Psicoloxía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Por psicoloxía pódese entender:
- Ciencia que estuda a mente nos diferentes estados de consciencia, o comportamento e as sensacións do individuo. Fixéronlle un test psicolóxico para saber o grao de intelixencia.
- Xeito de sentir, pensar ou actuar dunha persoa ou grupo. Presentaron un ensaio sobre a psicoloxía infantil.
Este artigo trata a primeira acepción.
Índice |
[editar] Os Métodos en Psicoloxía
Desde a súa xénese como disciplina, a Psicoloxía viuse na necesidade de axustarse á metodoloxía inductiva empírico-analítica, imperante dende o século XVI. Recordemos que antes dese século a ciencia tíñase desenvolto dentro dunha tradición eminentemente deductiva, onde os fenómenos explicábanse a partir do seu axuste interpretativo coas concepcións filosóficas ou relixiosas do momento.
Se ben é certo que a adscrición da Psicoloxía ó método científico representou un avance significativo, especialmente no concernente ó estudo dos procesos psicofisiolóxicos asociados á percepción, tamén é certo que a descomposición analítica dos fenómenos psíquicos superiores en feitos positivos fai case imposible a súa reestruturación ulterior para a súa cabal comprensión.
O desenvolvemento da ciencia no século XX desmontou a mistificación que tiña creado ó redor do obxecto, pois a teoría da relatividade amosa a interdependencia entre a materia e o movemento, o obxecto e a acción. Nembargantes, observando a esencia dos diferentes métodos de investigación, atopamos que todas as escolas de Psicoloxía usan o esquema estímulo-resposta, independentemente do enfoque que teñan e da aplicación práctica que faigan del; en realidade, as discrepancias xurden a partir da interpretación teórica que os investigadores asignan ós distintos entornos e ás consecuencias.
Vygotski, Wallon e Piaget coinciden no propósito de superar o feito estático que pretende falar por si mesmo e recoñecen que os mesmos fenómenos poden adquirir significacións diferenciadas, segundo sexa a estructura que os engloba. Ó respecto, Vygotski convoca unha visión xenética da mente, mentres Piaget propón o método Clínico Experimental e Wallon rexeita calquera método que intente introducir modificacións sustanciais na natureza das persoas estudadas.
Sobre a base dunha aproximación dialéctica á análise da historia humana, propónse un novo método de investigación que pretende á análise das funcións psicolóxicas superiores e que está formado por tres principios:
1.- Análise do proceso en oposición á análise do obxecto. 2.- Explicación versus descripción. 3.- O problema da conducta fosilizada.
--
O método exposto máis arriba non é outro que o experimental, que sempre aspira a un nivel explicativo e non descriptivo, máis común de metodoloxías correlacionais Psicoloxía experimental
[editar] Paradigmas da Psicoloxía
- Psicoloxía Conductista
- Psicoloxía Cognitiva
[editar] Outros Paradigmas
Psicoloxía Estructuralista Psicoloxía Funcionalista Psicoanálise
[editar] Disciplinas da Psicoloxía
- Psicoloxía Social
- Psicoloxía Deportiva
- Psicoloxía do Traballo
- Psicoloxía Clínica
- Psicoloxía Básica
- Psicoloxía Educativa
[editar] Principais autores en Psicoloxía
- Alfred Binet
- Hans Jürgen Eysenck
- Gustav Theodore Fechner
- Sigmund Freud
- Erich Fromm
- Francis Galton
- William James
- H. A. Murray
- Ivan Pavlov
- Mercedes Rodrigo
- Hans Selye
- Théodore Simon
- Burrhus Frederich Skinner
- Charles Edward Spearman
- Edward Lee Thorndike
- Louis Leon Thurstone
- John B. Watson
- Wechsler
- Joseph Wolpe
- Wilhelm Wundt
[editar] Instrumentos Psicolóxicos
- E.H.S.
- E.P.I.
- E.S.F.A.
- Inventario Clinico Multiaxial de Millon, MCMI
- SCL-90R
- T.A.T.
- Test de Rorschach
[editar] Marco Legal
A Psicoloxía non está rexida por un marco legal específico. Atópase encadrada dentro das Ciencias Sociais e Legais, tanto a nivel académico como a nivel laboral. Debido a esta situación os psicólogos que traballan en un ámbito sanitario deben obter a titulación PIR.
- LOPS
[editar] Asociacións Psicolóxicas
[editar] Asociacións Internacionais
- A.P.A. American Psycological Association.
[editar] Asociacións Iberoamericanas
- Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia
- Colegio Oficial de Psicólogos de España
- Associação Pró-Ordem dos Psicólogos, de Portugal
- Colegio de Psicólogos de Chile
- Comité Oficial de Psicología de Colombia
- Sociedade Brasileira de Psicologia
- Sociedad Mexicana de Psicología - www.psicologia.org.mx
[editar] Ligazóns Externas
- Portalpsicologia.org
- International PSY Congressos
- Ansia Psychology University of Rome Research (it)
- Psychoworld.sk - human psychology news