Normativa oficial do galego - Numerais
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] 16. Numerais
[editar] Cardinais
cero
un/unha
vinte e un / vinte e unha
dous/dúas
tres
catro
cinco
seis
sete
oito
nove
dez
once
doce
trece
catorce
quince
dezaseis
dezasete
dezaoito
dezanove
vinte
vinte e dous / vinte e dúas, etc.
trinta
trinta e un, trinta e unha, etc.
corenta
cincuenta
sesenta
setenta
oitenta
noventa
cen
cento un, cento unha, etc.
douscentos / duascentas
trescentos / trescentas
catrocentos / catrocentas
cincocentos / cincocentas, quiñentos/-as
seiscentos / seiscentas
setecentos / setecentas
oitocentos / oitocentas
novecentos / novecentas
mil
Cando os numerais vinte, trinta, corenta..., noventa, van seguidos da conxunción e, contraen na pronunciación a súa vogal final coa conxunción e.
Cento, millón, billón, trillón, aínda que expresan número, funcionan como substantivos, igual que ducia, decena, centena.
Os numerais un, unha, cando son adxectivos, contraen con de, en e con, da mesma maneira ca os artigos indeterminados (vide 14.2.2.). Pola contra, cando son pronominais, normalmente contraen coas preposicións en e de, pero non coa preposición con, da mesma maneira ca o indefinido un(s), unha(s): equivocouse nunha ou en dúas respostas; con unha xa me abonda.
[editar] Ordinais
primeiro segundo terceiro cuarto quinto sexto sétimo oitavo noveno décimo undécimo / décimo primeiro duodécimo / décimo segundo décimo terceiro décimo cuarto décimo quinto décimo sexto décimo sétimo décimo oitavo décimo noveno vixésimo vixésimo primeiro vixésimo segundo, etc. trixésimo cuadraxésimo quincuaxésimo sesaxésimo septuaxésimo octoxésimo nonaxésimo centésimo milésimo millonésimo
Todas estas formas admiten morfemas de xénero e número, que nas formas compostas só se unen ao último elemento (décimo primeira).
[editar] Multiplicativos
dobre; duplo, dupla
triplo, tripla
cuádruplo, cuádrupla
quíntuplo, quíntupla
séxtuplo, séxtupla
séptuplo, séptupla
óctuplo, óctupla
nónuplo, nónupla
décuplo, décupla
céntuplo, céntupla
Os restantes fórmanse mediante o cardinal correspondente seguido da palabra veces".
[editar] Partitivos
medio, -a
terzo, -a
cuarto, -a
quinto, -a
sexto, -a
sétimo, -a
oitavo, -a
noveno, -a
décimo, -a
onceavo, -a
doceavo, -a
centésimo, -a
milésimo, -a
millonésimo, -a
Nótese que a partir de 1/11 (e exceptuados 1/100, 1/1000,1/1.000.000) o partitivo faise engadindo ao cardinal o sufixo -avo: (1/16) un dezaseisavo, (2/29) dous vinte e noveavos, (7/345) sete trescentos corenta e cincoavos.