Normativa oficial do galego - Pronomes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] 15. Pronomes
[editar] Persoais
O paradigma dos pronomes persoais establécese como segue:
[editar] Serie tónica
NÚMERO |
PERSOA |
SUXEITO |
FORMAS OBLICUAS |
|||
LIBRES |
LIGADAS |
|||||
NON REFL. |
REFL. |
NON REFL. |
REFL. |
|||
SING. |
1ª |
eu |
min |
comigo |
||
2ª |
ti |
contigo |
||||
3ª |
el, ela |
si |
···· |
consigo |
||
PLURAL |
1ª |
nós / nosoutros, -as |
connosco |
|||
2ª |
vós / vosoutros, -as |
convosco |
||||
3ª |
eles, elas |
si |
···· |
consigo |
A forma el tamén se utiliza como neutro en construcións coma el é certo que chegaron ricos de Australia; el é verdade que fostes andando aos Ancares?
Para a terceira persoa había ademais unha forma neutra elo, inusual en galego moderno. Cómpre indicar que é unha forma xenuinamente galega, paralela das correspondentes formas neutras do demostrativo, aínda que o uso que ás veces se fai dela na lingua escrita sexa calco do castelán ello. A posibilidade de funcionar como suxeito probablemente non a desenvolveu nunca; hoxe só aparece formando parte dalgunhas expresións fixas, como estar a elo. É preciso ter isto en conta ao usala, así como que os seus usos primitivos foron asumidos polo pronome persoal masculino e polos demostrativos neutros.
Na primeira e segunda persoas de plural utilízanse como formas non marcadas, polo tanto válidas en todos os contextos, nós e vós. Ao lado delas existen tamén nosoutros, nosoutras e vosoutros, vosoutras, aínda que cun significado específico oposto ao das outras, que desde a orixe se mantén aínda en grandes zonas do territorio lingüístico galego. Nosoutros e vosoutros delimitan un grupo, establecido no contexto ou coñecido polo interlocutor, deixando fóra dese plural (“eu e mais estoutros”, “ti e mais esoutros”) a todos os que non pertenzan a el; nós e vós, entroques, non establecen ningunha delimitación con respecto aos demais (imos repartir o traballo: vosoutros tallades o papel e vosoutros preparades o debuxo; nosoutras non pensamos coma el). Esta diferenza tradicional, nalgunhas zonas de Galicia eliminouse a favor dun dos dous pronomes concorrentes (nós e vós ou nosoutros e vosoutros). Nós e vós son demográfica e xeograficamente maioritarias e por iso deben ser preferidas en caso de renunciar á distinción mencionada.
As formas de cortesía son vostede e vostedes, que esixen verbo en terceira persoa de singular ou plural, respectivamente.
As preposicións en e de contraen co pronome persoal de terceira persoa, segundo se indica no cadro seguinte:
PRON. PREP. |
EL | ELA | ELES | ELAS |
---|---|---|---|---|
EN | nel | nela | neles | nelas |
DE | del | dela | deles | delas |
Estas contraccións non teñen lugar cando a preposición non rexe directamente o pronome: De eles chegaren en tempo, imos xuntos.
[editar] Serie átona.
NÚM. |
PERSOA E XÉNERO |
NON REFLEXIVO |
REFLEX. |
||
DAT. |
ACUS. |
||||
SING. |
1ª |
me |
|||
2ª |
che |
te |
|||
3ª |
MASC. |
lle |
o, lo, no |
se |
|
FEM. |
a, la, na |
||||
PL. |
1ª |
nos |
|||
2ª |
vos |
||||
3ª |
MASC. |
lles |
os, los, nos |
se |
|
FEM. |
as, las, nas |
As formas o, lo e no (cos correspondentes femininos e plurais) son variantes combinatorias, de maneira que cada unha delas aparece nuns contextos fonéticos específicos en que non poden aparecer as outras: lo úsase cando o pronome é enclítico dunha forma verbal (excluído o participio) ou pronominal rematada en -s ou -r (coller - collelo, colles - cóllelo) e tras o adverbio u (antes *ub: ulo?); no úsase tras as formas verbais rematadas en ditongo (estou - estouno facendo;fai - faino; dei - deina; deixou - deixouna); o, en fin, úsase en todos os outros casos (collo - cólloo, collín - collino, fan - fano, non vexo - non o vexo, mal vexo - mal o vexo, etc.).
A concorrencia dos pronomes en dativo co acusativo de terceira persoa resólvese como segue:
ACUS. DAT. |
O/LO | A/LA | OS/LOS | AS/LAS |
---|---|---|---|---|
ME | mo | ma | mos | mas |
CHE | cho | cha | chos | chas |
LLE | llo | lla | llos | llas |
NOS | nolo | nola | nolos | nolas |
VOS | volo | vola | volos | volas |
LLES | llelo | llela | llelos | llelas |
[editar] Posesivos
O paradigma dos pronomes posesivos presenta en galego moderno unha única serie:
PERSOA |
SINGULAR |
PLURAL |
|||
MASC. |
FEM. |
MASC. |
FEM. |
||
SING. |
1ª |
meu |
miña |
meus |
miñas |
2ª |
teu |
túa |
teus |
túas |
|
3ª |
seu |
súa |
seus |
súas |
|
PL. |
1ª |
noso |
nosa |
nosos |
nosas |
2ª |
voso |
vosa |
vosos |
vosas |
|
3ª |
seu |
súa |
seus |
súas |
As formas do masculino singular meu, teu, seu, noso, voso, seu, pódense usar precedidas de de, sen variación de xénero ou número: temos tres casas de noso (‘da nosa propiedade’), é boa de seu (‘en por si’).
Existe tamén un posesivo de respecto, mi, que acompaña a madre, padre, ocasionalmente a tío e aínda a outros substantivos de tratamento (amo, señor).
Hai ademais unhas formas de posesivo ligadas a un distributivo, que non presentan variación de forma en relación coa categoría de persoa: cadanseu, cadansúa, cadanseus, cadansúas: déronnos(a) cadanseu libro; foron miña nai e mais ela, e colleron (a) cadansúa peza de pan; compraron (a)cadanseus zapatos.
[editar] Demostrativos
[editar] Paradigma dos pronomes demostrativos
O paradigma dos pronomes demostrativos establécese como segue:
PROX. |
NÚM. |
MASC. |
FEM |
NEUTRO |
I |
SING. |
este |
esta |
isto |
PL. |
estes |
estas |
···· |
|
II |
SING. |
ese |
esa |
iso |
PL. |
eses |
esas |
···· |
|
III |
SING. |
aquel |
aquela |
aquilo |
PL. |
aqueles |
aquelas |
···· |
[editar] Combinación co indefinido outro
O demostrativo combínase co indefinido outro, dando lugar en cada caso á formación dunha nova palabra, xa que só o segundo elemento admite morfemas de xénero e número:
PROX. |
NÚM. |
MASC. |
FEM |
I |
SING. |
estoutro |
estoutra |
PL. |
estoutros |
estoutras |
|
II |
SING. |
esoutro |
esoutra |
PL. |
esoutros |
esoutras |
|
III |
SING. |
aqueloutro |
aqueloutra |
PL. |
aqueloutros |
aqueloutras |
Aínda que estas son as formas habituais para o masculino e o feminino, existen tamén as formas plenas, que son as únicas posibles para o neutro: estes outros, aquilo outro.
[editar] Contraccións coas preposicións en e de
O mesmo ca o pronome persoal tónico de terceira persoa, o pronome demostrativo contrae coas preposicións en e de: deste, neste, destoutra, nesoutra, daquilo, daqueloutros, naquela, etc.
Estas contraccións non teñen lugar cando a preposición non rexe o substantivo ao que modifica o demostrativo: de estas razóns seren admitidas.
[editar] Cuantificadores e identificadores
[editar] Formas dos cuantificadores
algún, algunha, algúns, algunha
abondo, abonda, abondos, abondas
alguén
moito, moita, moitos, moitas
algo
ben
ningún, ningunha, ningúns, ningunhas
demasiado, demasiada, demasiados, demasiadas
ninguén
máis
nada
menos
ren ou res
tanto, tanta, tantos, tantas
un, unha, uns, unhas
todo, toda, todos, todas
varios, varias cada; cada cal; cadaquén
pouco, pouca, poucos, poucas
ambos, ambas; entrambos, entrambas
bastante, bastantes
[editar] Formas dos identificadores
outro,outra, outros, outras
calquera; quenquera
tal, tales
mesmo, mesma, mesmos, mesmas
propio, propia, propios, propias
o demais, a demais, os demais, as demais
o máis, a máis, os máis, as máis
certo,certa, certos, certas
determinado, determinada, determinados, determinadas
[editar] Contraccións
Algún e outro, cos seus femininos e plurais, contraen coas preposicións en e de: nalgún, nalgunha...; dalgún, dalgunha...; noutro, noutra...; doutro, doutra... Con alguén e algo non se marca contracción na escrita.
Se o cuantificador ou o identificador está iniciado por un(s),unha(s) ou por o(s), a(s) (uns cantos, un pouco, o demais, o máis, ...) as contraccións son as indicadas para os artigos (vide 14.1.2. e 14.2.2.).
O indefinido un(s), unha(s), cando actúa como adxectivo, presenta as mesmas contraccións ca o artigo indeterminado (vide 14.2.2): falounos duns problemas que non demos entendido; casou cun de Sarria. Cando se usa como pronominal xeralmente represéntase a contracción coas preposicións de e en, dando lugar ás formas dun(s), dunha(s), nun(s), nunha(s): están sempre a falar mal dun; a resposta hai que buscala nun mesmo; por contra, non se representa na escrita a contracción coa preposición con: tanto se comprometía con un coma con outro; cada domingo ía ao cine con unha, nunca o viamos coa mesma rapaza.
[editar] Relativos, interrogativos e exclamativos
Para o relativo e interrogativo ou exclamativo o galego ten catro formas: dúas sen variación de xénero e número, que e quen; outra que admite morfema de plural, cal (pl. cales); e outra que pode ter morfemas de xénero e número, canto (canta,cantos, cantas). Existe ademais un relativo posesivo cuxo, que presenta flexión de xénero e número (cuxa, cuxos, cuxas).