Ramón Berenguer II
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ramón Berenguer II, coñecido como o Cabeza de Estopa pola súa espesa cabeleira, foi conde de Barcelona entre 1076 e 1082. Era fillo de Ramón Berenguer I e de Almodis da Marca e irmán, probablemente mellizo, de Berenguer Ramón II.
O testamento do seu pai establecía que Ramón Berenguer e o seu irmán debían gobernar en igualdade de condicións aínda que en realidade existían certos privilexios en favor do conde Cabeza de Estopa. Nun momento determinado, Ramón Berenguer viuse obrigado a repartir os seus territorios co seu irmán, reparto que prometeu ante os bispos de Barcelona e Xerona, os condes destes condados e o vizconde de Cardona.
No 1078, Ramón Berenguer entregou ao seu irmán como garantía do reparto as parias de Lérida e ao rei musulmán desta cidade. Barcelona, Urgel e Lérida loitaban contra Zaragoza co que o perigo musulmán retrocedeu, tanto pola zona leridana como pola colonización cristiá que chegaba ata Torregrossa. No 1079, a Conca de Barberá estaba xa repoblada por cristiáns.
A finais do 1077, o Papa Gregorio VII enviou a Girona o seu legado, Amat de Olorón, para dar impulso ás súas ideas de reforma da igrexa. É posible que Amat aproveitase a súa estancia na cidade para intentar que Ramón Berenguer e o seu irmán se reconciliaran, xa que o seu pai deixara baixo tutela papal ao seu fillos no seu testamento. No 1079, o Pontífice escribiu ao bispo de Xerona solicitando que mediase entre os dous irmáns para poñer fin ás disputas condales, conxuntamente cos abades de Ripoll, Sant Cugat do Vallés e Sant Ponç de Tomeres.
Ese mesmo ano, Ramón e Berenguer repártense a cidade de Barcelona, Castellvell e a súa marca, Olérdola, Vilafranca do Penedés, Vallmoll, Benviure, Gavá, Pallejá e outros dominios. Ambos irmáns conviñeron residir de forma alternativa durante seis meses no palacio condal. As funcións soberanas quedaron indivisas, así como as rendas por xuízos, mercados, moeda e uns patios en Barcelona. Con todo, Berenguer seguiu reclamando e no 1080 obtivo do seu irmán a metade do castelo de Barbera, do da Bleda e dos condados de Carcasona e Rasés. Ramón comprometeuse a compartir todas as futuras adquisicións, incluíndo as naves que se construísen e as que se comprasen.
Acordaron tamén que a expedición prevista para o seguinte verán realizaríana conxuntamente. Finalmente esta expedición non se levou a cabo, seguramente polos cambios que sufriran os reinos de taifas. Con ocasión da preparación desta empresa, o Cid, enemistado co seu rei Alfonso VIN de Castilla, trasladouse a Barcelona e ofreceu a súa colaboración, que non foi aceptada; actos eguido, quedou ao servizo dos reis sarracenos de Zaragoza mentres que o rei de Lérida apoiábase nos navarros primeiro e nos condes de Barcelona despois. Isto enfrontou a Berenguer Ramón co Cid preto de Almenar no verán de 1082. Berenguer foi derrotado e feito prisioneiro sendo liberado pouco tempo despois.
O 5 de decembro dese mesmo ano, Ramón Berenguer dirixíase a Barcelona atravesando o bosque de Perxa do Astor no Montnegre. Uns descoñecidos, talvez os seus propios acompañantes, asasinárono nese bosque. O seu cadaver foi trasladado a Xerona onde recibiu sepultura. O seu irmán foi acusado deste asasinato polo que recibiu o apodo "do fraticida".