Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions Basilio II - Wikipedia

Basilio II

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

 Basilio II nun manuscrito do século XI.
Agrandado
Basilio II nun manuscrito do século XI.

Basilio II "Bulgaroktonos" ou "Bulgaróctono" (en grego Basilios Bulgaroktonos, escrito Βασίλειος Βουλγαροκτόνος (95815 de decembro de 1025)) emperador bizantino (10 de xaneiro de 97615 de decembro de 1025) que levou ao Imperio bizantino ao máximo do seu poder en cinco séculos. Pero non deixou herdeiro da súa talla e moitos dos seus logros perderíanse por mor de toda unha serie de débiles sucesores.

Índice

[editar] Nacemento e nenez

Basilio era o fillo do emperador Romano II, que morreu cando Basilio só contaba cinco anos de idade. Como el e o seu irmán, o futuro emperador Constantino VIII (reinado 1025-1028), eran demasiado mozos para reinaren por si mesmos, a nai de Basilio, Teófano, casou cun dos principais xenerais de Romano, que ascendeu ao trono co nome de Nicéforo II Focas en 963. Nicéforo foi asasinado en 969, e sucedeuno no trono outro xeneral, Xoán I Tzimisces, que reinou durante sete anos. Por fin, cando Xoán I morreu o 10 de xaneiro de 976, Basilio puido ascender ao trono.

[editar] Comezos do reinado e alianza rusa

Aínda que Nicéforo Focas sinalouse como un brillante xeneral durante o seu reinado, tanto el como Xoán I resultaron ser administradores mediocres. En consecuencia, Basilio atopouse con serios problemas nada máis comezar o seu reinado. Os grandes terratenentes de Asia Menor, que eran os provedores de moitos dos soldados do Imperio e de gran parte dos impostos, atopábanse en revolta aberta contra o poder. Basilio, facendo gala da severidade que o había caracterizar durante todo o seu reinado, fíxolles fronte e reprimiu a revolta. Con este fin, aliouse con Vladimiro I de Kiev en 988. Vladimiro ofreceulle 6.000 homes do seu exército como reforzo para as tropas imperiais; a cambio, pedía casarse coa irmá menor do emperador, Ana (963 - 1011). Ao principio, Basilio dubidou: os bizantinos consideraban bárbaros aos Rus de Kiev, e a propia Ana puxo pegas ao seu matrimonio cun bárbaro. Pero baixo a presión de Vladimiro, Basilio terminou por aceptar, e Vladimiro e Ana casaron en 989. Os reforzos rusos serían fundamentais para acabar coa rebelión, e convertéronse no punto de partido da posterior Garda Varega.

[editar] Campañas contra os árabes

Tras acabar coa revolta interna, Basilio dirixiu a súa atención aos demais inimigos do Imperio. Na década de 990, lanzou unha campaña cos árabes, vencendo en varias batallas en Siria. Aínda que non contaba con forzas suficientes para penetrar en Palestina e tomar Xerusalén, as súas vitorias permitíronlle recuperar gran parte de Siria para o Imperio. Ningún emperador, desde os tempos de Heraclio conseguira controlar este territorio durante un certo tempo, e agora manteríanse en mans dos bizantinos durante os seguintes 75 anos.

[editar] Campañas búlgaras e de Kazar

Pero Basilio non acabara coas súas accións: a súa intención era recuperar os territorios que o Imperio fora perdendo ao longo do tempo. Segundo se entraba no segundo milenio, iniciou as hostilidades co seu gran adversario Samuel de Bulgaria.

Cando se desatou a guerra aberta en 1002, Samuel estendera o reino búlgaro desde o Danubio, ao norte, ata ben entrado en Grecia, deténdose ao norte de Atenas. Os seus dominios estendíanse desde o Adriático ao mar Negro, e todos estes territorios foran conquistados durante os 300 anos anteriores a expensas dos bizantinos. Basilio estaba agora decidido a inverter o destino do Imperio.

