Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions Taragoña, Rianxo - Wikipedia

Taragoña, Rianxo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Campanario en Taragoña
Agrandado
Campanario en Taragoña

San Salvador de Taragoña é unha parroquia que se asenta no Suroeste da provincia da Coruña, comarca da Barbanza e no Norte do concello de Rianxo; linda ó Norte co concello de Boiro e a parroquia de Araño, ó Oeste co concello de Boiro, ó Leste coas parroquias de Asados e Rianxo e finalmente ó Sur coa Ría de Arousa. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.378 habitantes (1.236 mulleres e 1.142 homes) distribuídos en 28 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 2.673 habitantes.

As aldeas que compoñen a parroquia de Taragoña son as que seguen: A Burata, O Burato, O Bugallón, O Campo da Feira, Campo de Pasos, Cartomil, O Castriño, Chorente, Corques, A Coviña, O Cruceiro, A Cruz, Cuvide, Dorna, Fachán, Fonte Susán, A Igrexa, Iñobre, A Laxe, O Monte de Dorna, O Moroso, Ourille, Ourolo, Outeiro, Paradela, Pastoriza, As Pedriñas, A Senra e Té.

Índice

[editar] Infraestructuras

A parroquia de Taragoña, está comunicada principalmente pola estrada comarcal AC-305 Padrón-Ribeira (antiga C-550), existindo outra estrada que comunica Rianxo con Taragoña, que recibe o nome de AC-7203, e percorre a Taragoña dende o zona do "Poste" ata "". Finalmente a estrada máis recente e afamada por recibir o alcume de "Vía da Morte", é a Vía de Automóbeis da Barbanza (Padrón- Ribeira) VG-1.1, a cal ten dúas saídas na parroquia, unha no lugar de "Té" e outra no lugar da "Igrexa". Hai que citar tamén o enguedellado sistema viario interno da parroquia, formado por distintas pistas tanto alcatranadas coma de terra que serven ós veciños de Taragoña para desprazarse.

Asemade das infrastruturas de carácter terrestre existe na parroquia un peirao que posúe rampa de varadeiro, un pequeno dique e un espigón de protección que proporciona abrigo e atraque á flota de embarcacións de Taragoña.

[editar] Xeografía

Pozo do Trabazo, Río de Té
Agrandado
Pozo do Trabazo, Río de Té

A parroquia de Taragoña, atópase situada no fondo da Ría de Arousa, na súa parte setentrional, na zona coñecida como Enseada de Beluso. Orograficamente está constituída por unha zona de transición entre a serra da Barbanza, o Val de Quintáns e o esteiro do Ulla. A parroquia presenta unha xeomorfoloxía cun relevo de formas suaves e redondeadas, pero con cotas de certa importancia, sendo a cota máis representativa, o cumio do "Castro Barbudo" con 330 m.s.n.m. que se ergue cunha singular estampa de cumio achatado. As terras da parroquia, parte en zonas de montaña e outra parte en zonas pouco accidentadas, é en xeral de boa calidade.

O val en que se atopa a parroquia, desenvolveuse en dous principais bloques separados, que corren en dirección de Sueste a Noroeste, un na zona limítrofe con Boiro e Lousame, e o outro no interior do concello de Rianxo, de alturas máis limitadas. O espazo entre os pregos deu lugar a un val ó xeito dun triángulo, amplo e prolongado, percorrido polo río de Té, no cal se asenta Taragoña. O terreo presenta moi variadas estruturas, nos vales e zonas baixas hai terras fértiles e moi produtivas, e nas saias das faixas montañosas existen grandes superficies de arboredo, que forman bosques máis ou menos densos. As partes máis elevadas soen ser de constitución rochosa, núa ou case espida de vexetación (Castro Barbudo). As rochas graníticas hercínicas son moi comúns como material básico constitutivo dos solos da parroquia, pero tamén existe a presencia de xistos e paraneises. Os solos da parroquia, na súa meirande parte estan constituídos por "umbrisoles húmicos" (tanto de orixe de granito coma de xistos), "leptosoles umbricos" e "líticos"; e dun xeito menor por "fluvisoles" e "Regosoles antrópicos".

