Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Laponia - Wikipedia

Laponia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Laponia (Sápmi en sami, Lappi en finlandés, Lappland en sueco e noruegués) é o nome dunha rexión cultural habitada polo pobo dos sami.

Image:LocationSapmi.png Bandeira sami


Abrangue unha parte dos asentamentos dos sami, pobo indíxena antigamente chamado lapón (mais esta palabra ten unha orixe pexorativa).

O territorio no cal se asentan os sami nunca tivo unidade como estado, e hoxe en día este territorio está repartido entre Noruega, Suecia, Finlandia e Rusia. En concreto, Laponia comprende o norte da Península Escandinava; composta por Suecia, Noruega e unha parte de Finlandia; asemade da Península de Kola.

Actualmente os sami son tan só unha minoría na rexión de Laponia.


Índice

[editar] Área

A área que abrangue Laponia exténdese principalmente ao norte do Círculo Polar Ártico. A parte occidental é unha área de fiordes, vales profundos, glaciares e montañas; sendo o Monte Kebnekaise, na Laponia Sueca, o punto de maior altitude, con 2.111 m.

Máis ao leste, o terreo é unha baixa meseta que contén pantanos e lagos; dos cales o máis grande e importante é o Lago Inari, na Laponia Finlandesa. A parte máis oriental exténdese pola rexión onde se dá a tundra.


[editar] Clima

O clima desta rexión do norte de Europa é subártico con escasa vexetación, agás na zona meridional que está ricamente arborada. A costa montañosa occidental ten uns invernos moito máis suaves e máis precipitacións que as áreas que se atopan ao leste da cadea montañosa.

A rexión contén importantes xacementos de minerais, en concreto; ferro en Suecia, cobre en Noruega, e níquel e apatita en Rusia.

A fauna está composta principalmente por renos, lobos, osos, así como de aves mariñas e terrestres. Na rexión hai numerosas explotacións pesqueiras, tanto nos ríos coma no mar. Nalgúns lagos viaxan barcos de vapor e algúns portos están libres de xeo durante todo o ano. Todos os portos no Mar de Noruega e no Mar de Barents ata Murmansk están libres de xeo todo o ano. O Golfo de Bothnia soe conxelarse no inverno.


[editar] Denominación

Na Galiza o termo co que tradicionalmente se coñece a esta rexión é o de Laponia, empregándose o adxectivo lapón para a persoa ou lingua(s) orixinarias desta rexión. Mais ha de terse en conta a orixe pexorativa da palabra lapón; en noruegués e sueco lapp significa farrapo ou anaco de tea co que se remenda unha peza de roupa. Cómpre sinalar que os sami empregan a palabra Sápmi para se referir á rexión na que habitan.


[editar] Historia

Téñense atopado restos en Sápmi dunha cultura baseada na caza e na pesca que datan do Neolítico.

Os sami empezaron a poboar a rexión a partir do ano 100 a.C.

Dende o S.XVII os sami comezaron a ser arrecunchados cara ao norte pola poboación campesiña de Suecia. Pasaron da caza do reno á súa cría, e deixaron de ser nómades mudando ao sedentarismo.

A cristianización dos sami foi un proceso moi lento e longo; as primeiras igrexas foron construídas no S.XII polos noruegueses, mais a verdadeira expansión do cristianismo chegou no S.XVIII, sen que puidese chegar a substituír o anismo, que segue a existir aínda hoxe.


[editar] O pobo dos sami

Os sami son unha minoría étnica asentada na rexión de Laponia. Segundo o Parlamento Sami Sueco a poboación estimada é dunhas 70.000 persoas sami en Laponia. Á parte, outros sami viven espallados na costa e nos fiordes, e moitos están asentados en aldeas en vales e á beira de lagos onde a pesca é abundante.

Tras a caída da Unión Soviética comezouse a dar unha cooperación transfronteiriza entre os estados, facendo que as fronteiras pasasen a ter menos importancia e permitindo o movemento de individuos sami, e tamén para os que non o son pero si viven na zona.

Malia seren os sami unha minoría, a maioría das xentes que habitan a rexión teñen algún devanceiro deste grupo étnico, aínda que a meirande parte deles se identifique co seu país de residencia.

A súa lingua é o sami (tradicionalmente coñecido como lapón) e que pertence ao tronco Fino-Úgrico, ao que tamén pertencen o finlandés e o húngaro. Algúns lingüistas consideran o sami como unha lingua con nove dialectos, mentres que para outros que se basean nas dificultades de inter-comprensión entre os dialectos, trátase de varias linguas sami diferenciadas.

A súa rica cultura ten poesía, música (o joik), lendas e vestimentas de seu. Dentro das vestimentas que usan están os bellinger, pantalóns feitos con pel de reno, e os skallers, calzado feito tamén con pel de reno.

Os municipios de Gällivare, Jokkmokk e Arjeplog na Laponia Sueca foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1996.

Mari Boine é unha música de orixe sami que introduciu o joik (joiku en finlandés) na escena do jazz e das músicas do mundo.


[editar] O Parlamento Sami

A Laponia está caracterizada por unha identitade semi-nacional que é especial e transcende as fronteiras entre Suecia, Noruega, Finlandia e Rusia. Porén non existe un movemento que persiga a autonomía total. Os parlamentos sami fundados en Noruega (1989), Suecia (1993) e Finlandia (1996) teñen moi pouca influencia na política. Formalmente son autoridades políticas que están rexidas polos gobernos escandinavos, pero teñen representantes parlamentares elixidos democraticamente. A súa función é velar pola cultura sami. A miúdo as promesas electorais dos candidatos chocan coa submisión ás institucións dos seus gobernos. Pero ao seren autoridades, si que teñen algunha influencia no goberno.

Rusia non contempla o recoñecemento dos dereitos desta minoría étnica. Fronte a isto, a postura de Suecia é activa por dúas razóns:

  • Recoñecer aos sami como pobo fronte a outros tipos de minorías.
  • Para facer medrar a influencia da minoría sami, que se enfronta co sistema democrático europeo de maiorías, isto é; gaña o grupo que obtén máis votos.


[editar] Divisións administrativas

  • Finnmark- condado de Noruega.
  • Jämtlands Län- condado de Suecia.
  • Laponia (Lappi en finlandés)- provincia de Finlandia.
  • Murmansk- óblast de Rusia.
  • Nordland- condado de Noruega.
  • Nord-Trøndelag- condado de Noruega.
  • Norrbottens Län- condado de Suecia.
  • Troms- condado de Noruega.
  • Västerbottens Län- condado de Suecia.

[editar] Bandeira

A bandeira sami foi presentada durante a Conferencia Sami que tivo lugar en Åre, Suecia, o 15 de agosto de 1986. Para a súa elección convocouse un concurso no que se recibiron moitas suxestións, resultando gañadora a artista Astrid Båhl de Skibotn, Noruega.

O motivo deriva do influxo do tambor do xamán e do poema "Paiven parneh" ("Fillos do sol"), composto polo sami meridional Anders Fjellner (1795-1876), quen describiu aos sami coma fillos e fillas do sol.

O círculo da bandeira representa o sol (en vermello) e a lúa (en azul). A bandeira contén as cores sami; vermello, verde, amarelo e azul.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com