Mareas vivas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mareas vivas foi unha serie da Televisión de Galicia creada por Antón Reixa producida por Voz Audiovisual e Zopilote que se emitiu entre 1998 e o 2002. Foi o maior éxito da TVG e os seus personaxes das primeiras temporadas fixéronse moi populares entre a poboación galega, fixo historia por empregar unha lingua popular, dialectamente propia do galego da Costa da Morte, gravouse en Laxe que na serie adoptou o nome ficticio de Portozás. A serie viuse, xa sen éxito, en Telemadrid (9 episodios) e na ETB.
Para moitos dos seus actores, Mareas Vivas foi un trampolín hacia a fama en Galicia e nalguns casos para dar o salto ao panorama nacional. O caso máis claro é o de Luis Tosar.
[editar] Argumento
Mareas Vivas reflexa a realidade dun pobo mariñeiro galego situado na Costa da Morte.
Anque o protagonismo recaia nas primeiras tempadas principalmente nos personaxes de Andrés (Luis Tosar) e María (Isabel Blanco), tratase dunha serie coral, cun elenco amplio, e que puido sobrevivir bastante tempo nas pantallas dende a marcha dos dous citados personaxes.
[editar] Intérpretes
- Luis Tosar:Andrés Domínguez, o Xuíz
- Isabel Blanco:María Ares
- Luis Zahera:Celso 'Petróleo'
- Sonia Castelo:Berta
- Mela Casal:Alcaldesa Celia
- Tuto Vázquez:Ramón Couto
- Carlos Blanco:Ladislao Couto
- Miguel de Lira:Evaristo Currás/Víctor
- Xaquín Caamaño:Manghüi
- Monti Castiñeiras:Xurxo Vázquez
- María Louro:Paula Couto
- Paco Campos:Florencio
- Xosé Manuel Olveira:Don Amancio
- Santiago Romay:Fito
- Patricia Fernández Aufiero:Iria
- Patricia Vázquez:Sabela Muiños, a xuíza
- Camila Bossa:Belinda
- Víctor Mosqueira:Francisco Taracido
- Manuel Lourenzo:Melgacho
- Evaristo Calvo:Carlos
- Eva Fernández:Rosa
- Alfonso Agra:Anselmo
- Xavier Estévez:Viriato