En canto a rede hidrográfica da parroquia, o principal cauce fluvial que percorre a parroquia é o río de Té ou da Torre, que nace no cumio do Monte Muralla (674 m.s.n.m.) e percorrendo o fondo da depresión tectónica que forma o val, desembocando na punta da Praia da Torre, onde se atopan as ruínas do "Castelo da Lúa". Os outros cursos de auga presentes na parroquia son afluentes do río Té, como o rego do Floxo ou de Fora, e o rego dos Muíños; a excepción do rego do Perito que nace na fonte da Senra e desenboca na Praia da Torre.

Praia da Torre, Taragoña
Agrandado
Praia da Torre, Taragoña

A vexetación está marcada pola proximidade do mar. Nas zonas preto á ría, hai especies como o "fiuncho de mar", a "herba de namorar", a "xunca" e o "feno gris". Nas desembocaduras dos ríos e regatos atopámonos con caneiros e xunqueiras. Nas beiras dos ríos e regatos atopámonos co bosque de galería, con especies como o "ameneiro", "salgueiro", "freixo", "loureiro", "carballo", "sanguiño", "sabugueiro"... Cara o interior da parroquia danse con certa abundancia as "carqueixas", "toxos" e "xestas"; asemade de exsitir numerosos bosques de especies alóctonas coma "piñeiros" e "alcolitos", e diversas sebes de arbóreas autóctonas como "carballeiras", "soutos", "fragas"...


Nesta parroquia atópase, entre a desembocadura do río Té e a punta da Posta ou Iñobre, a Praia da Torre ou Salgueiriña. Este areal recibe o nome de praia da Torre, por mor da presenza dos xacementos medievais do Castelo da Lúa. A praia é a máis longa do concello (1.200 metros de lonxitude). Asemade, existen pequenos areais espallados polos 5 quilómetros de costa que posúe a parroquia, delimitados por regatos, pedras, sebes, cantís... Estes recunchos reciben distintos nomes: Os lados, O Pozo, Pedra do Abrigo, O Caixón, Susolmos, A Posta, Porto de Vigo, Sos Muiños, Currucho de vella, As Caldas, Porto dos Carros, Pedra Rubia, praia do Porto e Sarillo.

[editar] Historia

En relación ás culturas prehistóricas, existen diversos achados en cantidade e calidade, e a teor das diferentes etapas consideradas, ata o punto de que algunhas das mesmas non apareceron restos. Ben é así no caso do "Paleolítico" e do "Mesolítico", épocas prehistóricas que chagan ata os 4.000 a. C. O "Neolítico" que marca o paso dunha economía depredativa e recolectora a unha economía produtora, 4.000 anos a. C. ata 2.000 anos a. C., está caracterizado pola chamada cultura "megalítica", construtora de enormes monumentos de perda de índole funeraria e de diferentes tipos, e que na Galiza soen chamarse "Pedras finas" para o caso de menhires e "mámoas" tratándose de sepulcros. Existe unha mámoa que no seu momento foi excabada en parte, e posteriormente destruída polo trazado da Vía de Automóbeis da Barbanza VG-1.1.

Ó apagarse progresivamente a finais do terceiro milenio a. C. a cultura megalítica, comeza a metalurxia na Galiza, que se define "Idade do Bronce", baseada na aliaxe de diferentes metais (cobre, estaño e chumbo); iniciase a partir do 1.800 anos a. C. e esténdese ata o século VI a. C. en que xorde con forza a "Cultura Castrexa", apoiada no emprego do ferro. Esta idade soe dividirse en tres etapas: "Bronce inicial" ata os anos 1.500 a.C., co predominio do cobre; "Bronce medio", entre os anos 1.500 e 1.100 a. C., cun forte emprego do estaño e grande riqueza artística; e "Bronce final", a derradeira, cunha metalurxia ternaria de cobre estaño e chumbo.

Durante a "Idade do Ferro", desenvolveuse na Galiza a "Cultura Castrexa", da cal a manifestación máis peculiar é un tipo especial de asentamento denominado "Castro", de carácter defensivo. A súa cronoloxía podería situarse dende o século VI a. C. ata o século VI d. C.; o período máis significativo é o que se estende ata a chegada dos romanos. En Taragoña atopamos dous castros, o do "Castriño", sobre o que se asentou parte da aldea que leva o mesmo nome, e que aparece por tal circunstancia moi desfigurado; e o do "Castro Barbudo", no lugar de Ourille, que é un dos maiores da zona, dificilmente recoñecíbel como tal polo seu avanzado estado de deterioro.

A conquista da Galiza (Gallaecia) polos romanos durou máis de un século e realizouse por medio de diferentes loitas que se desenvolveron ó longo do século I a. C.; a romanización foi nesta rexión máis prolongada ca no resto da península, centrándose a crise e caída no século IV d. C.; a cristianización galega iniciouse no século III d. C. Está suficientemente probada a presenza dos romanos en Taragoña. A vía "per loca marítima", que unía Caldas de Reis con Betanzos, desenvolvía parte do seu percorrido polo territorio Taragoñés, accedendo á parroquia polas aldeas de e o Burato, abandoando logo a costa e saíndo da parroquia. En Taragoña fixan moitos a situación de Claudiomerium ou Grandimiro do Itinerario de Antonino, no lugar de Cartomil, punto de enlace doutras vías que partían da calzada "per loca marítima".

A partir do século III, o imperio romano perde estabilidade política e social, deterioro que se acentúa nos séculos posteriores, ata principios do século V os seus territorios comezan a ser invadidos polos pobos de orixe xermánica e doutras procedencias. Do paso dos Suevos, Visigodos e Musulmáns polo territorio de Taragoña non se coñecen probas documentadas. Tampouco temos referencias en relación coa etapa de formación do feudalismo, desenvolvida na Galiza nos séculos IX e X. A presión Normanda, posta de manifesto nas numerosas incursións ás costas galegas nos séculos IX, X e XI, debeu deixar sentir os seus efectos na zona de Taragoña, dada a súa proximidade a Compostelae a paritularidade circunstancia da proximidade ó Río Ulla, indubidábel vía de penetración das expedicións invasoras cara Iria.

O territorio de Taragoña, foi adxudicado ó patrón de Santiago no ano 934, por privilexios do rei Ramiro II, sendo obispo Hermenexildo; posteriormente, no ano 1057, confirmouse polo rei Alonso V e polo papa Anastasio ó arcebispo Pelaio. Tivo o dominio de grande parte do seu territorio pola mitra compostelana, que exercía no cobro de rendas e impostos do mar.

O período comprendido entre os séculos XI e XIII corresponde a un grande apoxeo da era compostelana, as súas influencias deberon deixar acusadas pegadas en Taragoña, e as numerosas loitas políticas tiveron que sentirse obrigadamente nestas terras. Taragoña aparece en documentos dos anos 1111 e 1158 cós nomes de Trevonium e Taragonio. Paio Gomez Chariño, que como debe nomearse é Paio Gomez de Soutomaior, O Chariño, consta como primeiro señor destas terras, se ben descoñécese se por mercede ou por herdanza. Foi quinto almirante de Castela e tomou parte na consquista de Sevilla mandando naves galegas. Estivo casado con Dona Marina Nuñez Maldonado. A súas composición poéticas están recollidas nos vellos cancioneiros. Morreu no 1295 a mans dun tal Rei Perez Tenorio, nunha devesa de Cidade de Rodrigo, cando conversaba cós infantes D. Xoan e D. Pedro. Sepultado en San Francisco de Pontevedra, o seu epitafio di: Aquí xace o nobre cabaleiro, Paio Gomez Chariño, o primeiro señor de Rianxo que gañou en Sevilla sendo de mouros, e os privilexios desta vila: ano do 1308. Sucedendo D. Evaristo Martelo e Pauman do Nero, derradeiro sucesor. Entre as posesión dos Chariños atópase unha torre fortaleza, situada na chamada praia da "Torre", en plena desembocadura do río Té que recibe o nome de "Castelo da Lúa", e da que hoxe en día só quedan vestixios. As terras de Taragoña estiveron baixo poder dos Chariño ata despois da guerra irmandiña, e tras longos pleitos, foi outorgado no 1532 á Mitra Compostelana, por fallo das Chancelería de Valladolid, e á mesma pertenceu ata a extinción no ano 1814.

No ano 1812 as Cortes de Cádiz, que foi o primeiro intento serio de Revolución liberal en España, van ter a súa influencia no goberno da vila e xurisdicción de Rianxo. A parroquia de Taragoña, acolléndose á Constitución de 1812, e debido ó seu grande número de veciños, encabeza un movemento que intenta crear máis de un Concello; intento frustrado, xa que as autoridades provinciais non autorizaron tal separación.

No 1821 a comarca estaba constituída por 3 concellos (Taragoña, Rianxo e Asados). No 1836, procedeuse á reorganización, nunha soa entidade municipal. No ano 1894, realiza-se a construción da estrada de Padrón a Ribeira pasa pola parroquia de Taragoña, xa que era daquela un dos núcleos de mayor importancia da zona por número de población, quedando marxinada a vila de Rianxo. No ano 1948 a guerrilla do Foucellas realizou unha acción armada en Taragoña, co resultado da morte do oficial da mariña mercante, Ramón Mosquera.

[editar] Escritores

Xosé María Brea Segade: Naceu en Iñobre, Taragoña (02/08/1904 – 07/01/1934). Poeta e narrador, que segue a liña de Amado Carballo. En vida só publicou un poema en El Ideal Gallego (1920), pero en 1984 foi compilada a súa obra no volume "Poesía e prosa". O volume inclúe cincuenta e nove poemas, once borradores de poemas e dez prosas, entre elas varios contos, estando dedicado a Rafael Dieste o titulado “O vello Fernandes”. Inclúese, ademais, no volume unha mostra da súa correspondencia. Chama a atención pola mocidade do autor o poema adicado a Rosalía. O poema "¡Rianxo, Rianxo!" foi dedicado ao tamén escritor rianxeiro Xosé Otero Otero. Só dous dos poemas están escritos en castelán.

Procura un galego culto e literario e hai que enmarca-lo na vangarda galega. Fundou en Marrocos, durante o seu servizo militar, na compaña de Rafael Dieste, a revista Charamuscas, manuscrita, que foi editada recentemente. Xesús Santos Suárez dedicoulle un soneto, contido no seu volume Balada do vento na Ría, que leva por título "A Brea". Deixou inéditas as obras Arumes de beiramar e "Responsos líricos no día e na noite".

Xosé Otero Otero: (Taragoña, 1893 – Bos Aires, 1984). Emigrou á Arxentina aos dezaseis anos e será redactor durante moitos anos da revista bonaerense "Rianxo". Como dramaturgo estreou as pezas Ideas novas, (1926) e O Moucho. Asemade publicou a peciña O feitizo da gaita (Revista Rianxo, nº 3, Setembro do 1950).

[editar] Música

A música, en calquera das súas multiplas manifestacións, é algo que todo taragoñés leva formando parte de si mesmo. Tan só así se explica a intensa e continuada actividade desenvolvida neste campos das artes. A parroquía de Taragoña é coñecida co alcume de "Terra de músicos" polo grande número de persoas que se dedicaron e dedican na acutalidade a este xénero artístico.

Mención especial dentro do eido das bandas de música a "Banda de Taragoña", procedente da primitiva Banda de Bealo, que contou entre os seus directores cunha destacada familia de músicos, os irmáns "Pinchudos": Valentín, Francisco, Manuel e Ramón Lorenzo Otero. Non se pode falar dos "Pinchudos", sen nomear a Xosé Lorenzo Gonzalez alcumado como "O Pinchudo", fundador da Banda de Muúsica de Bealo, precursora da Banda de Taragoña.

Non pode faltar nesta breve exposición a "Banda Infantil do Centro Cultural de Taragoña", que iniciou a súa actuación no ano 1977 e desenvolveu unha actividade ininterrompida, cunha frecuente renovación das súas filas a medida que medranron os rapaces.

Os antecedentes das orquestras de Taragoña atópanse nas "orquestinas", pequenos grupos de músicos que actuaban nos bailes de sábados e domingos. Existiron na parroquia taragoñesa moi boas e afamadas orquestras; algunhas das mesmas formadas cun grande número de compoñentes e empregan importantes medios técnicos sonoros e luminosos. En Taragoña estaban as orquestras "Gran Parada" procedente da orquestra Gran Peña, "Xente Nova", "Nova Moda", "Galactica", "Africa"...

Na actualidade dentro do xénero musical tradicional, hai que destacar a presencia da "Banda de Gaitas Buxaina de Taragoña" e os grupos de música tradicional "Os Cangrexeiros", "Os Xerardos" e "Cafe ó Tisón".

[editar] Festas, Romerias, Feiras e Mercados

Festas do Vran, Taragoña 2004
Agrandado
Festas do Vran, Taragoña 2004

No tocante ás festas, en Taragoña celebrábase no Marzal ou Abril, o luns e martes de Pascoa. En xullo, con varios días de festexos, celebrabanse as festas máis importantes de Taragoña, o Carme e San Salvador, sendo a celebración máis importante da parroquia as "Festas do Vran de Taragoña" no 18 de Xullo de cada ano. Finalmento no Nadal pechábanse as celebracións da Nosa Señora. No referente á celebración das "Festas do Vrán" que se celebraban no campo da Festa coñecido co nome de "Campo Maneiro", tense constancia de que esta celebración ten preto de catrocentos anos de historia, sendo no ano 1934, cando actuaou a primeira orquestra, xa que foi o ano en que chegou a luz á parroquia. Finalmente no ano 2005 foi a súa derradeira edición dun xeito oficial, por mor da falla de comisión organizadora; aparecendo ó ano seguinte unha celebración expontánea, dos distintos mozos e mozas das aldeas da parroquia a xeito de romaría.

