Carlos Blanco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Carlos Blanco (Vilagarcía de Arousa, 1959) é un actor galego.
Actor de teatro e presentador da Radio Galega, comezou a traballar na TVG como presentador do programa A Reoca en 1990 con Antonio Durán. Colaborou noutros programas como Sitio Distinto ou Luar e foi Ladislao Couto en Mareas vivas. A súa carreira cinematográfica comezou con Sei quen es (1999) e continuou en O lapis do carpinteiro (2003) e Cargo (2005). Actualmente (xuño de 2005) presenta o programa da TVG Somos unha potenzia.