Árbore do amor
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Árbore do amor | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||||
|
||||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||||
Cercis siliquastrum | ||||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
A árbore do amor (Cercis siliquastrum) é unha árbore da familia das papilionáceas.
Esta pequena árbore acada unha altura de 5 a 10 m. É nativa do sur da Península Ibérica, sur de Francia, Italia, Grecia e Asia Menor. Ao comezo da primavera cúbrese cunha manchea de flores de cor carmesí e despois aparecen as follas; as flores son comestibles. A mitoloxía de moitos países de Europa conta que Xudas Iscariote pendurouse desta árbore.
En Galicia atópase cultivada en parques e xardíns.