Arthur C. Clarke
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sir Arthur Charles Clarke ou máis coñecido como Arthur C. Clarke (16 de decembro de 1917) é un escritor e inventor británico. Autor de obras de divulgación e ficción científica, como O sentinela ou 2001: Unha odisea do espazo.
Índice |
[editar] Biografía
Naceu en Minehead, Somerset. Xa de pequeno mostrou o seu fascinación pola astronomía, cun telescópio casero debuxou un mapa da lúa. Terminados os seus estudos secundarios en 1936, trasládase a Londres. Durante a Segunda Guerra Mundial, serviu na Royal Air Force (Forza Aérea Real) como especialista en radares, involucrándose no desenvolvemento dun sistema de defensa por radar, e exercendo como instrutor da nacente especialidade. Concluída a guerra, publica o seu artigo técnico Extra-terrestrial Relays, no cal senta as bases dos satélites artificiais en órbita xeoestacionaria (chamada, no seu honor, órbita Clarke), unha das súas grandes contribucións á ciencia do século XX. Este traballo valeralle numerosos premios, bolsas e recoñecementos.
Nese período estuda matemáticas e física no prestixioso King's College de Londres, estudos que finalizou con honores. Tamén exerceu varios anos como presidente da Sociedade Interplanetaria Británica (BIS), feito que demostra a súa gran afección pola astronaútica.
A súa sona mundial consolidouse coas súas intervencións na televisión: na década dos 60, como comentarísta da CBS das misións Apolo; e na década dos 80, grazas a un par de series de televisión que realizou.
Tamén son coñecidas as súas famosas leis de Clarke, publicadas no seu libro de divulgación científica Perfís do Futuro (1962). A máis popular (e citada) delas é a chamada "Terceira Lei de Clarke": Toda tecnoloxía dabondo avanzada é indistinguible da maxia.
Desde 1956 vive na illa de Sri Lanka (antiga Ceilán), en parte polo seu interese pola fotografía e a exploración submarina, en parte pola súa fascinación pola cultura india.
Tamén no seu honor prestou o seu nome a un asteroide, 4923 e unha especie de dinosauro Ceratopsian, o Serendipaceratops arthurcclarkei descuberto en Inverloch, Australia.
[editar] Clarke e a ficción científica
Comezou a escribir ficción científica ao finalizar a guerra. O primeiro conto publicado foi Partida de Rescate, que apareceu no o número de maio de 1946 de Astounding e que lle serviu como punto de partida dunha frutífera carreira. Entre os seus primeiros relatos destaca O sentinela (The Sentinel), que serviu de base para a súa novela 2001: Unha odisea espacial (1968) e para a película do mesmo nome do director Stanley Kubrick.
Pódense diferenciar claramente tres etapas na súa produción:
- As novelas utópico/humanistas dos anos 50, principalmente O fin da infancia, A cidade e as estrelas e a propia 2001: Unha odisea espacial
- O rigor científico dos anos 70, pola que será incluído entre os autores de ficción científica dura, con obras como Cita con Rama e sobre todo Fontes do paraíso
- Unha última etapa a finais dos 80 e nos 90, onde Clarke comparte a autoria dos seus principais títulos, pechando as grandes sagas (RAMA e 2001), véndose un perfil claramente político/social como en "Factor Detonante" ou "Sismo Grado 10", sen perder o carácter de obra de ficción científica.
[editar] Estilo
Moitos dos seus relatos iniciais xiran ao redor dunha trama científica, á que gustaba de adornar cun final sorprendente. Resolve a maioría das súas obras cun ton xeralmente aséptico, sen floreos nin artificios, deixando que sexan as ideas encerradas as que manteñan a atención do lector. Este estilo só se rompe para permitir certo grado de fino humor elaborado.
En canto aos seus temas, xiran en torno a dúas ideas fundamentais: optimismo polos beneficios do progreso científico (polo que destacou nunha época de certo desalento tralo lanzamento das bombas atómicas), e o encontro con especies e culturas superiores (sempre nun ton moi paternalista).
Como divulgador científico, foi sempre comparado (e equiparado) pola súa claridade e amenidade con outro coetáneo: Isaac Asimov.
[editar] Bibliografía
Novelas:
- Preludio ao espazo (1951)
- As areas de Marte (1951)
- Illas no ceo (1952)
- O fin da infancia (1953)
- Claro de Terra (1955)
- A cidade e as estrelas (1956)
- Nas profundidades (1957)
- Naufraxio no mar selenita (1961)
- 2001: Unha odisea espacial (1968)
- Cita con Rama (1973)
- Regreso a Titán (1975)
- Fontes do paraíso (1979)
- 2010: Odisea dous (1982)
- Cánticos da afastada terra (1986)
- Venus Prime (1987)
- 2061: Odisea tres (1987)
- Rama II (1989) (con Gentry Lee)
- Trala Caída da Noite (1990) (con Gregory Benford)
- O espectro do Titanic (1990)
- O mundo é un (1992)
- O martelo de Deus (1993)
- O xardín de Rama (1994) (con Gentry Lee)
- 3001: Odisea final (1996)
- Rama revelada (1991) (con Gentry Lee)
- Luz doutros días (2000) (con Stephen Baxter)
Coleccións de relatos:
- Expedición á Terra (1953) (inclúe O Sentinela)
- Alcanza o mañá (1956)
- Contos da taberna do Cervo Branco (1957)
- Relatos de dez mundos (1961)
- O vento do Sol: relatos da era espacial (1972)
- Contos do planeta Terra (1990)
[editar] Premios
- Nebula de 1973, Hugo, Locus e John W. Campbell Memorial de 1974 á mellor novela por Cita con Rama
- Hugo de 1980 á mellor novela por Fontes do paraíso