Jeff Beck
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
Jeff Beck, (Surrey, Inglaterra, 24 de xuño de 1944) é un guitarrista de pop.
Comezou a atrer a atención coma guitarrista cando se incorporou ós Yardbirds en 1965, coma sustituto de Eric Clapton. Naquela época, os Yardbirds atravesaban unha fase de transición, apoiandose menos no impulso orixinal dos blues americanos e pasando a desenrrolar as súas propias ideas. Anos máis tarde, Beck describrialos coma "a primeira banda psicodélica"(?????). Anque Beck e Clapton estaban similarmente enraizados no blues, Beck resultaba moito máis adecuado para o enfoque cada vez máis experimental dos Yardbirds. Có paso do tempo revelouse coma un músico en constante búsqueda de novos sons, texturas e medios de expresión a través da guitarra.Clapton era e segue sendo esencialmente un guitarrista de blues.
En 1966, os Yardbirds coseguiron apartar a Jimmy Page do seu lucrativo traballo coma guitarrista de estudio e persuadironlle de que tocara o baixo có grupo. Nunha ocasión en que Beck caeu enfermo, Page sustituiulle na guitarra para que o grupo puidese actuar. Cando Beck recuperouse houbo un breve periodo no que Beck e Page tocaron a guitarra solista á vez nos Yardbirds. Nembargantes, ese mesmo ano, durante unha xira por América Beck volveu a alegar que estaba enfermo; a banda non o tomou en serio e quedou forá do grupo(din que Beck é bastante egocéntrico). Existe unha certa confusión acerca de se marchouse ou botarono. Os Yardbirds continuaron con Keit Relf (voz e armónica), Jimmy Page (Guitarra solista), Paul Samwell-smith(2ªGuitarra),Chris Deja (Baixo) e Jim Mcarthy (batería) ata 1968. Entón Page quedouse só e, para cubrir os contratos pendentes reuniu unha banda que chamou "os Novos Yardbirds". Case inmediatamente cambiouselle o nome por Led Zeppelin, pero esta é outra historia.
Mentres tanto, Beck comezará unha carreira coma solista, logrando un certo éxito inicial coa axuda do productor Mickie Most. O principal éxito foi "Hi Ho Silver Lining" pero a cara B, "Beck's Bolero" era moito máis interesante, ó contar coa participación de Keith Moon, Jimmy Page, John Paul Jones e Nicky Hopkins.
Coma consecuencia do seu traballo previo cos Yardbirds, Beck adquirira unha considerable reputación coma guitarrista aparte de ser unha mezcla de pop star e figura de culto. Dende dita posición reuniuse o primeiro dunha serie de Jeff Beck Groups. Nembargantes, xa debierase á diverxencia de personalidades ou á diversidade de antecedentes musicais, o grupo nunca chegou a pasar das fases de ensaios. Beck, que xa tíña fama de aspero e difícil de tratar merece non obstante que se lle recoñenza o seu optimismo ó tratar de xuntar (ademáis de a el mesmo) a Rod Stewart, Jet Harris, Viv Prince e Ron Wood. En calquer caso, cando o baterista Aynsley Dunbar uniuse a Stewart, Wood e Beck, logrouse unha certa cohesión, e a banda gravou dous álbumes, "Truth" e "Beck-ola", que xunto coas actuacións en vivo estableceron a reputación de Beck coma figura importante. Stewart e Wood permaneceron con Beck ata 1969. Máis tarde Stewart revelou os problemas que tivo, aguantando a actitude dominante de Beck, pero ó suprimir as súas propias tendencias egoístas tivo as súas compensacións: o prestixio que adquiriiu cantando con Beck foi o que lle proporcionou o trampolín para lanzar ós Faces e para a súa posterior carreira solista.
A finais dos 60, o desenrrolo paralelo de Clapton, Townshend, Beck, Page e o tremendo Hendrix establecerá a base do estilo britanico de guitarra rock. Pero, en términos de éxito comercial Beck quedouse parcialmente eclipsado polos outros. Era indudable que o máis popular eran os power trío de guitarra, baixo e batería, e Beck tratou de resolver a situación con plans para a formación do trio Beck, Bogert e Appice.
Beck era amigo de Tim Bogert (Baixoo) e Carmine Appice (bateria) dende que estos tocaban no grupo americano Vanilla Fudge e el nos Yardbirds. Estando en Nova Iork para gravar un single, foi a un club a ver a Vanilla Fudge e, ó non aparecer o seu guitarrista Beck accedeu a cubrir o seu posto. Os tres quedaron o suficientemente satisfechos coma para querer tocar xuntos de novo, pero houbo que aplazar a idea ata que quedaran libres de compromisos. en 1969, cando parecían que xa non había problemas, Beck sufriu un accidente automovilístico que o mantuvo inactivo por máis dun ano. Bogert e Apprie unieronse a Cactus, e Beck, cando recuperouse, formou un novo grupo có que gravou dous álbumes, "Rough and ready" e "Jekk Beck Group", ata que en 1972 Beck, Bogert e Appice poderon formar o seu trío.
Por desgracia, a obseción de Beck por este proxecto parece que lle impediu darse conta de que o tempo pasará e que o concepto de power trío estaba desfasado. Percatouse case inmediatamente. O grupo separouse despois de dos álbumes. Comezou unha época de trancisión para Beck, onde diuse conta de que moitos copiarán o seu estilo. Enamorouse dos teclados de Jan Hammer do grupo de John McLaughlin.Coma resultado, en 1975, publicou "Blow by Blow", producido por George Martin, onde aparece cun estilo máis Jazz-rock con toques de funk e unha pizca de soul.
Logo veu "Wired", cun éxito símilar. Nos seguintes anos formou parte de innumerables grupos e colaborou con músicos coma Stevie Wonder, Stanley Clarke e Jan Hammer.