Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Anarquismo - Wikipedia

Anarquismo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O anarquismo é un termo amplo que abrangue desde teorías políticas a movementos sociais que avogan pola abolición do Estado como autoridade imposta e detentora do monopolio do uso da forza, dun modo xeral, os anarquistas están contra calquera tipo de xerarquía, defendendo unha forma de organización horizontal e libertaria, redistribuindo o poder entre os propios gobernados. A palabra anarquismo deriva da raíz grega an (non, sen) e archos (gobernador).

Símbolo anárquico.
Agrandado
Símbolo anárquico.

A propia definición adoptada pola maioría dos dicionarios, mostra a deturpación etimolóxica que a palabra anarquismo sofreu no tempo.

Unha das visións tópicas sobre o anarquismo é o que, en realidade, se denomina "anomia", ou sexa, ausencia de leis. O anarquismo non se relaciona coa práctica da anomia. Os anarquistas rexeitan esta denominación, e o anarquismo en canto teoría política nada ten a ver co caos ou a vagancia.


Índice

[editar] Variantes ideolóxicas

Existen distintos grupos que teñen comprensións diferentes en canto á abolición do goberno e tamén á mantemento desa orde:

  • os socialistas libertarios recoñecen o modo de produción socialista, como a colectivización dos bens, así como a organización social feita horizontalmente (diferenciandose así do socialismo científico, utópico e real);
  • os anarquistas invidualistas non teorizan sobre a colectividade, acreditan que o anarquismo só é e será posible coa concientización e transformación individual e persoal.

[editar] Socialismo libertario

Os anarquistas socialistas libertarios acreditan que a función de calquer goberno é o mantemento do dominio dunha clase social sobre outra. Eles acreditan que, no sistema capitalista, o Estado mantén a desigualdade social a través da forza, ao garantir a uns poucos a propiedade sobre os medios de subsistencia de todos.

Esta teoría clama por un sistema socialista, onde a posesión dos medios de produción garántaselle a todos os que traballan. Neste sistema, non habería necesidade de ningunha autoridade e/ou goberno, visto que non habería necesidade de impor privilexios dunha clase sobre outra. A sociedade dirixida por asociacións democráticas, formadas por todos, e dividíndose libremente (ou sexa, con entrada e saída libre) en cooperativas e estas, en federacións.

A orixe da tradición socialista libertaria está nos séculos XVIII e XIX. Tal vez o primeiro anarquista (aínda que non usara o termo en momento ningún) foi William Godwin, inglés, que escrebiu varios panfletos defendendo unha educación sen a man do Estado, observando que esta tornaba as persoas menos propensas a ver a liberdade que lles era negada. O primeiro a se auto-intitular anarquista e a defender claramente unha visión máis socialista, foi Joseph Proudhon, seguido por Bakunin que levou e elaborou as ideas de Proudhon á primeira Asociación Internacional de Traballadores (AIT). Máis tarde, Kropotkin desenvolve a vertente comunista do anarquismo, encanto Nestor Makhno tenta implantar o anarquismo en plena revolución rusa na Ucraína, con apoio de varias comunidades campesiñas, mais que acaban masacradas polos revolucionarios leninistas e trotskistas. (ver Godwin, Proudhon, Bakunin, Kropotkin, Makhno, etc).

Poucos anarquistas defenden a violencia contra individuos. Durante o fin do século XIX e inicio do século XX, o anarquismo era coñecido como unha ideoloxía que apoiaba os asasinatos e explosións, debido a ación de persoas como o ruso Nechaiev, o francés Ravachol e á influencia dos medios de comunicación da época. A maioría dos anarquistas afirman que a violencia contra individuos é inútil, xa que mantén intactas as relacións sociais de exploración e as institucións que a mantén. Entretanto, os anarquistas acreditan ser inevitable o recurso á violencia como lexítima defensa á violencia do Estado ou de institucións coercivas. Anarquistas como Errico Malatesta publicaron célebres debates e publicacións, condenando o individualismo-terrorista de algúns anarquistas.

Existiron, sen embargo, outros anarquistas, como Leon Tolstoi, que acreditaban que o camiño da anarquía era a non-violencia. Tolstoi, inclusive, mantivo contato con Gandhi.

[editar] Anomia

A idea popular de anarquismo como absoluto caos e desorden, que os estudiosos chaman de anomia (ausencia de normas) é rexeitada por todos anarquistas tradicionais citados anteriormente. Os anarquistas conceben os gobernos como as actuais fontes de desordes defendendo, polo tanto, que a sociedade estaría mellor ordenada sen eles.

Esta convención ten fortes conotacións e historicamente ten sido usadas como unha deficiencia por grupos políticos contra seus oponentes, máis notabelmente os monárquicos contra os republicanos nos últimos séculos. Entretanto, a anomia ten sido abrazada por movementos de contracultura.


[editar] Internacionalmente coñecidos

[editar] Véxase tamén

  • acción directa
  • anarco-feminismo
  • anarco-sindicalismo
  • anarquismo individualista
  • autoxestión
  • comunismo libertario
  • democracia directa
  • Nihilismo
  • Sindicalismo
  • Soma, terapia de principios anarquistas
  • Libertarianismo
  • Xeografía anarquista (Kropotkin, Elisée Reclus)
  • AK Press
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com