A guerra abordelou os Balcáns os seguintes doce anos, durante os cales tanto Basilio como Samuel lograron vitorias sorprendentes. As forzas de Samuel eran considerabelmente menores, pero este foi capaz de evitar un enfrontamento total, mentres realizaba ataques menores sobre o exército de Basilio no seu avance polo territorio búlgaro. Samuel esperaba desgastar así ás tropas bizantinas, forzándoas á rendición ou polo menos á firma dunha paz.

Finalmente, o 29 de xullo de 1014 Basilio acantoou ao exército búlgaro e obrigouno a loitar na batalla de Kleidion, mentres que se Samuel atopaba a varios quilómetros de alí. Basilio esmagou aos búlgaros e fixo 14.000 prisioneiros: dise que mandou cegar a 99 de cada 100 destes, deixando vesgo ao restante para que puidese guiar aos demais de volta. Aínda que probabelmente se trate dunha esaxeración, este feito proporcionoulle a Basilio o seu sobrenome "Bulgaróctono" ("matador de búlgaros").

Cando Samuel viu volver ás súas tropas cegadas, segundo a lenda morreu de tristeza. Bulgaria seguiu loitando durante outros catro anos máis, pero terminou someténdose en 1018. A vitoria sobre os búlgaros e o posterior sometemento dos serbios supuxeron a consecución dun dos obxectivos de Basilio: a recuperación para o Imperio da antiga fronteira do Danubio por primeira vez en 400 anos.

Mentres, en 1016, os exércitos bizantinos aliados aos príncipes de Kiev atacaron Crimea, gran parte da cal caera baixo a éxida do reino de Georgius Tzul, estado sucesor de Kazar centrado en Kerch. Segundo o historiador Cedreno, Georgius Tzul foi feito prisioneiro e o seu reino destruído.

[editar] Últimos anos

Basilio volveu triunfante a Constantinopla, para saír de novo, esta vez cara ao leste, e atacar o domino persa sobre Armenia. Este reino converteuse nun estado tributario de Bizancio cando morreu o seu rei no ano 1000. Tamén aquí sucedéronse as vitorias, e Armenia volveu ao Imperio bizantino de onde se separara 200 anos antes. Ao mesmo tempo, outras forzas bizantinas recuperaban gran parte de Italia meridional cuxo dominio perdera o Imperio a mans dos normandos ao longo dos 150 anos anteriores. Cando o 15 de decembro de 1025 morreu Basilio, estaba planeando unha expedición militar para recuperar a illa de Sicilia. Na súa última vontade pedía ser enterrado xunto ao campo de adestramento da súa cabalería, no canto de no espazo reservado aos emperadores da súa familia. As fontes da época sosteñen que así podería escoitar ás súas tropas prepararse para o combate polo Imperio. Durante o asalto e saqueo de Constantinopla na Cuarta Cruzada (1204), a tumba de Basilio foi saqueada polos cruzados.

[editar] Valoración

Basilio era un home baixo de complexión forte, que se desentendía da pompa e cerimonia da corte imperial, e que moi a miúdo se presentaba ante a corte vestido como un militar. Pero ademais foi un administrador eficiente, que, caso único entre os emperadores-soldado, deixou repletas as arcas do tesouro. Era realmente adorado polas súas tropas, pois pasou gran parte do seu reinado en campaña con elas, en lugar de dando ordes desde os afastados palacios da capital, como fixeran moitos dos seus predecesores. Levou a vida dun soldado ata o punto para comer o mesmo rancho que calquera outro membro do seu exército. Tamén se facía cargo dos orfos dos seus oficiais, dándolles fogar, alimento e educación. Moitos deses nenos serían logo os seus soldados e oficiais, pois o vían a el como ao seu pai.

Ademais de ser chamado "pai do exército", tamén era moi apreciado polos agricultores. Estes producían a maior parte dos subministracións para o seu exército e ademais eran a fonte principal de recrutamento das súas tropas. Para asegurarse a continuidade de subministracións e homes, as leis de Basilio protexían á pequena propiedade agraria, reducindo os seus impostos. O seu reinado foi unha época de relativa prosperidade para esta clase, a pesar do estado case constante de guerra. Por outra banda, Basilio aumentou os impostos da nobreza e o clero, pretendendo reducir o seu poder e riqueza. E aínda que loxicamente resultou impopular entre estes grupos, ningún deles contaba co poder suficiente para facer fronte ao emperador e os seus fortes apoios militares.

Basilio nunca casou nin tivo fillos coñecidos, aínda que foi moi mullereiro sendo novo, dedicouse logo de cheo ás súas obrigacións de estado, unha vez nomeado emperador. Desgraciadamente, isto supuxo que foi sucedido polo seu irmán e a súa familia, que carecían das calidades necesarias para o goberno. Cincuenta anos despois da morte de Basilio, o Imperio volvera ao estatus de potencia de segunda orde, e perdera case todo o que Basilio reconquistara.

[editar] Basilio na literatura

En Grecia ao longo do século XX o interese polo emperador Basilio fíxose evidente no número de biografías e novelas históricas que se escribiron sobre o personaxe. Quizá a máis famosa fose Basil Bulgaroktonus (1964) elaborada polo escritor de ficción histórica Kostas Kyriazis (1920 - ): como secuela da súa obra anterior Theophano (1963), que se centraba na nai de Basilio, a súa novela trataba a vida de Basilio desde a súa nenez ata a súa morte a través dos ollos de tres distintos narradores, todos eles ficticios. O primeiro é "Areti Skylitzi", un nena de familia nobre que Xoán I dispuxo que fose a compañeira de xogos do xove Basilio; así, a nena convértese na súa confidente e de maior na única muller que verdadeiramente o amou, aínda que Basilio nunca puido casarse con ela, pois Basilio presenciara sendo moi pícaro o asasinato do seu pai Romano e do seu padrasto Nicéforo por orde de Teófano, a esposa de ambos, e a súa propia nai, o que lle causou un grave trauma infantil: deste xeito, asociaba o matrimonio coa morte. Areti manterase ao seu lado, como consorte non oficial, ata a súa morte. O segundo narrador é "Nicolaus", un dos xenerais de Basilio, que o acompañou en todas as súas campañas. Para este o emperador é o seu líder, o seu señor, "pai" do seu exército. O terceiro e último é un búlgaro, un dos xenerais de Samuel, que pasara case toda a súa vida loitando contra Basilio, e conta a súa versión dos feitos: para el Basilio é o inimigo, o que matara á súa xente e ao seu propio soberano. A descrición dos feitos históricos é precisa, e complétase con engadidos ficticios: foi considerada unha das mellores introducións ao personaxe e á súa época.

[editar] Bibliografía

  • Miguel Psellos o Xove, Cronografía (ed. esp.: Miguel Pselo, Vidas de los emperadores de Bizancio, Madrid: Ed. Gredos, 2005).

Imperio Bizantino

Segue a:
Xoán I Tzimisces
Basilio II
(976-1025)

Precede a:
Constantino VIII
Dinastía Macedonia
THIS WEB:

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - be - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - closed_zh_tw - co - cr - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - haw - he - hi - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - ms - mt - mus - my - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - ru_sib - rw - sa - sc - scn - sco - sd - se - searchcom - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sq - sr - ss - st - su - sv - sw - ta - te - test - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tokipona - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007:

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - be - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - closed_zh_tw - co - cr - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - haw - he - hi - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - ms - mt - mus - my - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - ru_sib - rw - sa - sc - scn - sco - sd - se - searchcom - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sq - sr - ss - st - su - sv - sw - ta - te - test - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tokipona - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia 2006: