Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Comunismo libertario - Wikipedia

Comunismo libertario

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O comunismo libertario, tamén é coñecido como anarcocomunismo, comunismo anarquista ou comunismo libre é unha ideoloxía política relacionada co socialismo libertario, pero que non debería confundirse con el. O comunismo libertario é unha rama concreta do socialismo libertario.

Hai que facer notar que pese a que o comunismo libertario é empregado como sinónimo de anarcocomunismo, non se trata necesariamente da mesma ideoloxía. Mentres tódolos anarcocomunistas son comunistas libertarios, non tódolos comunistas libertarios son anarquistas.

O anarcocomunismo foi concibido inicialmente na Italia durante a Primeira Internacional, por Carlo Cafiero, Errico Malatesta, Andrea Costa e outros ex-republicanos de Mazzini.

As súas ideas non diferían do anarquismo individualista e mutualismo de Pierre-Joseph Proudhon ata despois da morte de Mijaíl Bakunin. Alí onde Proudhon apoiou a propiedade individual do produto do traballo, salarios, e un mercado de troco, os anarcocomunistas racharon con esa idea en oposición á propiedade individual, a eliminación dos salarios e a abolición do valor de intercambio. Cafeiro explica en Amarchi et Communisme que a propiedade privada do produto de traballo revertiría nunha desigual acumulación do capital e, polo tanto, nunha indesexable distinción de clases. Joseph Dejacque criticaba a Proudhon directamente, afirmando que "Non é sobre o produto do seu traballo sobre o que un traballador ou traballadora ten dereito, senón sobre a satisfacción das súas necesidades, independentemente de cal poida ser a súa natureza". En 1876, na Conferencia de Florencia da Federación Italiana da Internacional (que de feito tivo lugar nun monte nas aforas de Florencia debido á actividade policial), declararon os principios do anarcocomunismo, comezando con:

A Federación Italiana considera a propiedade colectiva do produto do traballo como o complemento necesario para o programa colectivista, o apoio de todos para a satisfacción das necesidades de cada individuo a única regra de produción e consumo a cal corresponde ao principio de solidariedade. O congreso federal en Florencia demostrou elocuentemente a opinión da Internacional Italiana neste punto...

Este mesmo informe fixérono nun artículo Malatesta e Cafiero no boletín da Federación Xura (Suiza) máis tarde ese mesmo ano.

O anarco comunismo defiende o igualitarismo, a abolición dos cartos, e a introdución da economía do agasallo para facilita-la compartición de bens. No anarcocomunismo o beneficio non existe. Non só iso, senón que os bens son dados como agasallos na certeza de que os outros tamén o farán (nun contexto industrial isto podería ocorrer entre sindicatos de traballadores como entre individuos). Se un sindicato non comparte os seus produtos, non recibirá recursos doutros sindicatos, facendo que lle interese compartir.

O anarcocomunismo tamén aboga pola abolición do traballo no senso de escravitude do salario, e recomenda ó traballador a súa autoxestión para mellora-las condicións laborais, incrementa-la eficiencia e face-lo traballo satisfactorio.

Índice

[editar] Argumentos filosóficos

O anarcocomunismo enfatiza a experiencia colectiva como distinta e importante na procura da liberdade. Tódalas formas de anarquismo recoñecen a identidade colectiva en certo grao, pero o anarcocomunismo, comezando con Pedro Kropotkin e estendéndose a través de Alexander Berkman, Nestor Makhno e moitos outros, amplifican o sentido da experiencia colectivista por riba da individualista.

Implicitamente, o anarco comunismo seguiu o modelo kantiano de clasificación: ao igual que Kant, dividiron a vida nas súas partes individuais, as cales teñen un paralelo na Razón Pura, e as partes menos obvias da vida, que caracterizan as nosas relacións cos outros, que teñen un paralelo na razón práctica. Non importa o autónomos que poidamos chegar a ser cando ficamos sós. Unha vez que comezamos a interactuar reciprocamente co mundo e cos demais, o troco de circunstancias pide un troco de perspectiva.

Isto continúa coa nosa bioloxía. As partes da vida que Kant identificou no seu traballo sobor a razón práctica non son ben entendidas xeralmente. ¿Como se sente a experiencia do traballo realmente? ¿Que pensamos cando traballamos? Debido a algún tipo de limitación biolóxica, cando as persoas tratan sobre estes aspectos da vida tenden a empregar escuras e abstractas metáforas e analoxías para explicar aquilo do que están a falar..

É aquí cando a diferenza entre o anarquismo e o anarco comunismo se manifesta máis claramente: o anarco comunismo colleu eses difíciles aspectos da vida, tratou de comprendelos e integrounos en estratexias libertarias que os implicaban.

A implicación con estes aspectos da vida é que namentres que a liberación mental podería ser abraiante, sendo consciente da subestrutura colectiva da vida e da sociedade, condúcese a unha liberación máis profunda do que comunmente se pensa que é posible. Por iso, no que respecta ós anarco comunistas, eles se ven perseguindo unha definición de liberdade máis completa cá dos outros anarquistas.

[editar] Críticas

Algúns dos primeiros anarquistas individualistas pensaban que os elementos do anarco comunismo eran inconsistentes cos principios anarquistas. Benjamin Tucker chamou ao comunismo anarquista pseudo anarquismo. Así a todo, moitos dos anarcoindividualistas desa época, coma o propio Tucker e Émile Armand sentían que tiñan moito en común cos anarco comunistas ou traballaban xuntos para difundir as súas ideas.

Proudhon, cuxas ideas foron rexeitadas polos anarco comunistas, no desenvolvmento da súa filosofía, dixo:

O Comunismo, como a miúdo critiquei, é a auténtica negación da sociedade na súa base, a cal é a progresiva equivalencia de funcións e capacidades. Os comunistas, cara os que tenden tódolos socialismos, non cren na igualdade por natureza e educación. Súplena por decretos soberanos que non poden soportar, sen importa-lo que fagan. En vez de buscar xustiza na harmonía dos feitos, tómana dos seus sentimentos, chamando xustiza a calquera cousa que lles parecese amor polo veciño e incesantemente confundindo feitos da razón con feitos emocionais.

[editar] Véxase

  • A Economía planificada e descentralizada á vez é un dos principios do anarcocomunismo
  • o Comunismo anárquico é unha variante do comunismo libertario ao que lle agrega unha análise materialista histórico

[editar] Libertarios comunistas

  • Piotr Kropotkin
  • Alexander Berkman
   
  • Errico Malatesta
  • Camilo Berneri
   
  • Emma Goldman
  • Nestor Makhno
       

[editar] Libros

[editar] Ligazóns externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com