Normativa oficial do galego - O guión
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] O guión
O guión úsase para partir unha palabra ao final de liña, para separar os dous membros en certas palabras compostas e para unir a variante alomórfica –lo do artigo ao adverbio u: dicionario galego-inglés, u-la navalla? Se se usa o alomorfo –lo do artigo tras unha forma verbal ou pronominal rematada en –s ou en –r, únese tamén con guión (cfr. 14.1): tráiovo-lo libro mañá.
[editar] O guión nas palabras compostas
A grafía das palabras compostas que son substantivos ou adxectivos está en relación coa súa composición e morfoloxía.
De realizarse a flexión de xénero ou número nas dúas bases, estas escríbense de forma separada: garda civil, gardas civís; porco bravo, porcos bravos, porca brava; terza feira, terzas feiras. O mesmo ocorre se a moción afecta ao primeiro elemento: moble bar, moble bar; piso piloto, pisos piloto; sofá cama, sofás cama.
Se a flexión se realiza só no último elemento ou se apalabra composta é invariable, a unión entre os seus compoñentes prodúcese directamente: cartafol, cartafoles; sapoconcho, sapoconchos; vacaloura, vacalouras; mediodía, mediodías; socioeconómico, socioeconómica; xordomudo, xordomuda; branquiazul, branquiazuis; vagalume, vagalumes; benvida, benvidas;malhumor, malhumores; malpocado, malpocada; lusquefusque, lusquefusques;reirrei, reirreis; fervellasverzas; picafollas; limpachemineas;gardarríos; cabodano, cabodanos.
Escríbense con guión as palabras en que o primeiro elemento é non (non-intervención, non-proliferación,non-aliñados, non-fumadores), asociacións ocasionais non fixadas na lingua (dicionario alemán-galego; estudos xurídico-económicos; condicións político--económicas; maníaco-depresiva; épico-líricos;catalano-aragonesas), palabras complexas como les-nordeste, les-sueste, nor-nordeste, nor-noroeste, oés-noroeste, oés-sudoeste, ou, finalmente, algunhas palabras estranxeiras: foie-gras, foxterrier, strip-tease, tse-tse,wáter-polo.
Para a grafía particular dos numerais, véxase 16.1. e 16.2.
[editar] O guión en final de liña
Emprégase o guión para partir palabras a final de liña; esta división só pode facerse mantendo íntegras as sílabas dos dous segmentos. Os dous elementos dun dígrafo non se poden separar, por constituíren a representación dun son único: ce-/rra-/lleiro, ma-/chada, co-/rromper,pre-/rrogativa, algu-/nha, ningu-/nha,etc. Por razóns estéticas adoita evitarse deixar orfa unha vogal a final ou a principio deliña.
Cando un guión que separa dúas palabras ou dous membros dunha palabra complexa coincide en final de liña, cómpre repetilo ao comezo da liña seguinte: dicionario galego-/-inglés.
[editar] Unha consoante en posición intervocálica
Cando hai só unha consoante intervocálica, esta é sempre comezo silábico: cla-/ri-/da-/de, cle-/ro, exa-/me, fei-/xe,sou-/to, sei-/xo, sa-/quei.
[editar] Dúas consoantes intervocálicas
Nas secuencias de dúas consoantes intervocálicas, na maior parte dos casos a primeira fai sílaba coa vogal anterior. Neste caso, a separación silábica faise entre as dúas consoantes: ac-/to,pac-/tar, abdominal, ad-/mitir, ec-/cema, excep-/ción, ac-/ción, amíg-/dala,ob-/xec-/to, sub-/título, adap-/tar, sub- xec-/tivo, et-/nografía,sig-/nificado, rit-/mo, xen-/ro, om-/nipotente, comun-/mente, des-/viar,ad-/herir.
As secuencias bl, br, pl, pr, cl, cr, gl, gr, dr, tl, tr, fl e fr intervocálicas forman unha unidade e non se poden separar ao final da liña: pro-/blema, do-/brado, desa-/plicar, su-/plantar,pro-/clamar, se-/creto, de-/glutir, se-/gredo, ca-/dro, ca-/tro, re-/flexión,re-/fresco, transa-/tlántico.
[editar] Máis de dúas consoantes
Cando hai máis de dúas consoantes, se o grupo termina en l ou r, a consoante que as precede forma sempre sílaba con elas: en-/trar, ex-/tremo, in-/clinación, ins-/truír, subs-/crición,in-/glés, em-/blema, subs-/trato. En todos os demais casos faise aseparación antes da última consoante: pers-/picacia, abs- /temio,subs-/tituír, sols-/ticio, cons-/piración, trans-/posición, ins-/titución,supers-/tición.
[editar] Prefixos
A pesar do dito en 3.1. e 3.2., en palabras derivadas por prefixación en que aínda non se perdera a conciencia do prefixo, recoméndase facer a partición da palabra ao final de liña entre o prefixo e a base: bis-/avó, des-/abrigar, inter-/académico, super-/abundante;trans-/oceánico; sub-/rogar, sub-/leñoso, ad/renal, ad-/ligar, etc.
Non obstante, naqueles casos en que a silabación habitual así o permita, non se considera incorrecta a partición sen ter en conta os elementos mórficos da palabra: tran-/soceánico, bi-/savó,supe- /rabundante.
[editar] Dúas vogais
No caso de haber dúas vogais xuntas, non se poden separar cando forman ditongo crecente ou decrecente: fei-/xe, sei-/xo, sou-/to, ru-/bio,la-/bial, cien-/cia, espe-/cie, exi-/mia, te-/nue, conti-/nuo, ani/mais, ambi-/guo,ambi-/gua, bilin-/güe, delin-/cuen-/te, lin-/gua, Ma-/nuel, delin-/quiu,viu, sue-/co.
Poden separarse cando constitúen hiato: dí-/as,parti-/amos, ra-/íña, gra-/údo, ca-/ótico, mu-/íño, re-/alidade, co-/ordinar, mi-/údo, afi-/uzar, balu-/arte, xesu-/íta,alu-/arada, perdo-/amos, conclú-/es, conclú-/as, che-/os, are-/al, alde-/án.
[editar] Máis de dúas vogais
Se hai tres ou máis vogais xuntas pode separarse a primeira sempre que non forme parte dun ditongo ou dun tritongo: ensa-/iar, ensa-/iei, ensa-/iou, afi-/ei, bo-/iei-/ro, la-/ión, xo-/ia,pa-/io-/lo, clareou, are-/ei-/ra, retribu-/íu, ro-/eu, mo-/ia-/mos,cor-/diais, so-/ciais.