Sevilla
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sevilla | |
---|---|
Situación xeográfica | |
País: | España |
Comunidade autónoma: | Andalucía |
Provincia: | provincia de Sevilla |
Xeografía | |
Altitude: | 7 msnm |
Superficie: | 140 km² |
Poboación | |
Poboación total: | 704.154 hab. (INE 2005) |
Densidade de poboación: | 5.029 hab./km² |
Xentilicio: | Sevillano/na ou Hispalense |
Información | |
Código postal: | 410XX |
Alcalde: | Alfredo Sánchez Monteseirín (PSOE) |
Sitio na web: | www.sevilla.org |
Sevilla é unha cidade española situada ao suroeste da Península Ibérica, capital de Andalucía e da provincia homónima.
Sevilla é a cuarta cidade de España e cuarta área metropolitana por número de habitantes. Conta con 704.154 habitantes e 1.317.098 na área metropolitana, 1.813.908 en total na provincia (datos de 2005). É o principal centro artístico, cultural, financieiro, económico e social do sur de España e un dos más importantes do sur de Europa. É ademais un importante centro industrial de novas tecnoloxías e aeronáutica (factoría de EADS-CASA establecida no aeroporto). Sevilla e os seus núcleos de poboación satélites non constitúen unha verdadeira área metropolitana senón unha aglomeración urbana, pois carece dun órgano de coordinación no que estean representados tódolos organismos con competencias metropolitanas, tales como os concellos. Aínda que hai órganos mancomunados que se encargan da xestión metropolitana de certas actividades sectoriais (augas, residuos, etcétera), non pode por tanto falarse de área metropolitana no seu sentido máis estricto.
De indudable interese turística, grazas a numerosos monumentos, prazas, xardíns, igrexas, etcétera. Conserva o meirande casco histórico-artístico de Europa. De entre os seus monumentos máis famosos, a Xiralda (antigo alminar da mezquita maior, hoxe campanario da Catedral) e a Torre do Ouro son os dous máis coñecidos.
Dos seus barrios, Triana, A Macarena, Santa Cruz, Os Remedios, Heliópolis e Nervión son os máis famosos. A Xiralda, a Catedral, o Alcázar, o Arquivo de Indias e o seu entorno foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1987.
A tan só 20 m. sobre o nivel do mar, entre Vega e a Campiña do río Guadalquivir, e á beira deste, conforma unha aglomeración urbana que se extende cara ó Aljarafe, As Marismas, o Parque Nacional de Doñana, a Serra Norte e a Serra Sur.