Aberdeen, Escocia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aberdeen (Obar Dheathain en gaélico escocés, Aiberdeen en scots) é unha cidade de Escocia, un dos principais portos do Reino Unido e a terceira cidade escocesa por poboación: 212.125 habitantes (2001). Polas súas canteiras de granito coñécese como a cidade do granito.
Índice |
[editar] Historia
A primeira referencia que temos é o itinerario da incursión feita por Severo no norte de Escocia no século III, no que Aberdeen recibe o nome de Devana, isto é cidade ás beiras do Deva (ou Dee). Aínda que o lugar non adquirirá importancia ata 1179 cando Guillerme o León concédelle un foro, confirmado posteriormente por David I.
En 1336 Eduardo III de Inglaterra queima a cidade, axiña reconstruída e ampliada, co nome de Nova Aberdeen.
Os arquivos municipais son os máis antigos de Escocia, datan de 1398.
[editar] Lingua
A lingua tradicional da cidade é o scots (unha lingua xermánica), aínda que hoxe a lingua máis falada é o inglés.
O gaélico escocés é falado por un 0'66% da poboación, á que lle hai que engadir un 0'54% que o entende (2001).
[editar] Relixión
O 42.4% dos habitantes da cidade non profesa ningunha relixión, o 37.4 % pertence á Igrexa de Escocia, o 5.6% á Igrexa católica, o 7.5% a outras igrexas cristiáns e o 0.8% ao Islam.
[editar] Economía
As industrias relacionadas co petróleo e o gas son as maiores fontes de riqueza da cidade.
As tradicionais industrias pesqueiras e agrícolas completan a súa economía.
[editar] Universidades
45.000 estudantes realizan os seus estudos nas tres universidades da cidade: Universidade de Aberdeen, Universidade Robert Gordon e o Aberdeen College.