Ética
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A ética (do grego ethos, "temperamento", "carácter") é a parte da filosofía que ten como obxecto de estudo os códigos morais. A ética analiza o comportamento moral das persoas, as normas morais, a súa fundamentación, a súa validez, a súa universalidade, etc. A ética analiza o uso de conceptos como bon, malo, o ben, o mal e responsabilidade.
Tradicionalmente, a ética ocupouse de analisar, valorizar e desenvolver estas normas. Porén, hoxe en día asígnaselle un carácter teórico e rexéitase o carácter normativo ou pragmático que tiña.
O comportamento moral das persoas é unha forma de conduta e a ética dá razón del. Para isto, toma como obxecto da súa reflexión a práctica moral da humanidade no seu conxunto. A ética hoxe evita emitir xuízos de valor sobre a práctica moral nas distintas sociedades e épocas, senón que tenta explicar a razón de ser desa diversidade e das mudanzas que se producen.
Índice |
[editar] Véxase tamén
[editar] Conceptos
- Filosofía | Moral
- Lista de conceptos da filosofía
- Conceptos éticos
- Alteridade
- Causa | Teleoloxía | Causa final | Finalismo
- Ben común
- Responsabilidade | Deber
[editar] Filósofos da ética
- Sócrates | Platón
- Aristóteles
- Epícteto
- Spinoza | Kant | Kierkegaard
- Paul Ricœur | Lévinas
[editar] Ética aplicada
- Ética aplicada
- Ética empresarial
- Goberno
- Desenvolvemento sustentábel | Responsabilidade social das empresas
- Resolución de conflitos
- Código deontolóxico
- Ética informática
- Netiqueta
- Psicoloxía evolucionaria
- Bioética | Xustiza social