Interacción nuclear débil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A interacción nuclear débil é, xunto á gravidade, á interacción nuclear forte e ó electromagnetismo, unha das catro forzas fundamentais da natureza. É a responsable de certos tipos de radioactividade natural, como a desintegración dun neutrón nun protón, un electrón e un neutrino. Os bosóns vectoriais (W + ,W − yZ0)son as partículas fundamentais que garanten a transmisión da forza nuclear débil.
Foi nos anos 1930 cando os físicos que estudaban a radiación emitida polos átomos déronse conta que, en certos casos, o núcleo do átomo emitía electróns.
O fenómeno débese a que, ás veces, un neutrón do núcleo transfórmase nun protón e un electrón. O electrón remata por escapar do núcleo, pero ó medir as súas propiedades descóbrese que falta certa cantidade de enerxía.
Propúxose unha nova clase de partícula para explicar este fenómeno, unha partícula que se leva a enerxía que falta, totalmente sen carga, invisible e á cal as forzas eléctricas e magnéticas non afectan. Enrico Fermi chamouna Neutrino (en italiano, Neutronciño) aínda que o nome quedou tal cal).
[editar] Ver tamén
- Modelo electrodébil
As catro forzas fundamentais da Física | |
---|---|
Forza gravitatoria | Forza electromagnética | Interacción nuclear forte | Interacción nuclear débil |