Provincia da Coruña
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Capital | A Coruña |
Área | 7.950 km2 |
Poboación | 1.126.707 |
Densidade | 141,72 hab./km² |
Concellos | 96 |
Xentilicio | Coruñés, Coruñesa |
A Coruña é unha provincia de Galiza, ocupando a punta noroeste do país e tamén do Estado Español. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao leste coa provincia de Lugo, ao oeste co océano Atlántico e ó sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.
Índice |
[editar] Xeografía
- Superficie: 7.876 km²
- Vías de acceso: Por estrada,
- Autovía A6, procedente de Lugo.
- Autopista A9, que une a capital da provincia con Santiago de Compostela, prolongándose á provincia de Pontevedra.
Por ferrocarril, son tres as liñas que chegan. Por unha beira RENFE ten dúas liñas, unha que ven de León e entra a Galiza por Monforte de Lemos, e de alí a Lugo e A Coruña, e outra que ven de Zamora, entra a Galiza por Ourense, continuando por Santiago e A Coruña. Por outro lado, FEVE ten unha liña de vía estreita que entra en Galiza cruzando a Ría de Ribadeo, desde Asturias, acabando en Ferrol.
Por aire, son dúas as portas de entrada:
Dunha parte, o aeroporto de Santiago (Lavacolla). Pola outra, o aeroporto da Coruña (Alvedro).
Por mar, os dous principais portos son o da capital, e o de Ferrol.
[editar] Ríos
Río Acheiro, Río Anduriña, Río Anllóns, Río Arteixo, Río Barcés, Río Baxoi, Río Belelle, Río Bermaña, Río Bolaños, Río Brexa, Río Eume, Río Mandeo, Río Tambre, Río Xallas, Río Mera,
[editar] Clima
De tipo oceánico, caracterizado por ser temperado e húmido. A chuvias son abundantes, sobre todo no inverno. Ten estacións suaves, cunha temperatura media en inverno de 10º C e de 20º C en verán.
[editar] Poboación
Segundo o censo elaborado no 2001, na Provincia da Coruña viven 1.096.027 persoas, das que 404.517 viven nalgunha das tres grandes urbes da provincia (A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela).
Xentilicio: Coruñés/Coruñesa
Wikcionario - Xentilicios dos Concellos da Coruña
[editar] Concellos da provincia da Coruña
[editar] Ligazóns externas
|
|||
A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra |