Led Zeppelin III
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Led Zeppelin III é un disco da banda de rock inglesa Led Zeppelin, publicado no 5 de outubro de 1970, pola discográfica Atlantic.
Neste álbum o grupo afonda máis nos compañestes folk do seu repertorio, sendo a maioría dos temas deste xénero. Deixando o rock máis duro, xa amosado no anterior disco, nun segundo plano, pero con pezas de gran calidade que acabarían sendo das más coñecidas da banda, como pode ser "Immigrant Song". O disco provocou críticas, unhas criticando que as cancións máis duras eran simple e gratuito ruido, mentras que o material acústico foi tachado de imitación de Crosby, Stills, Nash & Young. Ainda con todo conseguiu chegar ó máis alto das lista inglesa e anericana.
O disco xorde durante unhas vacacións de Page e Plant cuns amigos despois das vertixinosas xiras. Foron ata unha cabana en Bron-y-Aur (Gales). Así foron influidos pala atmosfera que respiraban naquel retiro, reflectido en declaracions da banda en relación co disco:
Credit must be given to BRON-Y-AUR a small derelict cottage in South Snowdonia for painting a somewhat forgotten picture of true completeness which acted as an incentive to some of these musical statements. —August, 1970
Debe darse crédito a BRON-Y-AUR, unha ruinosa casa de campo en South Snowdonia, por pintar unha imaxe algo olvidada da verdadeira enteireza que serviu de incentivo dalguns destos plantexamentos musicais. —Agosto de 1970
.
Posteriormente gravaron os temas en Headley Grange, unha mansión en Hampshire (co estudio ambulante dos Rolling Stones) e os estudios Island en Londres.
[editar] Listado de cancións
- "Immigrant Song" (Jimmy Page, Robert Plant) – 2:25
- "Friends" (Page, Plant) – 3:54
- "Celebration Day" (Page, Plant, John Paul Jones) – 3:29
- "Since I've Been Loving You" (Page, Plant, Jones) – 7:23
- "Out on the Tiles" (Page, Plant, John Bonham) – 4:07
- "Gallows Pole" (tradicional arranxada por Page, Plant) – 4:56
- "Tangerine" (Page) – 3:10
- "That's the Way" (Page, Plant) – 5:37
- "Bron-Y-Aur Stomp" (Page, Plant, Jones) – 4:16
- "Hats off to (Roy) Harper" (tradicional) – 3:42
[editar] Créditos
- Jimmy Page - Guitarra acústica, eléctrica, pedal steel, segundo vocalista e productor
- Robert Plant - Vocalista, armónica
- John Paul Jones - Baixo, órgano, mandolina, segundo vocalista
- John Bonham - Percusión, segundo vocalista
- Peter Grant - Productor executivo
- Andy Johns - Enxeñeiro, mezclas
- Eddie Kramer - Mezclas (canción 6)
- Zacron - Creativo visual