Mela Casal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mela Casal é unha actriz galega.
Fíxose popular para os espectadores galegos polo seu papel da alcaldesa de Portozás, Celia Rei, na serie Mareas vivas e actualmente é unha das protagonistas doutras seire de ficción de éxito da TVG, A Vida por diante.
En televisión ten colaborado ademais noutras producións como Nada es para siempre (Antena 3), sen esquecer o seu papel de Socorrito en Luar.
As súas incursións en cine non son moi numerosas, aínda que cabe destacar a súa participación en títulos como Sei quen es, de Patricia Ferreira, en 2000, O lapis do carpinteiro de Antón Reixa en 2003 e O ano da carracha, de Jorge Coira, en 2004.
Tamén conta cunha grande experiencia teatral.