Luar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Luar é un programa da Televisión de Galicia. Un dos grandes éxitos da TVG (líder do share na súa franxa horaria e cunha grande audiencia entre os galegos emigrados a través de Galicia TV e de Vía Dixital) pero tamén un dos máis criticados, mantense no aire desde setembro 1992. Realizado por Manuel Abad e presentado por Xosé Ramón Gayoso e Nieves Rodríguez. Emítese en directo desde unha discoteca de Touro os venres pola noite, é un programa eminentemente musical no que se lle dá un amplo espazo á música galega sobre todo á tradicional, aínda que no programa hai espazo para o humor e os concursos. Moitas figuras do audiovisual e da música galega fixeron as súas primeiras aparicións nel ou ben fixéronse coñecidos en toda Galicia como Luís Tosar, Mercedes Peón, Paula Vázquez ou Os Tonechos, pero en total pasaron polo programa máis de 5.000 artistas.
[editar] Participantes
- (lista incompleta)
- Carlos Blanco
- Uxía Blanco
- María Blanco-Fafián
- Camila Bossa
- Mariana Carballal
- Mela Casal Socorrito
- Belén Constenla
- Ricardo de Barreiro
- Avelino González
- Diana Nogueira (2002-2003)
- Josito Porto
- Xacobe Sanz
- Patricia Vázquez
- Roberto Vilar Tonecho (2004)
- Luis Zahera