Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions Filipo II de Macedonia - Wikipedia

Filipo II de Macedonia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Filipo II (en grego Φίλιππος), foi un rei de Macedonia, o fillo máis novo de Amintas III (reinou en -394--370). Naceu en Pela.

Durante moitos anos Macedonia fora unha zona inestable, cuxos reis se asasinaban uns a outros para conseguiren o poder sobre todas as tribos. Con Filipo chegou o comezo dun gran Imperio. Filipo impuxo o poder sobre os demais e conseguiu que o seu pobo sacase partido da súa vantaxosa posición xeográfica. Segundo os historiadores as fazañas de Filipo son grandiosas e son a apertura dun camiño de gloria que percorrería o seu fillo Alexandre Magno.

Índice

[editar] Filipo rei

Moeda con imaxe de Filipo II de Macedonia
Agrandado
Moeda con imaxe de Filipo II de Macedonia

No ano -356 subiu ao trono de Macedonia o xove Filipo con vinte e dous anos, co nome de Filipo II. Del dise que era un excelente xinete, gran nadador e un soldado moi sufrido en campaña. De xeitos afables, conversación animada e gusto polos festíns. Casou con Olimpia, princesa de Epiro, e tivo un fillo, Alexandre, que sería coñecido máis tarde como Alexandre Magno.

Filipo pasara tres anos en Tebas en calidade de refén e alí estudara de preto os exércitos gregos e a súa política. Deuse conta de que a nova táctica da ruptura que se ensinaba aos soldados, baseada integramente na falanxe, podía mellorarse moito. No campo político deuse conta de que Tebas xa non era a cidade forte ante Atenas, que se debilitaba e deixaría de dominar. A idea deste rei era chegar á unidade política de todos os pobos gregos baixo o seu mando.

[editar] O exército

O seu primeiro cometido foi organizar un bo exército, competente, disciplinado e numeroso, capaz de se enfrontar cos máis grandes pobos daquel mundo coñecido, capaz de dominalo, como o fixo, ao longo de dous séculos. Filipo preparou o exército non con mercenarios, senón cos seus súbditos, para o posterior triunfo de Alexandre Magno, do mesmo xeito que Caio Mario preparou en Roma o exército que faría triunfar a César. O biógrafo grego Plutarco (c. 46-125) escribiría séculos máis tarde esta coincidencia na súa gran obra Vidas paralelas.

O rei proporcionaba as armas:

  • casco.
  • coiraza de coiro.
  • escudo pequeno e redondeado.
  • espada corta.
  • lanza de 6 metros e medio, chamada sarissa. Era famosa esta lanza, a máis longa e pesada que se coñece da antigüidade.

Compoñíase de:

  • cabalería pesada (formada pola nobreza). Anteriormente os reis macedonios posuían unha tropa de xinetes nobres que formaban a súa escolta, chamados hetairoi (compañeiros do rei). Filipo organizou ao seu modo esa cabalería e deulles a todos as mesmas armas: coiraza metálica, xavelina e sabre. Eran en total 800 homes, e a súa especialidade era a carga frontal.
  • cabalería lixeira. Era a encargada de iniciar o combate e apoiar á falanxe atacando os flancos inimigos.
  • infantería (formada pola masa do pobo).
  • falanxe (onde estaban os homes máis robustos). Estaba formada por guerreiros armados con lanzas, que entraban en combate de forma frontal e sen separar as liñas. Con Filipo adquiriron tanta importancia que os denominou pezetairoi (compañeiros a pé do rei).

Ao principio este exército compoñíano 10.000 soldados. Aos poucos foi engrosando en número e alcanzou os 30.000 efectivos. Chegou a ser moi superior a todos os demais exércitos dos distintos pobos gregos, sendo non só superior en número de continxentes, senón nun aspecto fundamental como era a organización e a disciplina. Filipo sabía que os gregos se foran relaxando nos seus costumes e xa que logo tratou de corrixir os fallos e erros. Os soldados gregos temían as grandes marchas, nunca se poñían en campaña se non era primavera, levaban moitos carros e serventes consigo, o que facía que se enchesen os campos e atrasasen as marchas. Desde un principio, Filipo obrigou aos seus soldados a camiñar 50 km diarios levando as súas armas e impedimentas, prohibiu levar vehículos e só consentiu un servente por cada 10 homes e un tamén para cada xinete. Ademais fixo campañas en inverno. Era moi ríxido e contaba coa disciplina por encima de todo.

Para a loita no campo de batalla colocábanse en falanxe, que era a masa regular. A falanxe non era un invento de Filipo, xa existía entre os gregos, pero el soubo perfeccionala. A falanxe macedonia constaba de 16 filas de homes armados coa sarissa. Os das 6 primeiras filas sostiñan coas dúas mans a lanza tendida en dirección ao inimigo. Por diante deles ían asomando as lanzas das filas dos que estaban detrás, de maneira que a formación quedaba así:

  • Na primeira fila a lanza ou sarissa avanzaba 6 metros (6 e medio, ás veces).
  • A segunda fila excedía a súa lanza en 5 metros á primeira.
  • A terceira excedía en 4 metros.
  • A cuarta excedía en 3 metros.
  • A quinta en 2 metros.
  • A sexta en 1 metro.