En Taragoña, ó igual que en toda a rexión galega, as diferencias existentes entre a "feira" e o "mercado" son un tanto inapreciábeis, sendo frecuente o emprego de ámbolos dous termos con significados semellantes. Así a todo, poderiamos dicir que as feiras presentan un maior distanciamento no tempo, case sempre superior a unha semana, e que, pola contra, os mercados soen amosar unha periodicidade semanal ou inferior. Tamén hai que descatar a celebración do entroido, coa presenza das afamadas en toda a comarca, carrozas satíricas, argalladas pola xente parroquia e se celebra no lugar de Campos de Pasos. A parroquia de Taragoña contou cunha feira de certa importancia local; celebrábase os días cinco e dezaoito de cada mes, e as súas operacións eran principalmente transaccións de gando.

[editar] Patrimonio e Arquitectura

A arquitectura tradicional taragoñesa, ó igual que a arquitectura galega sufreu un duro golpe coa aparición do cemento e do ladrillo como técnica básica de construcción, que subsitutíu os seus xeitos tradicionais por outras feituras menos definidas, alleas na meirande das ocasións ás peculiaridades arquitéctónicas da terra. A grande dificultade que supón a recuperación e arranxo das edificacións antigas, contribuíu non pouco a acelerar o final da construcción en pedra, por todo isto durante moito tempo pesou sobre a arquitectura tradicional na parroquia e arredores unha verdadeira sentencia de morte, que na actualidade mediante eficaces restauracións e arranxos fai que se conserve en parte.

En Taragoña, o oficio de canteiro, de grande importancia e transcendencia en épocas non lonxanas, hoxe en día ten menor importancia e na actualidade adica-se fundamentalmente á restauración e arranxo de vellas casas de pedra. Taragoña non obstante conserva todavía numerosas mostras de arquitectura popular galega, de fermoso estilo e sobrio trazo. Atópan-se por tóda-las partes e nas distintas aldeas, unhas atopan-se en aceptábel estado de conservación; outras fortemente deterioradas. Son verdadeiras reliquias do pasado, unha valiosa herdanza de xeracións anteriores, un patrimonio digno de ser tratado con aloumiños e que exise unha coidada e resectuosa conservación. Falaremos neste punto de igrexas, pazos, graneiras ou horreos, cruceiros e outras mostras de menor entidade como muíños, pombais, fontes, lavadeiros...

Induvidábelmente é que as igrexas e os santuarios representan a máis fiel e valiosa mostra dunha arquitectura xa desaparecida, unha arquitectura que fixo da pedra unha arte, para deseñar xeitos e volumes de equilibrada composición, e integra-los coma parte esencial e inseparábel da propia terra. De seguido pasamos a citar e describir os rasgos máis característicos e definitorios das diferentes igrexas e santuarios taragoñeses.

A Igrexa de San Salvador de Taragoña, é unha igrexa parroquial cunha nave con capela maior, sacristía, dúas capelas laterais e unha torre. Ten por dimensións máximas exteriores 15,75 metros de anchura e 28,00 metros de fondura. A Capela de San Xoan Bautista de Vista Real, é unha pequena ermida de propiedade particular, que pertenceu ó pazo dos Caamaño. Ten por dimensións máximas exteriores de 6,35 metros de anchura e 8,75 metros de fondura.

Dada a fartura de auga na zona, é frecuente a presencia de abondosas fontes moi repartidas por toda a parroquia. Estes pequenos exemplos de arquitectura tradicional, ofrecen-se en distintos xeitos moi variados, dende as solucións máis sinxelas que recollen directamente a auga do manante mediante o emprego dun cano, ata realizacións de fermosas obras de canteiría de logrado rematado, con pilóns de recollida de auga e "pousadeiras" de apoio para as "sellas" e demais recipientes. É de seguro que algunha das fontes da parroquia teña por riba dos douscentos anos.

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo

O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador)

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu