Neutrón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un neutrón é un barión neutro formado por dous quarks down e un quark up. Forma, xunto cos protóns os núcleos atómicos. Fóra do núcleo atómico é inestable e ten unha vida media duns 15 minutos emitindo un electrón e un antineutrino para convertirse nun protón. A súa masa é moi similar á do protón.
Algunhas das súas propiedades:
- Masa: mn = 1.672x10-24g
- Vida media: tn = 886.7 ± 1.9 s
- Momento magnético: mn = -1.9130427 ± 0.0000005 mN
- Carga eléctrica: qn = (-0.4 ± 1.1) x 10-21 e
O neutrón é necesario para a estabilidade de casi tódolos núcleos atómicos (a única excepción é o hidróxeno), xa que interactúa fortemente atraéndose con neutróns e protóns, pero non se repele con ningún, como sí o fan os protóns, que se atraen nuclearmente pero repélense electrostáticamente.