As últimas filas sostiñan a súa lanza cara arriba, mantíñanse á expectativa e cubrían baixas. En caso necesario, as oito últimas filas facían fronte á beira oposta, volvendo as costas aos seus compañeiros. Entón formábase unha agrupación impenetrable. A falanxe era unha masa pesada, de movementos lentos, que só podía manobrar en chan. Para movementos rápidos, escalar alturas e atrincheiramentos, Filipo contaba con infantes que levaban un escudo pequeno e armas lixeiras.

Outra cuestión da que se ocupou o rei foi da maquinaria de guerra que chegou a ser a máis completa que os historiadores coñezan ata agora. Empregábase para cercar cidades e constaba de catapultas (que lanzaban grandes pedras e tizóns acesos) e torres móbiles para alcanzar as murallas. Con este exército tan preparado e tan ben equipado Alexandre Magno puido realizar os soños do seu pai Filipo: conquistar Persia.

[editar] As vitorias

A súa campaña comezou polos arredores das terras de Macedonia. No -355 conquistou a cidade de Crenidas, (á que bautizou co seu nome chamándoa Filipos ou Filípolis) preto da costa do mar Exeo, na beira do río Hebro e alén da zona mineira do monte Panxeo. Desde esta cidade podía ter o control absoluto da produción de ouro e a partir dese momento, Filipo puido acuñar neste metal e deixar de lado a prata que patrocinaban outras cidades. No ano -349 invadiu a Península Calcídica e no -348 destruíu a súa principal cidade, Olinto. Seguiu cara ao sur e conseguiu ser o gobernador da rexión de Tesalia.

A primeira vitoria de Filipo en territorio dos gregos foi no ano -346 en que venceu á rexión de Fócide (no centro da península grega). Esta vitoria deu a alerta xeral, aqueles bárbaros co seu rei á fronte debían ser tidos en conta. A partir deste momento, Macedonia foi admitida (aínda que non de moi bo grado) no consello de cidades, o que se chamaba Anfictionia, e Filipo aproveitou a súa posición na devandita Liga para dominar os asuntos de Grecia e ter o control do Oráculo de Delfos, de suma importancia para calquera decisión militar ou política que houbese que tomar.

No ano -338, Filipo, co seu gran exército, diríxese a Queronea (Beocia) e arrasa literalmente ás hostes de Tebas e Atenas, que, aínda que inimigas, se aliaran temporalmente fronte a un inimigo común. Nesta batalla, o seu fillo Alexandre, de 18 anos de idade, tiña ás súas ordes 1.800 xinetes. Logo desta gran vitoria, Filipo comportouse sabiamente facendo gala de gran político; non humillou aos vencidos pero lles impuxo a paz do vencedor e deulles a coñecer os seus ambiciosos plans: invadir Asia e destruír o Imperio Persa.

O eterno rival de Filipo foi o ateniense Demóstenes, político e orador, que mantivo en odio perpetuo contra Filipo e Macedonia aos seus concidadáns. Demóstenes ansiaba a guerra custe o que custe, malia a paz imposta, e cos seus discursos enerva e prolonga a inimizade de Atenas con Macedonia. Son as famosas Filípicas, palabra que nos nosos días empregamos cando dicimos que alguén lle berra moito a outro.

[editar] Matrimonios e descendencia

  • Primeiro matrimonio con Fila no -360.
    • Carano, fillo varón, morto no -336.
  • Segundo matrimonio con Audata no -356.
    • Cinane, esposa de Amintas IV fillo de Pérdicas III (-365 - -360)
  • Terceiro matrimonio con Filina (-358)
    • Arrideo.
  • Olimpia de Epiro.
    • Alexandre III e Cleopatra de Macedonia.

[editar] Morte de Filipo

No ano -337, Filipo divórciase de Olimpia. A súa intención era volver a casar cunha nobre macedonia. Para aplacar o descontento dos nobres de Molosia (de onde era Olimpia), trama un matrimonio de conveniencia entre a súa propia filla Cleopatra e un irmán de Olimpia (é dicir, un tío de Cleopatra) que era rei vasalo en Molosia.

Para a voda organizáronse grandes festas en Pella (capital de Macedonia). Desde o amencer avanzaban en procesión solemne as estatuas dos doce deuses sentados en tronos luxosos moi adornados. Unha estatua facía a número trece: era a efixie do gran Filipo. Houbo un gran banquete e a continuación todos se dirixiron ao teatro para terminaren alí o agasallo. Chegou Filipo que se vestira de branco para a ocasión e cando se dispoñía a entrar no recinto abalanzóuselle un xove nobre macedonio e feriuno nun costado. Morreu ao instante alí mesmo. O asasino chamábase Pausanias (como o famoso xeneral do século -V e o famoso historiador do século II) e díxose entón que fora unha vinganza persoal . A verdade non se soubo nunca.

Os historiadores de todos os tempos barallaron moitas teorías sobre o caso. O primeiro que fixeron sempre foi preguntarse quen saía beneficiado coa morte de Filipo. Pero esta pregunta ten moitas réplicas. Varios personaxes puideron estar implicados:

  • O propio Alexandre, o seu fillo.
  • Olimpia, a esposa da que se divorciou.
  • O rei de Persia.
  • Moitos nobres macedonios.
  • Demóstenes, o seu eterno rival.

Cada autor presenta a súa tese e as súas teorías, pero o asasinato de Filipo segue sendo un misterio para a Historia da Humanidade.

[editar] Ver tamén

  • Tumba de Filipo en Vergina (Egas)
  • Macedonia histórica
  • Alexandre Magno
  • Olimpia de Epiro
  • Pausanias


[editar] Ligazóns externas

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu