Camila Bossa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Camila Bossa (Bogotá, 1973) é unha actriz galega.
Comezou actuando en 1994 no teatro universitario en Santiago de Compostela, en 1996 apareceu no programa da TVG Luar e en Pratos combinados, mais o seu éxito definitivo foi no papel de Belinda en Mareas vivas.
[editar] Filmes
- Aproba!, 1994 (curtametraxe)
- A caixa negra, 1998 (curtametraxe)
- Décimo aniversario, 1998 (mediametraxe)
- Tanto ten, 2000 (curtametraxe)
- Inútil, 2001 (curtametraxe)
- O ano da carracha, 2004 (longametraxe)
- Heroína (película), 2005 (longametraxe)
- O don da dúbida, 2005 (longametraxe)
[editar] Televisión
- Pratos Combinados, 1996
- Mareas vivas, 1999-2001
- As leis de Celavella, 2003-2005