón dos órganos articulatorios ata unha maior abertura. É a explosión.
  • Unha fase culminante ou central que é o eixo ou sotén da sílaba. É a parte da sílaba capaz de ser portadora de propiedades prosódicas: o acento.
  • Unha fase final que tende desde a abertura ata a pechazón. Recibe o nome de implosión.

O primeiro grande contraste, a primeira grande distribución dos fonemas da nosa lingua prodúcese a nivel da sílaba: é o contraste vogal / consoante. O contraste entre aqueles fonemas que ocupan un lugar central e os que ocupan un lugar marxinal. O lugar central denomínase punto silábico, núcleo, ápice ou centro da sílaba, e pode constituír sílaba por si só, mais non é permisible que falte nunca: é unha constante; pode ir precedido, seguindo a terminoloxía máis frecuente desde Saussure, dunha marxe consonántica, que chamaremos marxe explosiva, e seguido dunha outra marxe, tamén consonántica, implosiva. As marxes explosiva e implosiva son variables, pois a súa presencia conxunta ou por separado non é necesaria para a existencia da sílaba.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com